Texto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Detalle de texto en inglés

O texto é:

  1. Enunciado que conforma un escrito ou un discurso.
  2. Libro empregado para o estudio dunha materia.
  3. Na glosemática, todo conxunto analizable de signos, independentemente de cal sexa a súa extensión.
  4. Na lingüística textual desígnase texto a calquera enunciado coherente que sexa unha unidade comunicativa autónoma e pechada, independentemente de cal sexa a súa extensión (desde un simple ‘vaites' ata unha novela como A esmorga de Eduardo Blanco Amor).

O texto constitúe un sistema que non debe identificarse co sistema lingüístico, senón relacionado con el. O texto non é unha mera unidade lingüística de orde superior, non é unha sucesión de oracións cunha determinada relación, senón basicamente unha unidade comunicativa que presenta tres planos:

  • morfolóxico: Constituído por tódolos elementos lingüísticos das frases que o compoñen (fonolóxicos, gramaticais,...) e estudado pola análise retórica.
  • sintáctico: Que non se refire á sintaxe das frases, senón ás relacións entre unidades textuais (proposicións, grupos de proposicións, macroestruturas,...) e estudado pola análise narrativa.
  • semántico: Produto complexo do contido semántico das unidades textuais e estudado pola análise temática.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Tipoloxía de Glinz

  • textos creadores de acordos: (leis, ordes, contratos, exencións).
  • textos dirixistas: (peticións, defensas, publicidade, discursos políticos, manuais, libros de ensinanza).
  • textos almacenadores: (apuntes, catálogos, guías telefónicas, xornais, esquemas).
  • textos de comunicación privada: (cartas, explicacións, informes, tarxetas).
  • textos descritivos públicos: (noticias, libros técnicos, monografías, novelas, obras de teatro, poesía).

Tipoloxía de Werlich

  • descritivo: ligado á percepción do espazo.
  • narrativo: ligado á percepción do tempo.
  • explicativo: asociado á análise e á síntese de representacións conceptuais.
  • argumentativo: centrado no xuízo e na toma de posición.
  • instructivo: ligado á previsión do comportamento futuro.

A clasificación tradicionalmente aceptada distingue cinco clases principais de escritos: A descrición, a narración, a exposición, a argumentación e o diálogo ou texto conversacional

A descrición e a narración poderían agruparse como formas da expresión literarias, mentres que a exposición e a argumentación representarían as modalidades relacionadas coa vertente científica e humanística da comunicación. Baixo as dúas primeiras, o autor pon en xogo tódalas posibilidades da lingua para crear novas dimensións significativas e activar unha inacabable restra de asociacións inexploradas guiándose por medio dunha intención estética. A exposición e a argumentación perseguen a transmisión dun contido sen dar cabida á ambigüidade nin á imprecisión. A súa misión é dar información obxectiva de calquera tema, se ben na argumentación tamén hai unha misión persuasiva.

En xeral, pode afirmarse que non existe unha modalidade illada, sen que participe con outra nun mesmo texto: Non se concibe a narración sen que participen elementos descritivos; a argumentación combínase coa exposición, inda que esta poida aparecer de forma illada e independente.

Propiedades do texto[editar | editar a fonte]

As propiedades necesarias para que un texto teña sentido completo e sexa comprensible son:

Estrutura do texto[editar | editar a fonte]

A estrutura do texto percíbese ó capta-los procesos que interveñen na comprensión textual. Cando nos situamos ante un texto procedemos a:

  1. Analizar perceptivamente os sinais escritos (segmentación).
  2. Recoñecer ditos sinais (categorización e combinación).
  3. Atribuír un significado ós sinais escritos (comprensión / interpretación)
  4. Organizar estes significados en proposicións (proposición)
  5. Reconstruí-las relacións entre proposicións (microestrutura)
  6. Extrae-lo significado xeral dunha secuencia de proposicións (macroestrutura)
  7. Asigna-las proposicións a unha categoría funcional (superestrutura)
  8. Construír un modelo da situación en que os feitos denotados teñan algunha virtualidade (mundo posible)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Galilibros
O Galilibros ten un manual sobre: Texto
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Texto

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ADAM, J. M. (1992), Les textes: types et prototypes. París: Nathan.
  • BASSOLS, MARGARIDA e TORRENT, ANNA (1997): Modelos textuales: teoría y práctica. Eumo - Octaedro
  • BOGRANDE R. e WOLFGANG ULRICH DRESSLER (1997), Introducción a la lingüística del texto. Ariel.
  • COMBETTES, b. (1987), “Types de textes et faits de langue” en Practiques, num. 56, páx. 5-17.
  • DUCROT, O. e TODOROV, TZVETAN (1974), Diccionario enciclopédico de las ciencias del lenguaje. Siglo XXI de España editores S.A.
  • FERNÁNDEZ VILLANUEVA (1991), “Tipologies textuals” en COM, suplemento 8, páx. 26-31
  • GUILLÉN, C. (1985): “Tematología” en Entre lo uno y lo diverso. Ed. Crítica.
  • MARCHESE, A. e FORRADELLAS, J. (1986), Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria. Ed. Ariel
  • VAN DIJK (1983), La ciencia del texto. Paidós comunicación.
  • WERLICH, E. (1976), Typologie der texte. Heilderberg: Quelle & Meyer

Outros artigos[editar | editar a fonte]