Jennifer Aniston
| Jennifer Aniston | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aniston na premiere do seu recente filme He's Just Not That into You |
|||||||||||||||||
| Nacemento | Jennifer Joanna Aniston[1][2] 11 de febreiro de 1969 (43 anos) Sherman Oaks, California, |
||||||||||||||||
| Páxina web oficial | |||||||||||||||||
| Ficha na IMDb | |||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||
Jennifer Joanna Aniston, nada o 11 de febreiro do 1969, é unha actriz estadounidense de cinema e mais de televisión. Comezou a súa carreira na década dos 90 acadando sona internacional pola interpretación do personaxe Rachel Green da popular sitcom Friends dos EUA; grazas ó devandito papel gañou un Premio Emmy, un Globo de Ouro e mais un Premio do Sindicato de Actores.
É protagonista de varios filmes de Hollywood, e a pesar de que a maioría dos seus papeis veñen sendo comedias -Bruce Almighty, Office Space, Rumor Has It- e comedias románticas -Along Came Polly, The Break-Up-, tamén actuou en filmes doutros xéneros, como a comedia de terror Leprechaun, o thriller de crime Derailed e o drama musical Rock Star.
Índice |
[editar] Traxectoria
[editar] A primeira etapa da súa vida
Jennifer Aniston naceu en Sherman Oaks, Os Ánxeles, California, e medrou na cidade de Nova York.[3] É a filla do actor John Aniston e da actriz Nancy Dow.[4] O seu pai é grego americano, nado como Yannis Anastassakis, na illa de Creta, namentres que a súa nai, de ascendencia italiano-escocesa, naceu na cidade de Nova York. O seu pai actuou nas telenovelas “Love of Life”, “Search for Tomorrow” e en “Days of our Lives” no papel do vilán Viktor Kiriakis,[4] amais de múltiples colaboracións en películas ou doutras series. Aniston estivo a vivir en Grecia durante un ano cando cativa coa súa familia e máis adiante mudáronse á cidade de Nova York cando no 1975 o sei pai se fixo cun papel na telenovela “Love of Life”.[4][5] O 20 de agosto do 1980 con nove anos de idade, os seus pais divorciáronse e ela ficou a vivir cabo da súa nai en Nova York.[5]
Aniston ten dous medio irmáns, John Melick (o maior) e Alex Aniston (o máis novo).[4][3] O seu padriño era o actor artisticamente coñecido como Telly Savalas, finado xa o 22 de xaneiro do 1994 e fillo de emigrantes gregos, quen mantivo unha íntima amizade co pai de Jennifer,[4][3] que incluso o fixo aparecer na exitosa serie de televisión “Kojak”.[6] Ós 6 anos, os seus pais matricúlana na escola Rudolf Steiner School, en Nova York[4] onde tivo o seu primeiro contacto coa interpretación ós 11 anos de idade cando entrou no clube de teatro[5][7]. A súa experiencia na dita escola tamén axudou a Aniston a desenvolver unha paixón pola arte. Ós 11 anos, uns dos seus cadros foi seleccionado para ser exposto no museo metrapolitano Metropolitan Museum of Art de Nova York[5]. Ós 15 anos comezou a súa aprendizaxe na interpretación profesional cando foi aceptada na escola secundaria Fiorello H. LaGuardia High School of Music & Art and Performing Arts en Manhattan, Nova York.[3][5] No ano 1987, despois de se graduar na escola superior, Aniston pasou un ano a vivir coa súa nai.[5] Ela non quixo ir á universidade. Pola contra, traballou nunha hamburguesería chamada Jackson Hole en Manhattan[5] e en varios empregos temporais, como de televendedora e como mensaxeira en bicicleta.[4] Durante ese tempo, conseguiu papeis en producións off-Broadway como "For Dear Life" no Teatro Público de Nova York e "Dancing on Checker's Grave".[5][4] No 1989, mudouse ós Ánxeles, California.[8]
[editar] A súa carreira
