The Eternal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Eternal
Álbum de Sonic Youth
Edición: 9 de xuño do 2009
Datas de gravación: novembro - decembro do 2008
Estudio(s) de gravación: Echo Canyon West, New Jersey
Duración: {{{duración}}}
Xénero: rock alternativo
Selo(s): Matador Records
Producido por: John Agnello
Cronoloxía
SYR8: Andre Sider Af Sonic Youth The Eternal -

The Eternal é o décimo quinto álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado por Matador Records o 9 de xuño do 2009. Foi o seu primeiro álbum en tres anos, precedido por Rather Ripped, sendo o período de tempo máis longo entre dous álbums de estudio da banda. Trátase do primeiro álbum da banda dende que abandonaron a súa anterior discográfica, Geffen Records.

En The Eternal Kim Gordon só toca o baixo no primeiro corte, "Sacred Trickster", gravando guitarras no resto dos temas do disco. Tamén destaca o feito de que en varias das cancións cantan Gordon, Ranaldo, e Moore, os tres ao unísono.

O álbum está adicado a Ron Asheton, guitarrista de The Stooges, falecido meses antes da aparición de The Eternal.

Listaxe de cancións [editar]

Todos os temas compostos por Sonic Youth.

  1. "Sacred Trickster" (voces Gordon) - 2:11
  2. "Anti-Orgasm" (voces Gordon/Moore/Ranaldo) - 6:08
  3. "Leaky Lifeboat (for Gregory Corso)" (voces Gordon/Moore/Ranaldo) - 3:32
  4. "Antenna" (voces Moore/Ranaldo) - 6:13
  5. "What We Know" (voces Ranaldo/Gordon) - 3:54
  6. "Calming the Snake" (voces Gordon) - 3:35
  7. "Poison Arrow" (voces Ranaldo/Gordon/Moore) - 3:43
  8. "Malibu Gas Station" (voces Gordon) - 5:39
  9. "Thunderclap for Bobby Pyn" (voces Moore) - 2:38
  10. "No Way" (voces Moore/Ranaldo) - 3:52
  11. "Walkin Blue" (voces Ranaldo) - 5:21
  12. "Massage the History" (voces Gordon) - 9:43
  13. "Pay No Mind" (canción extra na edición xaponesa) - 3:04
  14. "Eyeliner" (canción extra na edición xaponesa) - 3:48
  15. "Burning Shame" (canción extra en iTunes) - 3:54

Listas [editar]

Posicións nas listas da publicación estadounidense Billboard[1]

Lista Mellor posto Semanas
Billboard 200 18 6
Rock Albums 7 3
Digital Albums 18 1
Independent Albums 3 8
Alternative Albums 6 2
Tastemaker Albums 1 3
European Albums - 2

Notas [editar]