Daydream Nation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daydream Nation
Álbum de Sonic Youth
Publicado: outubro de 1988
Datas de gravación:
Estudio(s) de gravación: Greene Street Recording, Nova York
Duración: 70:47
Xénero: rock alternativo, noise rock
Selo(s): Enigma (Estados Unidos)
Blast First (Reino Unido)
DGC Records (reedicións)
Producido por: Nick Sansano, Sonic Youth
Cronoloxía
Master-Dik Daydream Nation Goo

Daydream Nation é un álbum da banda de rock alternativo estadounidense Sonic Youth, editado en outubro 1988 a través do selo Enigma Records nos Estados Unidos e Blast First no Reino Unido. En xuño do ano 2007 lanzouse unha versión deluxe que inclue o disco orixinal remasterizado e un segundo disco con temas ao vivo e versións.

O álbum é considerado a obra mestra da banda e trátase dunha peza fundamental na escena do rock alternativo, sendo un dos poucos álbums de rock elixidos pola Biblioteca do Congreso estadounidense para ser conservado no "National Recording Registry".

No ano 2002, a publicación Pitchfork Media elexiuno o mellor disco da década na súa lista dos 100 mellores álbums dos anos 80[1], e a Rolling Stone situouno no posto 329 na súa lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos[2].

Formatos e edicións[editar | editar a fonte]

O álbum lanzouse orixinalmente en CD, casete e dobre vinilo de 12 polgadas. Esta edición orixinal, de outubro de 1988, saíu en Estados Unidos (a través de Enigma), no Reino Unido (Blast First), Australia (AuGoGo), Países Baixos (Torso) e Grecia (DiDi Records) en vinilo; nos Estados Unidos, Reino Unido e Países Baixos en CD; e en casete nos dous primeiros países.

En 1992 Mute Records relanzou o disco en CD no Reino Unido, e os días 22 e 23 de novembro de 1993 DGC/Geffen reeditou o álbum en CD nos Estados Unidos e Europa, e en casete nos Estados Unidos.

En xullo do ano 2007 apareceu a versión "deluxe", a través do selo Geffen Records. Esta edición realizouse nos formatos de 4 vinilos de 12" e no de dobre CD.

Ademais destas versións oficiais, existe unha edición pirata editada en Rusia no ano 1991 pola discográfica AnTrop, aparecendo como un único vinilo de 12 polgadas[3].

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas escritos por Sonic Youth, agás onde se indique.

Edición orixinal[editar | editar a fonte]

  1. "Teen Age Riot" (letra/voz Thurston, Kim voz do principio) – 6:57
  2. "Silver Rocket" (letra/voz Thurston) – 3:47
  3. "The Sprawl" (letra/voz Kim) – 7:42
  4. "'Cross the Breeze" (letra/voz Kim) – 7:00
  5. "Eric's Trip" (letra/voz Lee) – 3:48
  6. "Total Trash" (letra/voz Thurston) – 7:33
  7. "Hey Joni" (letra/voz Lee) – 4:23
  8. "Providence" (voz Mike Watt) – 2:41
  9. "Candle" (letra/voz Thurston) – 4:58
  10. "Rain King" (letra/voz Lee) – 4:39
  11. "Kissability" (letra/voz Kim) – 3:08
  12. "Trilogy:" – 14:02
    • a) "The Wonder" (letra/voz Thurston) – 4:15
    • b) "Hyperstation" (letra/voz Thurston) – 7:13
    • z) "Eliminator Jr." (letra/voz Kim) – 2:37

Edición deluxe do 2007[editar | editar a fonte]

Disco 1[editar | editar a fonte]

  1. "Teen Age Riot" – 6:58
  2. "Silver Rocket" – 3:47
  3. "The Sprawl" – 7:42
  4. "'Cross the Breeze" – 7:00
  5. "Eric's Trip" – 3:48
  6. "Total Trash" – 7:33
  7. "Hey Joni" – 4:23
  8. "Providence" – 2:41
  9. "Candle" – 4:59
  10. "Rain King" – 4:39
  11. "Kissability" – 3:07
  12. "Trilogy: The Wonder" – 4:15
  13. "Trilogy: Hyperstation" – 7:13
  14. "Trilogy: Eliminator Jr." – 2:37
  15. "Eric's Trip" (Home Demo) - 2:27

Disco 2[editar | editar a fonte]

Live Daydream

  1. "The Sprawl" (Noise Now Festival, The Phillipshalle, Düsseldorf o 27 de marzo de 1989) - 8:27
  2. "'Cross the Breeze" (Noise Now Festival, The Phillipshalle, Düsseldorf oo 27 de marzo de 1989) – 5:54
  3. "Hey Joni" (Paradiso, Amsterdam o 26 de marzo de 1989) – 3:38
  4. "Silver Rocket" (Noise Now Festival, The Phillipshalle, Düsseldorf o 27 de marzo de 1989) – 4:19
  5. "Kissability" (gravado para o documental Put Blood in the Music en Brooklyn, New York City en agosto de 1988) – 2:19
  6. "Eric's Trip" (Noise Now Festival, The Phillipshalle, Düsseldorf o 27 de marzo de 1989) – 3:05
  7. "Candle" (Cabaret Metro, Chicago o 5 de novembro de 1988) – 5:04
  8. "The Wonder" (gravado en CBGB o 13 de decembro de 1988) – 4:02
  9. "Hyperstation" (gravado en CBGB o 13 de decembro de 1988) – 6:14
  10. "Eliminator Jr." (Paradiso, Amsterdam o 26 de marzo de 1989) – 2:38
  11. "Providence" (Paradiso, Amsterdam o 26 de marzo de 1989) – 1:47
  12. "Teen Age Riot" (Paradiso, Amsterdam o 26 de marzo de 1989) – 4:37
  13. "Rain King" (gravado para o documental Put Blood in the Music en Brooklyn, New York City en agosto de 1988) – 4:06
  14. "Totally Trashed" (Maxwell's, Hoboken, New Jersey o 9 de xuño 1988) – 1:57
  15. "Total Trash" (Maxwell's, Hoboken, New Jersey on June 9, 1988) – 5:18

Bonus cover songs

  1. "Within You Without You" (Harrison) – 4:58
  2. "Touch Me I'm Sick" (Mudhoney) – 2:33
  3. "Computer Age" (Young) – 5:12
  4. "Electricity" (Van Vliet/Bermann) – 2:46

Notas[editar | editar a fonte]