Mofa e Befa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira na representación de Oeste solitario.

Mofa e Befa é un dúo cómico formado polos actores galegos Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira en decembro do ano 1992.

Historia e caracaterísticas[editar | editar a fonte]

Desde aquela teñen traballado en multitude de espectáculos teatrais humorísticos con xiras por Galicia, actuacións en actos sociais e mesmo participacións en acontecementos coma o Festival de teatro Español de autor contemporáneo de Alacant.

Tamén rodaron en 1995 a curtametraxe muda Mofa e Befa en Gran liquidación, baixo a dirección e Jorge Coira e producida pola Escola de Imaxe e Son da Coruña, que recibiu varios premios. En televisión conduciron en 1999 o programa Apaga a luz, e teñen colaborado no veterano programa da Televisión de Galicia Luar.

Tanto Calvo coma Mosqueira compaxinan Mofa e Befa con outros proxectos televisivos e cinematográficos, e mesmo coincidiron noutros proxectos á marxe do dúo, como a serie Mareas vivas.

Algúns dos seus espectáculos máis destacados son Para serexactos, Manifesto por un teatro perralleiro, Finismundi Circus, Cultura para dar e tomar ou Shakespeare para principiantes.

Espectáculos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]