Lamont Mack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lamont Mack
Información persoal
Nacemento 16 de marzo de 1987 (37 anos)
Chicago, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 104 kg (230 lb)
Posición Ala / Ala-pivote
Liga LEB
Información da carreira
Instituto Highland Park (Saint Paul, MN)
Tartan (Saint Paul, MN)
Universidade Angelina (2005–2007)
Charlotte (2007–2009)
Carreira desde 2009
Historial de equipos
AEK Atenas (2009–2011) A1
Lukoil Academic (2011–2012) NBL
Scavolini Pesaro (2012–2013) Serie A
s.Oliver Baskets (2013) Bundesliga
Korihait Uusikaupunki (2014) Korisliiga
Blancos de Rueda Valladolid (2014) ACB
La Unión de Formosa (2014) LNB
Gigantes Edomex Toluca (2015) LNBP
CS Energia (2015−2016) Liga Națională
STB Le Havre (2016) LNB Pro A
Karpoš Sokoli (2016) ABA Liga
Hoops Club (2016) FLB
Club Malvín (2017) LUB

Lamont Mack, nado o 16 de marzo de 1987 en Chicago, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Formado nas universidades de Angelina e Charlotte, desenvólvese nas posicións de ala e ala-pivote cunha altura de 2,01 metros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Chicago, Illinois, na Universidade de Angelina en Lufkin, Texas foi elixido Junior College All-American e clasificado como o vixésimo primeiro mellor xogador universitario júnior. Posteriormente, entre 2007 e 2009, xogou para os Charlotte 49ers mentres estudaba Dereito penal. Na súa primeira temporada fixo unha media de 15,6 puntos por encontro, mellorando de xeito destacábel durante a segunda parte da temporada. Tras acabar o seu periplo universitario continuou a súa carreira baloncestística en Europa, onde xogou nas principais ligas do continente como a A1 Ethniki (Grecia), a Serie A (Italia), a Basketball Bundesliga (Alemaña), a ACB (España), a Pro A (Francia) ou a Liga do Adriático, así como en competicións continentais como o EuroChallenge.

Clubs[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Liga de baloncesto Bulgaria (NBL) (2): 2011, 2012
  • Copa de baloncesto Bulgaria (1): 2012

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]