Blast First
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Blast First | |
|---|---|
| Compañía nai | Mute Records |
| Fundado en | mediados dos 80 |
| Fundador | Paul Smith |
| Estado | |
| Distribuidoras | |
| Xénero(s) | |
| País de orixe | |
| Localización | |
| Web oficial | http://www.blastfirstpetite.com |
Blast First é un sub-selo da discográfica Mute Records, fundado a mediados dos anos 80. Reibiu o seu nome pola primeira edición da revista vorticista Blast, publicada polo artista Wyndham Lewis.
Historia[editar]
O selo foi creado por Paul Smith para editar no Reino Unido os álbums de Sonic Youth, unha banda coa cal traballaba. Especializouse en música máis extrema do espectro que a do seu selo nai, máis orientado cara o pop.
O selo editou un amplo rango de música alternativa, dende The Butthole Surfers e Labradford, pasando por Suicide e Sonic Youth ata a colección Acid Brass de The William Fairey Band.