Ma Rainey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMa Rainey

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Gertrude Pritgett Editar o valor em Wikidata
26 de abril de 1886 Editar o valor em Wikidata
Columbus, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de decembro de 1939 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Columbus, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista urbana , cantante , música , compositora de cancións Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1899 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoBlues Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraContralto Editar o valor em Wikidata

Selo discográficoParamount Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1780434 Rottentomatoes: celebrity/ma_rainey IBDB: 107561
iTunes: 2861749 Last fm: Ma+Rainey Musicbrainz: e1deae56-c8f0-4e73-8264-f4b02dfc051c Discogs: 307316 Allmusic: mn0000188279 WikiTree: Pridgett-1 Find a Grave: 2477 Genius: Ma-rainey Editar o valor em Wikidata

Gertrude "Ma" Rainey nome artístico de Gertrude Malissa Nix Pridgett, de casada Rainey, nada en Columbus, Xeorxia, o 26 de abril de 1886 e finada en Memphis, Tennessee, o 22 de decembro de 1939, foi unha cantante de blues estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gertrude "Ma" Rainey foi cualificada como a verdadeira nai do blues estadounidense e a primeira estrela do xénero. De feito, foi unha das primeiras artistas profesionais que se dedicou a este estilo. Era unha muller de grande tamaño, forte, coa boca inzada de dentes de ouro e amante das xoias. Champion Jack Dupree, que foi espectador das súas actuacións definiuna dicindo dela que "era unha muller moi fea, abofé, pero cando abría a boca cativaba e facía esquecelo todo".

Rainey morreu dun infarto en 1939.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Xa aos catorce anos comezou a subir aos escenarios como actriz de comedias nun espectáculo ambulante de vodevil titulado A Bunch of Blackberries (Un acio de amoras). Despois deu o salto aos mellores espectáculos de vodevil daquel tempo, coma o circo Tolliver ou no conxunto dos Rabbit Foot Minstrels. Logo de escoitar en 1902 un blues nun teatro de St. Louis interpretado por unha mociña do lugar botouse ela ao estilo. As interpretacións facíaas precisamente ao remate dos vodevís, dentro dos números finais, e con eles colleitou un rápido e abraiante éxito.

Moi nova, en 1904, casou co bailarín e tamén cómico William «Pa» Rainey co que formou o dúo Pa & Ma Rainey. A parella fixo turnés cos Rabbit Foot Minstrels como Rainey & Rainey, os Asasinos do Blues, cantando unha mestura de temas deste estilo con cántigas populares. En 1912, xuntóuselles unha mociña chamada Bessie Smith, que chegaría a ser raíña do blues, e estivo canda eles ata 1915.

Durante moitos anos estivo cantando blues por todo o sur dos Estados Unidos en espectáculos afroamericanos, pero non fixo a súa primeira gravación ata 1920. En 1923 Rainey asinou coa Paramount e entre ese ano e 1928 gravou un cento de temas, acompañada por xente de primeira fila do jazz, como Louis Armstrong, Kid Ory, Fletcher Henderson, Tommy Ladnier, Papa Charlie Jackson, Jimmy O'Bryant, Georgia Tom Dorsey ou Tampa Red.

En 1930 e malia que gozaba dunha gran popularidade, abandonou os escenarios e dedicouse a administrar as salas de concertos que adquirira na súa vila natal.

O seu estilo[editar | editar a fonte]

Durante a súa breve carreira discográfica (1923 - 1928), Ma Rainey gravou un cento de títulos, sobre todo de blues. A súa sinceridade, a súa voz fonda, e o seu ton grave caracterizan a súa produción discográfica, malia uns acompañamentos non totalmente axeitados.

Lesbianismo e feminismo[editar | editar a fonte]

Ma Rainey foi ademais unha das primeiras mulleres en cantar temas explicitamente homosexuais na época moderna, o que resultaba especialmente provocador, tendo en conta que ademais era unha muller negra dos estados do Sur. A súa letra Prove It on Me marcou un fito dentro da historia da música LGBT por frases como Went out last night with a crowd of my friends / They must have been women, 'cause I don't like no men (Saín de noite co meu grupo de amigas, son todas mulleres que os homes non che me gustan).

Rainey falou tamén en público e nos seus temas dunha mellora de oportunidades para as mulleres e serviu de modelo para outras mulleres na toma de decisións con respecto á súa propia carreira.

En 1925 a policía fixo unha redada na casa de Ma Rainey xusto durante unha festa onde había diversas mulleres espidas e en situacións comprometidas. Como consecuencia a cantante foi arrestada co cargo de "festa indecente". A súa amiga e quizais amante Bessie Smith sacouna do cárcere.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]