Carlota Bustelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlota Bustelo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Carlota Bustelo García del Real Editar o valor em Wikidata
1 de novembro de 1939 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Instituto de la Mujer
1983 – 1988
← novo cargoCarmen Martínez Ten (pt) Traducir →
Deputada de España
2 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisFrancisco Bustelo Vázquez Editar o valor em Wikidata  e Carlota García del Real Editar o valor em Wikidata
IrmánsFrancisco Bustelo García del Real e Carlos Bustelo García del Real Editar o valor em Wikidata
ParentesLeopoldo Calvo Sotelo Bustelo (curmán) Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 1402503

Carlota Bustelo García del Real, nada en Madrid o 1 de novembro de 1939[1] é unha política española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Ciencias Políticas.[2] Pertence ao PSOE desde 1974[3] e en 1976 participou na creación da Fronte de Liberación das Mulleres.[4] Foi deputada por Madrid polo PSOE na lexislatura constituínte (1977-1979). Defendeu a legalización dos anticonceptivos e a igualdade constitucional. Foi a primeira directora do Instituto da Muller en España (1983-1988).[5][6]

Dereitos das mulleres[editar | editar a fonte]

Bustelo formou parte dos inicios do movemento feminista en España. Segundo o investigador Francisco Arriero Ranz, a finais dos anos 60 e principios dos 70 formou parte do Movemento Democrático das Mulleres xunto con outras mulleres de orixe socialista como Helga Soto ou Graciela Uñá.[7]

En 1975 foi unha das principais impulsoras do grupo Muller e Socialismo:[8][9]

Defensora das cotas e da paridade nos partidos, rexeitou ser incluída nas listas do PSOE nas eleccións lexislativas de marzo de 1979 por considerar que o número de mulleres incluídas era insuficiente.[2]

A súa participación foi clave na Lei do Divorcio aprobada en España o 22 de xuño de 1981.[10]

Defensora dos dereitos sexuais e reprodutivos, comprometida coa loita polo dereito ao aborto, mostrouse partidaria de que o PSOE desenvolvese unha "lei de prazos" "que permitise ás mulleres decidir libremente durante os tres primeiros meses coa máxima información posible" contando co apoio de Esquerda Unida.[3]

Sobre a prostitución, avogou por abordar a prostitución como unha cuestión política, debatida en toda a sociedade, do mesmo xeito que ocorreu cos malos tratos e a violencia contra as mulleres . Como obxectivo inmediato, os dereitos humanos das prostitutas deben ser respectados. A longo prazo, o obxectivo é que a prostitución desapareza.[11]

De 1994 a 1999, Bustelo foi a presidenta fundadora da Fundación Mujeres,[12] organización na que seguiu traballando na defensa dos dereitos das mulleres[13] e da que, denden 2020, é presidenta de honra.[14][15]

En maio de 2020 renunciou á dotación económica (15.000 euros) que estaba asociada ao Premio Internacional Luisa de Medrano á Igualdade, para destinala a recursos, a favor das mulleres vítimas de violencia de xénero e creada no contexto da COVID-19.[16]

Premios e honras[editar | editar a fonte]

  • Premio anual 2022 na súa XXV edición da asociación feminista El Club de las 25. Ano que coincide cos 25 anos de existencia.[17]
  • Premio Muller Progresista (1995).[19]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Reflexiones sobre mujer y feminismo (1977).[20]
  • Una alternativa feminista (1979).[21]
  • Prólogo no libro: Las Mujeres de los 90: El largo trayecto de las jóvenes hacia su emancipación (1991) Autoría: Josep María Riera, Josep María Riera Mercader e Elena Valenciano. Ediciones Morata

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bustelo García del Real, Carlota" (en castelán). Consultado o 2022-02-06. 
  2. 2,0 2,1 El País (30 de xullo de 1988). "Carlota Bustelo, 'segunda' de Asuntos Sociales" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013. 
  3. 3,0 3,1 El País (3 de outubro de 1990). ""Me voy por cansancio"" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013. 
  4. Karmentxu Marín. El País (4 de abril de 1983). "Carlota Bustelo: "El nombramiento de una feminista al frente del IDEM puede tener un sustrato de mala conciencia"" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013. 
  5. Oliva Acosta (2011). "Las constituyentes" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2020. Consultado o 14 de maio de 2013. 
  6. "Persona - Bustelo, Carlota (1939-)". Consultado o 2021-02-11. 
  7. Arriero Ranz, Francisco (2015). "El movimiento democrático de mujeres, del antifranquismo a la movilización vecinal y feminista: Ideología, identidad y conflictos de género" (en castelán). Universidad Autónoma de Madrid. Consultado o 28 de marzo de 2019. 
  8. Quaggio, Giulia (23 de xuño de 2017). "La cuestión femenina en el PSOE de la Transición: de la marginación a las cuotas" (en castelán) 24 (1): 219–253–253. ISSN 1134-6396. doi:10.30827/arenal.vol24.num1.219-253. Consultado o 28 de marzo de 2019. 
  9. Carlota Bustelo (1980). "Mujer y socialismo para cambiar la vida PSOE" (PDF). 
  10. Lola Huete Machado. El País (2 de decembro de 2012). "Pioneras de la democracia" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013. 
  11. Rosa Rivas. El País (25 de marzo de 1994). "Un debate sobre prostitución compara a ésta con la venta de órganos" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013. 
  12. "Mujeres ZP". El siglo de Europa. 14 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  13. "Committee on the Elimination of Discrimination against Women" (en inglés). ONU. maio de 1999. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  14. "Organigrama de Fundación Mujeres". Fundación Mujeres. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  15. Redacción (30 de abril de 2020). "Carlota Bustelo, premiada por el Instituto de la Mujer de Castilla-La Mancha". lacronica.net (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2022. 
  16. Press, Europa (3 de maio de 2020). "Bustelo renuncia a dinero del Premio 'Luisa de Medrano' en favor de las mujeres víctimas de violencia de género". Consultado o 6 de maio de 2020. 
  17. elDiario.es (2022-04-21). "La organización feminista 'El Club de las 25' celebra veinticinco años de activismo" (en castelán). Consultado o 2022-04-22. 
  18. "Carlota Bustelo, V Premio Internacional de Igualdad Luisa de Medrano" (en inglés). 30 de abril de 2020. Consultado o 6 de maio de 2020. 
  19. El País (23 de marzo de 1996). "Premios Mujer Progresista" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013. 
  20. Instituto Andaluz de la Mujer (2003). "Carlota Bustelo: vivir en igualdad" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013. 
  21. Instituto Andaluz de la Mujer (2003). "Carlota Bustelo: vivir en igualdad" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013.