Miguel de Lira
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Miguel de Lira | |
|---|---|
Miguel de Lira nunha homenaxe a John Balan |
|
| Nacemento | Miguel Domingo García Martínez 1964 Lira (A Coruña) |
| Profesión | actor |
| Ficha na IMDb | |
Miguel Domingo García Martínez, coñecido como Miguel de Lira, nado en Lira en 1964, é un actor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
A súa popularidade vénlle dada sobre todo polo seu papel de Evaristo Currás, un personaxe secundario de Mareas vivas que acabou adquirindo grande protagonismo e converténdose nun dos favoritos do público.
Á marxe disto, este actor ten participado en múltiples proxectos de cine e teatro. Protagonizou unha serie na TVG, Pepe O Inglés, estreada en 2006. Actuou na popular serie de Antena 3 Los hombres de Paco, onde fai de Félix Montejo, o psiquiatra do protagonista. Nos premios Mestre Mateo 2010 recibiu o premio ao mellor actor protagonista polo seu papel en Crebinsky.
[editar] Cine
- Urxa (1989), de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal.
- Entre bateas (2002), de Jorge Coira.
- O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa.
- El regalo de Silvia (2003), de Dionisio Pérez.
- Secuestrados en Xeorxia (2003), de Gustavo Balza.
- Pepe Carvalho (2004), de Rafael Moleón.
- Hai que botalos (2005), de Margarita Ledo e Emilio McGregor.
- Galatasaray-Dépor (2005), de Hannes Stöhr.
- Los muertos van deprisa (2006), de Ángel de la Cruz.
- Hotel Tívoli (2006), de Antón Reixa.
- El hombre de arena (2007), de José Manuel González.
- A noite que deixou de chover (2007), de Alfonso Zarauza.
- Crebinsky (2010, de Enrique Otero.
[editar] Curtametraxes
- Cal dous estraños (1991), de Alber Ponte.
- Sitcom show (1996), de Ángel de la Cruz.
- Disonancias (2000), de Ignacio Vilar.
- Os Crebinsky (2002), de Enrique Otero.
- Las rubias los prefieren caballeros (2002), de Álex Sampayo.
- Toxic Percebe (2005), de Xavier Jacome e Martín Fiallega.
[editar] Televisión
[editar] Personaxes fixos
- Mareas vivas (1998). Como Evaristo Currás.
- Pepe O Inglés (2006). Como Pepe O Inglés.
- Los hombres de Paco (2008). Como Félix Montejo.
[editar] Personaxes episódicos
- Periodistas (1999).
- A Vida por diante (2006).