Dan (artes marciais)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os rangos Dan e Kyū están indicados pola cor do cinto ou polas raias.

Dan é unha graduación utilizada nas artes marciais xaponesas. Chegar ao nivel de dan significa sobrepasar o nivel de kyu; a partir de aí o practicante usa cinto negro, e xeralmente pode tornarse instrutor. En aikido, é o momento a partir do cal é permitido o uso de hakama para os homes (as mulleres tradicionalmente xa poden usalo a partir do 2ºkyu).

Hai diferentes niveis de dan, usualmente de primeiro ata noveno ou décimo dan. Os niveis máis baixos normalmente poden ser conseguidos a través de exames ou competicións; os máis altos, porén, requiren décadas de experiencia e contribución para a arte, a través de actividades de instrución, investigación ou a publicación de traballos escritos. Esas graduacións só poden ser conferidas polos representantes xerarquicamente máis elevados dun determinado dojo ou organización.

O nivel máis alto, de décimo dan, é ás veces reservado para o fundador dunha arte, e só el pode conferir outros décimos dans. Por causa diso, en algunhas artes marciais, este nivel tornase extinto despois da morte do seu fundador.

En xaponés, os graos son chamados:

  1. Shodan.
  2. Nidan.
  3. Sandan.
  4. Yondan.
  5. Godan.
  6. Rokudan.
  7. Shichidan.
  8. Hachidan.
  9. Kyudan.
  10. Judan.