Thurston Moore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thurston Moore
Nome completoThurston Joseph Moore
AliasMirror
Data nacemento25 de xullo de 1958 (65 anos)
Nado enCoral Gables, Florida. Estados Unidos
CónxuxeKim Gordon e Eva Prinz
Ocupaciónmúsico, compositor, produtor
Xénerorock alternativo, noise rock, No Wave, música experimental, música noise
Instrumento(s)guitarra, voz, piano
Selo(s) discográfico(s)Geffen, SST, Ecstatic Peace!, Father Yod, Lo Recordings, Destructive Industries
Relacionado conSonic Youth, Ciccone Youth, The Coachmen, Swans, Mirror/Dash, Even Worse, Dream/Aktion Unit, Bark Haze, Dim Stars, Northampton Wools, Demolished Thoughts, Chelsea Light Moving, Velvet Monkeys, Dim Stars, Twilight
Tempo en activo1978 - presente
Na rede
http://www.thurstonmoore.com
IMDB: nm0601952 Rottentomatoes: celebrity/thurston_moore
Facebook: ThurstonMooreOfficial Instagram: thurstonmoore58 Bandcamp: vdsqrecords005Souncloud: thurstonmoore Spotify: 1J4ACYB6yMqd79q3rjskqs iTunes: 19843217 Last fm: Thurston_Moore Musicbrainz: 8ba48525-d922-42ee-9775-97b7b8f9712e Songkick: 347133 Discogs: 2108 Allmusic: mn0000588183 Deezer: 15394 Genius: Thurston-moore Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Thurston Joseph Moore, nado o 25 de xullo de 1958 en Coral Gables (Florida), é un músico estadounidense coñecido por ser o cantante e guitarrista da banda de rock alternativo Sonic Youth. Colaborou tamén cun feixe de artistas fóra de Sonic Youth, ten tres discos en solitario e en 1981 fundou o selo discográfico Ecstatic Peace!.

Moore naceu en Coral Gables, Florida e trasladouse a Bethel, Connecticut. A pesar de estar matriculado na Western Connecticut State University, optou por mudarse a Nova York. Alí aprendeu a tocar a guitarra para Glenn Branca e pouco despois co-fundou Sonic Youth, actuando como guitarrista e vocalista.

En 1985 casou coa baixista e vocalista de Sonic Youth Kim Gordon, coa cal ten unha filla, Coco Hayley Gordon Moore. O 14 de outubro de 2011 a parella anunciaría a súa separación. Thurston é coñecido por tocar guitarras Fender Jazzmaster á parte doutros modelos de Fender, como a Mustang e a Jaguar.

No ano 2004 a revista Rolling Stone elixiu a Moore e ao seu compañeiro en Sonic Youth Lee Ranaldo o 34 e 33 mellores guitarristas de todos os temas respectivamente[1].

No ano 2012, Moore creou unha nova banda chamada Chelsea Light Moving, que publicou o seu autotitulado álbum de estrea o día 5 de marzo do 2013 a través do selo Matador Records.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Moore naceu en Coral Gables, Florida, pero medrou en Bethel, Connecticut. A pesar de matricularse na Western Connecticut State University, mudouse a cidade de Nova York para unirse ás crecente escena post-punk/no wave. Nos seus primeiros tempos na cidade viviu nun apartamento debaixo do artista Dan Graham, facéndose amigo del e usando discos seus para mesturas en cintas.

Moore foi membro durante pouco tempo da banda de hardcore punk Even Worse, que contaba co futuro editor de The Big Takeover, e tamén futuro batería de Springhouse, Jack Rabid. Despois de saír do grupo, Moore e Lee Ranaldo aprenderon técnicas experimentais de guitarra nas "orquestras" de Glenn Branca.

Sonic Youth[editar | editar a fonte]

Moore e Ranaldo, ao lado de Kim Gordon, formaron ao pouco tempo Sonic Youth. A banda asinou co selo Neutral Records, onde editaron os dous primeiros traballos, posteriormente con Homestead Records por un único disco, e finalmente con SST Records.

Moore e Ranaldo fan un extensivo uso de afinacións de guitarra infrecuentes, acotío modificando considerablemente os seus instrumentos para conseguir distintos sons. Son coñecidos por levar un número considerable de guitarras a cada concerto (superando as 30), usando algunhas delas para unha única canción.

Traballo en solitario[editar | editar a fonte]

Á parte do seu traballo en Sonic Youth, Moore tamén editou álbums en solitario, o primeiro deles titulado Psychic Hearts e lanzado no ano 1995. Colaborou ademais con varios artistas como My Cat is an Alien, DJ Spooky, Nels Cline, William Hooker, Christian Marclay, Loren Mazzacane Connors, R.E.M., Cock E.S.P., e Mike Watt. A mediados dos 90 Moore formou un proxecto paralelo, The Dim Stars, coa lenda do punk Richard Hell. Dende o 2004, Moore gravou e actuou coa banda de noise To Live and Shave in L.A., que tiña a Andrew W.K. na súa formación. Gravou coa banda no antigo estudio de Sonic Youth en Manhattan, e posteriormente actuou con eles no concerto Noise Against Fascism contra Bush, en Washington, D.C.

No 2004 a revista Rolling Stone clasificou a Moore e a Lee Ranaldo, tamén de Sonic Youth, como os 33 e 34 mellores guitarristas de todos os tempos. A súa forma de tocar é moi innovadora e ámbolos dous usan unha gran variedade de técnicas.

Á parte do seu traballo como músico Moore leva o selo independente Ecstatic Peace! e colabora na revista musical Arthur Magazine. Tamén se encarga da web Protest Records, chamada así porque denuncia as leis de piratería na música. En maio do 2005 editou o libro Mix Tape: The Art of Cassette Culture.

O 18 de setembro do 2007 Moore editou o seu segundo álbum en solitario, Trees Outside the Academy, a través do seu propio selo Ecstatic Peace!. O traballo foi gravado no estudio do líder de Dinosaur Jr. J Mascis en Amherst, Massachusetts.

En maio do ano 2011 publicouse o seu terceiro álbum en solitario, Demolished Thoughts, que foi producido por Beck e editado a través do selo Matador Records.

O 14 de outubro do 2011 Kim Gordon e Thurston Moore anunciaban a súa separación despois de 27 anos de matrimonio a través de Matador[2].

Guitarras usadas por Thurston e Kim Gordon en directo

Equipamento[editar | editar a fonte]

Moore é coñecido por usar unha gran variedade de guitarras Fender durante os seus concertos. Principalmente toca a Jazzmaster con varios tipos de amplificadores entre os que destacan Vox AC30, Peaveys e Fenders. Tamén usa, con menos frecuencia, unha Jaguar e unha moi modificada Mustang con tres pastillas sinxelas.

Tanto Lee Ranaldo coma Moore, ao igual que Elvis Costello, J Mascis e Kevin Shields son recoñecidos como figuras claves na resurrección e popularización da Fender Jazzmaster. Fender sacou ao mercado no ano 2009 unhas signature edition desta guitarra dos dous guitarrista de Sonic Youth. A de Ranaldo é un modelo azul con dúas pastillas dobres Fender Wide Range, e a de Moore ten dúas pastillas sinxelas Seymour Duncan Antiquity II Jazzmaster e é de cor verde.

Discografía en solitario[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Psychic Hearts 1995 Geffen Records
Trees Outside the Academy 2007 Ecstatic Peace!
Demolished Thoughts 2011 Matador Records
The Best Day 2014 Matador Records[3]
Rock n Roll Consciousness 2017 Caroline
By the Fire 2020 Cargo Records

Notas[editar | editar a fonte]