PBC Lukoil Academic
|
||
|---|---|---|
| Competición | ||
| Fundado | 1947 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Universiada Hall (3.000) | |
| Cores | Branco e Vermello | |
| Historia | Academic Sofia (1947-2000) Lukoil Academic (dende 2000) |
|
| Presidente | Valentin Zlatev | |
| Adestrador | Jovica Arsic | |
| Liga | 21 (1957, 1958, 1959, 1963, 1968, 1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1975, 1976, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011) | |
| Copa | 9 (1952, 1954, 2002, 2003, 2004, 2006, 2007, 2008, 2011) | |
| Patrocinador | Lukoil | |
| Vestimenta | Macron | |
| Alcume | Студентите (Estudantes) | |
| Sitio Web | www.lukoilacademic.nete | |
O PBC Lukoil Academic (en búlgaro: ПБК „Лукойл Академик“) é un club profesional de baloncesto da cidade de Sofía, capital de Bulgaria, que xoga na Natsionalna basketbolna liga, a máxima categoría do baloncesto do país. É o club máis laureado do baloncesto búlgaro, chegando incluso a xogar dúas veces a final da Copa de Europa (actual Euroliga) a finais dos anos 1950.
Índice |
Historia [editar]
Fundada en 1947 como parte dos clubs Academic Sofia, é o equipo máis laureado de Bulgaria. Entre os seus premios internacionais destacan as dúas finais disputadas en 1958 e 1959 da da Copa de Europa (actual Euroliga), ambas perdidas contra o ASK Riga, e a Copa Internacional de Estudantes en 1957.
No ano 2000, o equipo trocou o seu nome polo de Lukoil Academic, como acordo de patrocinio asinado coa compañía petroleira rusa Lukoil, estabelecéndose rapidamente como o equipo dominante do campionato búlgaro. Dende entón é un participante habitual na Copa ULEB.
Denominacións [editar]
Palmarés [editar]
- 21 Natsionalna basketbolna liga: 1957, 1958, 1959, 1963, 1968, 1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1975, 1976, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011.
- 9 Copa de Bulgaria: 1952, 1954, 2002, 2003, 2004, 2006, 2007, 2008, 2011.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial (en búlgaro)