Germaine de Staël

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Germaine de Staël
Madame de Staël.jpg
Retrato de François Gérard, cara a 1810
Datos persoais
Nacemento 22 de abril de 1766
Lugar París (Francia)
Falecemento 14 de xullo de 1817
Lugar París
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Lingua francesa
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

Anne Louise Germaine Necker, nada en París o 22 de abril de 1766 e finada na mesma cidade o 14 de xullo de 1817, foi unha escritora de orixe suíza que desenvolveu a súa vida cultural na súa cidade natal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla do financeiro suízo Jacques Necker, ministro de Luís XVI de Francia, e de Suzanne Curchod. Desde nova mostrou interese polo salón literario da súa nai. Seguidora dos filósofos franceses do século XVIII, con 22 anos escribiu unha Carta sobre el carácter y las obras de Jean-Jacques Rousseau. En 1986 casou co embaixador de Suecia en París, co que tivo tres fillos, e convertiu o seu salón nun dos principais centros literarios e políticos da capital francesa.

Durante a Revolución francesa tomou parte activa apoiando a Talleyrand, pero trala caída da monarquía en 1792 abandonou Francia e viaxou a Suíza. Alí volveu contactar con Benjamin Constant, ao que coñecera nunha viaxe anterior e co que tivera relacións sentimentais até 1808. Os seus primeiros ensaios e a súa novela Delphine, na que defende a liberdade de elección sentimental sobre os convencionalismos sociais, sitúana dentro do nacente movemento do Romanticismo.

En 1797 regresou a París e sentiuse fascinada pola figura de Napoleón Bonaparte. Porén, este mostrouse receloso ante unha muller dedicada á política, que participaba en intrigas palaciegas e ante a que se evidenciaba a súa escasa elocuencia. Ao situarse ademais o seu amante Benjamin Constant na oposición, en 1803 Napoleón instou a Madame de Staël a afastarse de París, manifestándose inflexible ás peticións das súas amizades para que lle permitise regresar. Tras enviuvar en 1802, casou en segundas nupcias con Albert de Rocca, alcumado familiarmente John, un mozo militar suízo.

Madame de Staël estableceuse entón en Coppet, aínda que efectuou numerosas viaxes. Trasladouse a Alemaña, onde visitou a Goethe e Schiller en Weimar, e a Viena, onde coñeceu e editou a Charles-Joseph de Ligne. Trasladado a Coppet o seu «salón», nel eran habituais algunhas das figuras máis importantes da súa época como Madame Récamier, Benjamin Constant ou Mathieu de Montmorency. Trala Restauración regresou a Francia, onde morreu en 1817.

Madame de Staël retratada por Vigée Lebrun (1808).

En 1807 publicou a novela Corinne. A obra Alemagne foi mandada destruír por Napoleón en 1810 cando estaba a piques de ser publicada, e tivo que ser editada en Londres en 1813. Amais, escribiu novelas, ensaios e traballos históricos e críticos.

Obra[editar | editar a fonte]

Delphine, edición de 1803 en varios volumes.
  • Journal de Jeunesse (1785).
  • Sophie ou les sentiments secrets (peza en tres actos en verso, 1786, publicada en 1790).
  • Jane Gray (traxedia en cinco actos en verso, 1787, publicada en 1790).
  • Lettres sur les ouvrages et le caractère de J.-J. Rousseau (1788, reedición aumentada en 1789).
  • Éloge de M. de Guibert.
  • À quels signes peut-on reconnaître quelle est l'opinion de la majorité de la nation?
  • Réflexions sur le procès de la Reine (1793).
  • Zulma : fragment d'un ouvrage (1794).
  • Réflexions sur la paix adressées à M. Pitt et aux Français (1795).
  • Réflexions sur la paix intérieure.
  • Recueil de morceaux détachés (1795; inclúe Épître au malheur ou Adèle et Édouard, Essai sur les fictions e as novelas Mirza ou lettre d'un voyageur, Adélaïde et Théodore e Histoire de Pauline).
  • De l'influence des passions sur le bonheur des individus et des nations (1796).
  • Des circonstances actuelles qui peuvent terminer la Révolution et des principes qui doivent fonder la République en France.
  • De la littérature considérée dans ses rapports avec les institutions sociales (1800).
  • Delphine (1802).
  • Épîtres sur Naples.
  • Corinne ou l'Italie (1807).
  • Agar dans le désert.
  • Geneviève de Brabant.
  • La Sunamite.
  • Le capitaine Kernadec ou sept années en un jour (comedia en dous actos en prosa).
  • La signora Fantastici.
  • Le mannequin (comedia).
  • Sapho.
  • De l'Allemagne (publicada en Londres en 1813 e en París en 1814).
  • Réflexions sur le suicide (1813).
  • De l'esprit des traductions.
  • Considérations sur les principaux événements de la Révolution française, depuis son origine jusques et compris le 8 juillet 1815 (1818).
  • Œuvres complètes de Mme. la Bonne de Staël, publiées par son fils, précédées d'une notice sur le caractère et les écrits de Mme. de Staël, par Mme. Necker de Saussure (1820-1821).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • A. Sorel, Mme De Staël, 1890
  • P. de Lacretelle, Mme de Staël et les hommes, 1939

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Germaine de Staël