Confusion Is Sex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Confusion Is Sex
Álbum de Sonic Youth
Edición: febreiro de 1983
Datas de gravación: 1982 - 1983
Estudio(s) de gravación: {{{estudio}}}
Duración: {{{duración}}}
Xénero: no wave
Selo(s): Neutral Records
Producido por: Sonic Youth, Wharton Tiers, John Erskine
Cronoloxía
Sonic Youth Confusion Is Sex Kill Yr Idols

Confusion is Sex é o primeiro álbum de Sonic Youth, orixinalmente editado en 1983 polo selo independente Neutral Records. Foi reeditado no ano 1995 pola DGC con máis temas tirados do EP Kill Yr. Idols. A imaxe da portada é un bosquexo feito pola baixista Kim Gordon do guitarrista Thurston Moore. Esta imaxe foi usada en cartaces de concertos nas primeiras etapas da banda.

O álbum é a segunda edición da banda, despois do EP Sonic Youth lanzado en 1982. Inicialmente foi concibido como un sinxelo, pero a banda decidiu gravar todas as novas cancións compostas para conformar o álbum. As baterías foron gravadas por Jim Sclavunos, excepto un par de temas gravados por Bob Bert.

As cancións do álbum saíron dunha segunda sesión de gravación das mesmas, despois de que as cintas das sesións orixinais fosen borradas accidentalmente cando Thurston Moore ou Lee Ranaldo as transportaron dentro do seu amplificador de guitarra de camiño a unha actuación en Europa, descoñecendo que o imán do altofalante podía borrar as cintas.

A portada do disco é un bosquexo de Thurston Moore feito por Kim Gordon usado no cartaz dun dos seus primeiros concertos, o 8 de maio de 1981. A contraportada é a fotocopia dunha fotografía da banda en directo.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas escritos por Sonic Youth excepto onde se indique o contrario.

Edición orixinal de 1983[editar | editar a fonte]

  1. "(She's in a) Bad Mood" (letra/voz Thurston) – 5:36
  2. "Protect Me You" (letra/voz Kim) – 5:28
  3. "Freezer Burn/I Wanna Be Your Dog" (The Stooges) (voces Kim) – 3:39
  4. "Shaking Hell" (letra/voz Kim) – 4:06
  5. "Inhuman" (letra/voz Thurston) – 4:06
  6. "The World Looks Red" (letra Michael Gira, voz Thurston) – 2:43
  7. "Confusion Is Next" (letra/voz Thurston) – 3:28
  8. "Making the Nature Scene" (letra/voz Kim) – 3:01
  9. "Lee Is Free" – 3:37

Reedición de 1995[editar | editar a fonte]

Co engadido do EP Kill Yr. Idols.

  1. "(She's in a) Bad Mood" – 5:36
  2. "Protect Me You" – 5:28
  3. "Freezer Burn/I Wanna Be Your Dog" (The Stooges) – 3:39
  4. "Shaking Hell" – 4:06
  5. "Inhuman" – 4:06
  6. "The World Looks Red" – 2:43
  7. "Confusion Is Next" – 3:28
  8. "Making the Nature Scene" – 3:01
  9. "Lee Is Free (Instrumental)" – 3:37
  10. "Kill Yr. Idols" (letra/voz Thurston) – 2:51
  11. "Brother James" (letra/voz Kim) – 3:17
  12. "Early American" (letra/voz Kim) – 6:07
  13. "Shaking Hell (Live)" – 3:15

Persoal[editar | editar a fonte]

Sonic Youth
Technical personnel
  • Wharton Tiers – produción, técnico de son
  • John Erskine – técnico asistente

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]