Torre de Breoghán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Torre de Breoghán
Álbum de directo de Luar na Lubre
Lanzamento2 de decembro de 2014
Xénero(s)Folk
Selo(s)Warner
Cronoloxía
Sons da lubre nas noites de luar (2012) Torre de Breoghán Extra Mundi (2015)

Torre de Breoghan. A Luz dos Milésians é un álbum en directo do grupo de folk galego Luar na Lubre, gravado conxuntamente coa Orquestra Sinfónica de Galicia. Publicouse o 2 de decembro de 2014, baixo o selo Warner Music.

A edición está composta de 2 CD e 1 DVD. No primeiro, recompílanse temas clásicos do grupo. No segundo, musícanse episodios do relato épico Lebor Gabála Érenn (Libro das invasións de Irlanda), no que se narra a invasión de Irlanda polos Milesios, que chegarían procedentes de Brigantia (A Coruña).[1] No DVD inclúese o concerto íntegro, que foi gravado en directo os días 21 e 22 de xuño de 2014, no Palacio da Ópera da Coruña.

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

CD 1[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "O son das augas"   6:35
2. "Ara solis"   3:40
3. "O son das pedras"   5:35
4. "O son do ar"   7:16
5. "Mandad'ei conmigo"   3:12
6. "Quantas sabedes"   3:05
7. "Santa María Loei"   4:52
8. "Tu gitana"   4:43
9. "Memoria da noite"   5:46
10. "Chove en Santiago"   4:15
11. "Camariñas"   4:32
12. "Ao pasar pola Coruña"   4:33
13. "Ven bailar Carmiña"   5:20
14. "A Carolina"   3:49

CD 2: Torre de Breoghán[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Obertura"   2:19
2. "Milesians"   2:43
3. "Mar de peixe"   4:59
4. "Interludio I"   2:12
5. "Ith"   3:00
6. "Interludio II"   0:50
7. "Leabhar Ghabhála"   6:55
8. "Interludio III"   1:15
9. "A morte de Ith (Cantiga Afonso X)"   4:52
10. "Interludio IV"   1:18
11. "A invocación de Amergín"   4:42

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Luar Na Lubre: relato épico e intenso". El País (en castelán). 2 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]