Sonic Youth (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sonic Youth
EP de Sonic Youth
Data de edición: marzo de 1982
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación: decembro de 1981 - xaneiro de 1982
Estudo(s) de gravación: Radio City Music Hall, Nova York
Duración: {{{duracion}}}
Xénero musical: post-punk, no wave
Selo discográfico: Neutral Records
Producido por: Sonic Youth
Cronoloxía
- Sonic Youth Confusion Is Sex

Sonic Youth é o EP de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth. Foi gravado en 1981 no Radio City Music Hall, en Nova York, e editado polo selo de Glenn Branca, Neutral Records, en marzo de 1982. É a única gravación de Sonic Youth que conta co batería Richard Edson.

Reedicións[editar | editar a fonte]

En 1987 SST Records reeditou o álbum no formato orixinal en vinilo, ademais de en casete cos cinco temas na primeira cara da cinta. A outra cara contaba cos mesmos temas, pero interpretados ao revés, do último ao primeiro, e tanto no libreto como no propio casete as cancións da cara b aparecían impresas como se se vise a través dun espello. Ese mesmo ano o EP foi publicado por vez primeira en CD, a través de SST nos Estados Unidos e de Blast First Records no Reino Unido.

Geffen reeditou o disco no ano 2006 con 8 temas engadidos. 7 proceden dunha actuación en directo do día 18 de setembro de 1981, mentres que o último corte é unha é unha gravación de estudio dunha versión previa de "I Dreamed I Dream", gravada en outubro de 1981.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Edición orixinal[editar | editar a fonte]

  1. "The Burning Spear" (letra/voces Thurston) – 3:28
  2. "I Dreamed I Dream" (letra Richard, voces Kim e Lee) – 5:12
  3. "She Is Not Alone" (letra/voces Thurston) – 4:06
  4. "I Don't Want to Push It" (letr Kim, voces Thurston) – 3:35
  5. "The Good and the Bad" – 7:55

Reedición do 2006[editar | editar a fonte]

O temas 1-5 son da gravación orixinal.
Os temas 6-12 son gravacións en directo dos seus primeiros tempos.
O tema 13 é unha das súas primeiras gravacións en estudio.

  1. "The Burning Spear" – 3:28
  2. "I Dreamed I Dream" – 5:12
  3. "She Is Not Alone" – 4:06
  4. "I Don't Want to Push It" – 3:35
  5. "The Good and the Bad" – 7:55
  6. "Hard Work" – 3:19
  7. "Where the Red Fern Grows" – 5:47
  8. "The Burning Spear" – 3:23
  9. "Cosmopolitan Girl" – 3:35
  10. "Loud and Soft" – 6:48
  11. "Destroyer" – 5:32
  12. "She Is Not Alone" – 3:29
  13. "Where the Red Fern Grows" – 6:45

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]