Luar na lubre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luar na Lubre
EnsaioLuarNaLubre.jpg
Orixe A Coruña, Galicia
Período 1985–presente
Xénero(s) Folk , Música celta
Selo(s) discográfico(s) Edigal
Warner Music
Membros Paula Rey
Xan Cerqueiro
Xulio Varela
Patxi Bermúdez
Bieito Romero
Eduardo Coma
Pedro Valero
Xavier Ferreiro
Antigos membros Rosa Cedrón
Sara Louraço Vidal
Web oficial http://www.luarnalubre.com

Luar na Lubre é grupo de folk galego creado na Coruña en 1985. Trátase dunha das bandas máis representativas do panorama folk galego. Obtiveron distintos premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro.

Membros[editar | editar a fonte]

Membros actuais[editar | editar a fonte]

Membros anteriores[editar | editar a fonte]

* Ana Espinosa Voz
* Rosa Cedrón Voz (1996–2005)
* Sara Louraço Voz (2005–2011)

Biografía[editar | editar a fonte]

Luar na Lubre foi creado en 1985 na cidade da Coruña por Bieito Romero (aínda que dous anos antes da creación oficial do grupo se editou unha maqueta chamada Ara Solis) e foi tecendo a súa traxectoria paseniñamente no eido musical galego até que a través da súa colaboración con Mike Oldfield nunha xira no ano 1992 tivo unha grande eclosión e a consecuencia desta deuse a coñecer a público ao que non chegara antes, isto viuse acrecentado pola versión que Oldfield fixo, e publicou con grande éxito, de "O son do ar" en ''The voyager co título "The song of the sun", un tema instrumental do grupo. Non todos os grupos poden superar un éxito de tamañas dimensións sen diluír os seus principios ou saír da situación de tan boa maneira como conseguiron eles. Na actualidade continúan a súa singradura no seu estilo e, ao tempo, experimentando con algunhas novidades.

Os instrumentos que usan son: gaita galega (e algunha que outra introdución de uilleann pipe), acordeón diatónico, violín, frautas e whistles, chelo, guitarra acústica, bouzouki, pandeireta, bohdran e percusións. O grupo tivo na súa historia catro voces femininas: nos primeiros anos Ana Espinosa, posteriormente Rosa Cedrón e a portuguesa Sara Louraço Vidal, e, por último, a súa voz actual, a coruñesa Paula Rey.

Luar na Lubre resalta a cultura galega con temas tradicionais, mais tampouco quedan fora as influencias celtas de países como Irlanda, Escocia ou a Bretaña , así como unha estreita relación coa música portuguesa, pola estima que lle teñen a José Afonso, reflectida na canción "Tu gitana", que se veu reforzada coa entrada da nova cantante. Este grupo tamén ten conciencia e compromiso social coa actualidade, plasmada en cancións coma Memoria da noite, que comenta as consecuencias da catástrofe do Prestige no ano 2003 nas costas galegas. Evidentemente desde 1985 o estilo e tendencias do grupo evolucionou moito, cada vez soan mellor no estudio de gravación, pero sobresaen especialmente no directo.

En 2005 presentan Saudade, con poemas de García Lorca en galego adicados a Bos Aires, poemas de autores galegos homenaxeando os emigrantes, unha pandeirada de Celso Emilio Ferreiro dedicada ao Che Guevara, etc. Nesta edición participan Pablo Milanés, Emilio Cao, Adriana Varela e Lila Downs, entre outros.

No seu seguinte traballo, Camiños da fin da terra, publicado en 2007 fan un percorrido polos camiños que levan aos confíns do mundo, uns camiños cheos de lendas, tradicións, personaxes, historias que lle dan un profundo sabor a mar e frescura. A canción "Os animais", baseada nunha melodía tradicional irlandesa levada polos emigrantes a América, coñecida por ser a banda sonora dun coñecido anuncio dun automóbil, está sendo moi visitado en youtube onde foi número 1 en varias ocasións en diferentes apartados. O 3 de abril de 2008 na gala dos Premios da Música o grupo acadou recoñecemento de Mellor Álbum Tradicional por Camiños da fin da terra e Mellor Canción en Galego co tema "Canto de andar".

En 2009 publican un concerto en directo, Ao vivo, gravado en dous CDs e un DVD os días 22 e 23 de xaneiro de 2009 no Teatro Colón da Coruña, co gallo dos 24 anos de vida do grupo. Este concerto contou coas colaboracións de Diana Navarro ("Romeiro ao lonxe"), Pedro Guerra ("Memoria da noite"), Luz Casal ("Camariñas") e Ismael Serrano ("El derecho de vivir en paz"). O DVD ten coma extras o videoclip "El derecho de vivir en paz" e un spot promocional da cidade da Coruña cos seus lugares e monumentos máis coñecidos, coa música de O son do ar.

En 2010 publican Solsticio, o seu duodécimo traballo.

O 3 de novembro de 2011 anunciouse que a nova vocalista do grupo era Paula Rey,[1] despois de que Sara Louraço deixara o grupo en setembro.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

* O son do ar (1988)
* Beira Atlántica (1990)
* Ara Solis (1993)
* Plenilunio (1997) Disco de ouro
* Cabo do mundo (1999) Disco de ouro
* XV Aniversario (2001)
* Espiral (2002)
* Hai un paraíso (2004)
* Saudade (2005)
* Camiños da fin da terra (2007)
* Ao vivo (2009) 2 CD + DVD
* Solsticio (2010)
* Mar Maior (2012)

Audiovisual[editar | editar a fonte]

Videoclips[editar | editar a fonte]

  • "Tu Gitana" (1997)
  • "Chove en Santiago" (1999)
  • "El derecho a vivir en paz" (2002)
  • "Os animais" (2007)

Longametraxes[editar | editar a fonte]

  • Un bosque de música, longametraxe documental sobre o grupo dirixido por Ignacio Vilar e editado por “Via Lactea Films” no ano 2004.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]