Litchi chinensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Licheiro
Lichias maduras
Lichias maduras
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Sapindaceae
Xénero: Litchi
Especie: L. chinensis
Nome binomial
Litchi chinensis
Sonn.
Sinonimia

Litchi chinensis (chamado vulgarmente licheiro) é unha árbore froiteira tropical orixinaria do sur da China, onde a coñecen coma 荔枝 (pinyin: lìzhī), o sur de Indonesia e o leste de Filipinas, onde a coñecen coma alupag. É realmente a única representante do xénero Litchi da familia das Sapindaceae.

As súas froitas coñécense co nome de lichias ou uruvaias. Cultívanse, ademais das súas zonas de orixe, na India, Madagascar, Nepal, Bangladesh, Paquistán, sur e centro de Taiwan, a norte do Vietnam, Tailandia, África do Sur e México.

Comézase a ver nas foiterías de Galicia, como froita exótica tropical.

Descrición[editar | editar a fonte]

A árbore é de tamaño medio, atinxindo 15-20 metros de altura, con follas alternadas, cada folla ten uns 15-25 centímetros de longo, con 2-8 folíolos laterais de 5-10 centímetros de longo; o folleto terminal está ausente. As follas novas son dunha cor vermella brillante, tornándose verdes ao maduraren. As flores son pequenas, verde branco amarelado ou branco.

Os froitos, semellantes aos amorodos, prodúcense en acios e posúen unha a casca rugosa e de cor vermella fácil de depelicar . A polpa é xelatinosa, translúcida, zumarenta, lembrando ao sabor da froita da Talisia esculenta (pitomba) e de semellante carozo. Consúmese fresca, tamén en zumes, compotas ou a xeito de froita pasa. Contén un alto índice de vitamina C, alén de posuír as do complexo B, sodio, calcio e potasio.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Posúe tres subespecies:[1]

Usos[editar | editar a fonte]

Pode ser consumida fresca, zumes, en forma de doces, xeleas, iogures e sorbetes. A lichia é tamén utilizada na fabricación de cosmeticos pois o froito posúe propiedades antioxidantes.

Composición nutricional [2][editar | editar a fonte]

Litchi chinensis Sonn Valor enerxético 66 cal, Carbohidratos 16,53 g, Proteínas 0,83 g, Graxas 0,44 g, Fibras 1,3 g, Calcio 5 mg, Fósforo 31 mg, Ferro 0,31 mg, Potasio 171 mg, Vitamina C 1,5 mg, Tiamina 0,01 mg, Riboflavina 0,065 mg, Niacina 0,6 mg.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]