José Feliciano
José Monserrat Feliciano García, máis coñecido como José Feliciano, nado en Lares (Porto Rico) o 10 de setembro de 1945, é un cantante de boleros e outras baladas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cego de nacemento, José Feliciano pronto se interesou pola música, principiando a súa carreira como músico do denominado Flamenco pop. A RCA contratouno e despois de gravar un sinxelo que tivo moi boa acollida: "Everybody Do The Click". En 1964 publicou o seu primeiro álbum. O seu éxito foi tan grande que foi escollido en 1968 para cantar durante mundiais de béisbol, onde interpretou "The Star Spangled Banner". En 1971 participou no Festival de San Remo, coa canción "Che sarà?", outro dos seus grandes éxitos. Dende os seus inicios ata a actualidade, Feliciano rexistrou máis de 60 álbums para os que se valeu indistintamente do uso do castelán e inglés.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web de José Feliciano (en castelán)
- Culb de fans de José Feliciano Arquivado 27 de xuño de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |