María Pujalte
| María Pujalte | |
|---|---|
![]() María Pujalte, na serie 'Los misterios de Laura' |
|
| Nacemento | 22 de decembro de 1966(46 anos) A Coruña |
| Profesión | actriz |
| Ficha na IMDb | |
María Pujalte, nada na Coruña o 22 de decembro de 1966, é unha actriz galega.
Índice |
Biografía [editar]
Estudou cunha bolsa de estudos da Deputación da Coruña un curso de interpretación na Scuola dell'Attore Cómico en Reggio Emilia de Italia e outro en Madrid.
Realizou tamén estudos de canto, interpretación e expresión corporal.
Pertenceu ó Centro Dramático Galego (CDG) e ós grupos teatrais Moucho Clerc e Compañía de Marías, do que é cofundadora xunto coa súa amiga, a tamén actriz galega María Bouzas.
Ademais de como actriz, tamén traballou como presentadora de televisión. En 2003 conduciu a gala dos Premios Max de teatro, celebrada en Vigo xunto coas tamén actrices galegas María Bouzas e Berta Ojea e o actor Sergio Pazos.
A pesar da súa extensa filmografía, o papel que a fixo popular para o gran público foi o de Mamen na serie de televisión Periodistas, e máis tarde o de Mónica en Siete Vidas.
Actriz comprometida, María Pujalte participou en manifestacións contra a guerra de Iraq e formou parte ó igual que moitos outros actores galegos da plataforma Nunca Máis contra o desastre do Prestige.
En 2005 participou no acto de celebración da toma de posesión do presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, coa lectura de varios poemas. O mesmo ano foi pregoeira das festas de María Pita da súa cidade natal, A Coruña.
En 2009 regresa á televisión para protagonizar a serie de misterio en ton de comedia emitida en TVE 1 chamada Los misterios de Laura.[1]
Películas [editar]
- Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro.
- Martes de carnaval (1991), de Fernando Bauluz e Pedro Carvajal.
- Mofa e Befa en Gran liquidación (1995), de Jorge Coira.
- As xoias da señora Bianconero (1994), de Jorge Coira.
- El baile de las ánimas (1994), de Pedro Carvajal.
- La boutique del llanto (1995), de Iñaki Peñafiel(curtametraxe). Como Cándida.
- Entre rojas (1995), de Azucena Rodríguez. Como Cata.
- Interferencias (1996), de Antonio Morales Pérez.
- Libertarias (1996), de Vicente Aranda. Como Mariona.
- Completo comfort (1997), de Juan Flahn(cortometraje). Como Miranda.
- A mí quién me manda meterme en esto (1997), de Daniela Fejerman e Inés París (curtametraxe). Como Maite.
- Perdona bonita, pero Lucas me quería a mí (1997) , de Dunia Ayaso e Félix Sabroso. Como Mari Carmen.
- Insomnio (1998), de Chus Gutiérrez. Como Isabel.
- El grito en el cielo (1998), de Dunia Ayaso e Félix Sabroso. Como Rita.
- Vamos a dejarlo (1999), de Daniela Fejerman e Inés París (curtametraxe).
- Los lobos de Washington (1999), de Mariano Barroso. Como Sara.
- La Parrilla (1999), de Xavier Manich.
- A mi madre le gustan las mujeres (2002), de Daniela Fejerman e Inés París. Como Gimena.
- O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. Como Beatriz.
- En la ciudad (2003), de Cesc Gay. Como Sofía.
- Descongélate! (2003), de Dunia Ayaso e Félix Sabroso. Cameo.
- Cosas que hacen que la vida valga la pena (2004), de Manuel Gómez Pereira. Como Ángeles.
- Semen, una historia de amor (2005), de Daniela Fejerman e Inés París. Como Gloria.
- El regalo (2006), de Carlos Agulló. Como Puri.
- Rivales (2008), de Fernando Colomo. Como María.
Televisión [editar]
Personaxes fixos [editar]
- Periodistas (1998-2001). Como Mamen Tébar.
- Siete Vidas (2004-2006). Como Mónica.
- Los misterios de Laura (2009-). Como Laura Lebrel.
Personaxes episódicos [editar]
Teatro [editar]
- O Mozo que chegou de lonxe (1989). Dirixida por Mario Gas.
- O Códice Clandestino (1989), de Quico Cadaval. Dirixida por Xan Cejudo (1989).
- Yerma (1990) de Federico García Lorca. Dirixida por Xosé M. Blanco.
- O Roixinol de Bretaña (1991) de Quico Cadaval. Dirixida por Xan Cejudo (1991).
- Finisterra Broadway amén y squasch (1993)
- Martes de Carnaval (1995)de Ramón María de Valle-Inclán. Dirixida por Mario Gas.
- Caníbales (1996). Dirixida por José Luis Sainz.
- El Hombre Elefante. Dirixida por Mariano Barroso.
- Confesiones de mujeres de 30 años (2002-2004). Dirixida por Lia Jelin.
- Dónde pongo la cabeza (2006), de Yolanda García Serrano. Dirixida por Tamzin Towsend.
Premios e nominacións [editar]
- Nominada ao Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina.
- Gañadora do Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina polo espectáculo de cabaré Fisterra Broadway.
- Nominada ao Premio Goya á Mellor Actriz Revelación por Entre rojas.
- Gañadora do Premio da Unión de Actores á Mellor Interpretación Revelación por Entre rojas.
- Mención Especial no Festival de Cine Español de Málaga por Completo confort, A mí quién me manda meterme en esto e Interferencias.
- Gañadora do Premio 'Galego/a del mes' por El Correo Gallego en setembro.
- Nominada ao Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por Periodistas.
- Gañadora do Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por Periodistas.
- Candidata á Concha de Prata á Mellor actriz no Festival Internacional de Cine de San Sebastián por En la ciudad.
- Candidata ao Premio Goya á Mellor interpretación feminina de reparto por O lapis do carpinteiro.
- Candidata ao Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por En la ciudad.
- Candidata ao Premio do Círculo de Escritores Cinematográficos á Mellor actriz secundaria por En la ciudad.
- Gañadora do Premio Mestre Mateo á Mellor interpretación feminina secundaria por O lapis do carpinteiro.
- Gañadora do Premio Gayo á Mellor actriz de reparto por En la ciudad.
- Gañadora do Premio 'Ola de Ouro' no Festival de Cine Feminino de Burdeos á Mellor interpretación feminina por En la ciudad.
- Candidata á Bíznaga de Plata á Mellor actriz en el Festival de Cine Español de Málaga por Cosas que hacen que la vida valga la pena.
- Candidata á Bíznaga de Prata á Mellor actriz no Festival de Cine Español de Málaga por Semen, una historia de amor.
- Candidata ao Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por Siete Vidas.
- Gañadora na XVI Edición dos Premios Teatro de Rojas 2007 de Toledo á Mellor interpretación feminina por El método Grönholm
- Candidata ao Premio Max de Teatro á Mellor actriz de reparto por Las cuñadas.
- Gañadora da Mención especial nos I Premios del Público TV por "Los misterios de Laura".[2]
- Nominada aos Premios CineyMás de TV 2008/09 como Mellor actriz española por "Los misterios de Laura"[3]
- Gañadora do Premio Bodegas Casado Morales al Mejor joven del año[4]
- Nominada aos Premios Zapping como Mellor actriz por "Los misterios de Laura"[5]
Notas [editar]
- ↑ Los misterios de Laura
- ↑ Lista de candidatos a los Premios del Público TV
- ↑ Candidaturas ós Premios CineyMás de TV 2008/09
- ↑ María Pujalte premiada por Bodegas Casado Morales
- ↑ Candidaturas ós Premios Zapping 2009
