María Bouzas
| María Bouzas | |
|---|---|
María Bouzas |
|
| Nacemento | María Xosé Rodríguez Bouzas 1962 Piñeiro, Mugardos |
| Profesión | actriz |
| Ficha na IMDb | |
María Xosé Rodríguez Bouzas, nada en Piñeiro (Mugardos) en 1962, é unha actriz galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
Formouse como intérprete na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid entre os anos 1983 e 1987. conta cunha extensa traxectoria profesional, acadando gran popularidade a raíz das súas personaxes nas series da TVG Pratos combinados e Terra de Miranda, na que tivo un papel protagonista.
Participou así mesmo en multitude de películas e curtametraxes, ademais de montaxes teatrais, algunhas delas coa Compañía de Marías, da que é cofundadora xunto coa súa amiga, a tamén actriz galega María Pujalte.
En 2003 conduciu a gala dos Premios Max de teatro, celebrada en Vigo xunto coas tamén actrices galegas María Pujalte e Berta Ojea e o actor Sergio Pazos.
Foi a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, organizadora dos premios Mestre Mateo, desde outubro de 2006 até maio de 2009, momento na que a sucedeu no cargo o actor Xosé Manuel Olveira "Pico".
Actuou como xurado, xunto a Quico Cadaval, Cristina Domínguez, Camilo Franco e Ana Romaní, na II edición do Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega.
[editar] Películas
- Urxa (Alfredo García Pinal e Carlos Piñeiro, 1989).
- Martes de carnaval (Fernando Bauluz e Pedro Carvajal, 1991).
- Un soño de verán (1992)
- As xoias da Señora Bianconero (Jorge Coira, 1994).
- A metade da vida (Raúl Veiga, 1994).
- Blanca Madison (Carlos Amil, 1998).
- Arde, amor (Raúl Veiga, 1999).
- Los años borrados (1999)
- Sei quen es (Patricia Ferreira, 2000).
- Condenado a vivir (Roberto Bodegas, 2001, TV).
- A Subela (Luis Avilés Baquero, 2002).
- O alquimista impaciente (Patricia Ferreira, 2002).
- O agasallo de Silvia (Dionisio Pérez, 2003).
- Sara (Sílvia Quer, 2003, TV).
- Heroína (Gerardo Herrero, 2005).
- Abrígate (Ramón Costafreda, 2006).
- Atlas de geografía humana (Azucena Rodríguez, 2007).
- Unha muller invisible (Gerardo Herrero, 2007).
- Retornos (Luis Avilés Baquero, 2010
[editar] Curtametraxes
- Mofa e Befa en Gran liquidación (Jorge Coira, 1992).
- A Repesca (Sandra Sánchez, 1995).
- Sitcom show (Ángel de la Cruz, 1996).
- Una extraña mirada (José Manuel Quiroga, 1998).
- ¿A ti como se che di adeus? (Jorge Coira, 1999).
- Si lo sé no vengo (a mi propio entierro) (Manolo Gómez, 1999).
[editar] Teatro
- Cásting (a comedia), de Roger Justafré. Lagarta, lagarta, 2010 (como actriz).
[editar] Televisión
- A familia Pita (TVG).
- Pratos combinados (TVG).
- Un mundo de historias (TVG).
- Terra de Miranda (TVG).
- El secreto de Puente Viejo (Antena 3).
[editar] Premios e nomeamentos (11 e 3)
- Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina protagonista (1993).
- Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina protagonista (1995).
- Premio AGAPI á Mellor interpretación feminina protagonista (1996).
- Premio AGAPI á Mellor interpretación feminina protagonista (1997).
- Premio María Casares de Teatro á Mellor actriz de reparto por Si o vello Simbad volvese ás illas (2000).
- Premio Mestre Mateo 2002 á Mellor interpretación feminina protagonista por Terra de Miranda (2002).
- Premio Imaxe e Comunicación (2002).
- Nomeada ao Premio Mestre Mateo 2003 á Mellor interpretación feminina protagonista por Terra de Miranda (2003).
- Nomeada ao Premio Mestre Mateo 2003 á Mellor interpretación feminina secundaria pol' O agasallo de Silvia e Blanca Madison (2003).
- Nomeada ao Premio Mestre Mateo 2004 á Mellor interpretación feminina secundaria por Terra de Miranda (2004).
- Premio Mestre Mateo 2005 á Mellor interpretación feminina de reparto por Heroína (2005).
- Premio á Mellor actriz na XIII Mostra de Cine Latinoamericano de Lleida por Abrígate (2007).
- Premio Mestre Mateo 2007 á Mellor interpretación feminina protagonista por Unha muller invisible (2007).
- Premio Mestre Mateo 2010 á Mellor interpretación feminina de reparto por Retornos (2010).