En 1989, antes de se mudar ós Ánxeles, Aniston traballou en Molloy.[6] Interpretaba a irmá máis vella e malcriada do personaxe central, "Courtney", e durou seis episodios. En 1990, e xa afincada en Hollywood, conseguiu o seu primeiro papel no filme de televisón Camp Cucamonga.[9] Tamén foi co-protagonista na serie Ferris Bueller, unha versión do exitoso filme de 1986 Ferris Bueller's Day Off.[9] Interpretou a "Jeanie Bueller", a irmá insoportábel do protagonista. Non obstante, a serie foi rapidamente cancelada tras durar un ano.[4] Daquela, Aniston fixo dúas comedias máis de televisión tamén fracasadas, The Edge e Muddling Through, e apareceu como estrela invitada en Quantum Leap, Herman's Head e en Burke's Law.[9] Despois dunha cadea de seriais canceladas, alén do seu criticamente mofado filme de horror do 1992, Leprechaun,[10] Aniston considerou renunciar á interpretación.[4] Porén, os plan de Aniston mudarían ó facer unha proba para Friends, unha serie de comedia fixada para debutar encol da gama caída que a NBC estaba a pasar entre o 1994-1995[3][11]. Os produtores da serie orixinalmente querían que Aniston fixera unha proba para o papel de Monica Geller,[11] mais logo decidiron que ese papel acaíalle mellor a Courteney Cox. Deste xeito, Aniston foi escollida para o papel de Rachel Green. Ela interpretaría o personaxe de Rachel dende o 1994 até a fin da serie, no 2004.[12]
A serie atangueu moito éxito e Aniston, xunto cos seus compañeiros de reparto, acadou grande sona entre os telespectadores.[3] O seu peiteado, que nese tempo pasou a ser coñecido como "ó Rachel", foi moi copiado.[3][4] Aniston recibiu un salario de un millón de dólares por episodio nas dúas últimas tempadas de Friends, así como cinco nominacións ós Emmy (dous como Actriz de Reparto e tres como Actriz Principal),[13][14][15][16] incluíndo o gañado como Mellor Actriz Principal nunha Serie de Comedia.[17] Segundo o Libro Mundial de Récords Guinness (2005), Aniston (xunto coas súas compañeiras de reparto) converteuse na actriz de televisión mellor pagada de tódolos tempos polos seus cheques de un millón de $ por episodio na décima e derradeira tempada de Friends.[18]
No 1994, Microsoft convidou a Aniston, xunto co seu compañeiro en Friends, Matthew Perry, para unha promoción de 30 minutos de publicidade para o seu novo sistema operativo, Windows 95.[19] Máis tarde, Jennifer Aniston apareceu nun comercial de Heineken que logo foi prohibido debido a cuestións de marca. Ela gañou a aclamación da crítica polas súas actuacións nos filmes The Object of My Affection (1998), unha comedia dramática sobre unha moza que se namora dun home homosexual,[20] e polo filme de baixo orzamento, The Good Girl (2002), dirixido por Miguel Arteta, onde facía o papel dunha caixeira pouco atractiva nun pequeno pobo. Este último filme estreouse en relativamente poucas salas de cinema (menos de 700) acadando $14 millóns na recadación dos EUA.[21] A finais do 2005, Aniston fixo dous filmes producidos por grandes estudios, Derailed e Rumor Has It.[22][23]
Alén da súa carreira como actriz de televisión, Aniston gozou dunha carreira cinematográfica de moito éxito. O filme no que máis acadou en recadación até hoxe foi na súa aparición no 2003 con Bruce Almighty, na que desempeñou o papel da moza do personaxe do Jim Carrey.[24] Aniston logo protagonizou o filme Along Came Polly (2004), fronte Ben Stiller.[25] No ano 2006, Aniston apareceu no drama de baixo orzamento Friends with Money, que se amosou primeramente no Sundance Film Festival, cunha limitada presentación. A próxima película de Aniston, The Break-Up, estreada o 2 de xuño, recadou aproximadamente 39,17 millóns de $ durante a súa fin de semana de abertura, a pesar das mornas criticas.[26]
No 2007 foi como invitada estrela nun capítulo na serie de Courteney Cox Arquette, Dirt. Aniston facía o papel de Tina Harrod, unha fachendosa rival de Arquette.[27] Amais de actuar, Aniston dirixiu unha curtametraxe, Room 10, protagonizada por Robin Wright Penn e Kris Kristofferson[28].
Forbes clasificou a Aniston como a 10ª muller máis rica na industria do espectáculo no ano 2007. Ela está por detrás de grandes celebridades coma son Oprah Winfrey, J. K. Rowling, Madonna, Mariah Carey, Celine Dion e Jennifer Lopez e diante de Britney Spears, Christina Aguilera e as xémeas Olsen. O valor neto de Aniston é aproximadamente $110 millóns.[29] Aniston foi tamén incluída no anual Top 10 "Star Salary" da revista comercial The Hollywood Reporter do 2006.[30] Segundo Forbes en outubro do 2007, Aniston foi a celebridade de venda superior cara á industria do espectáculo.[31] No 2008, Aniston ocupou o décimo sétimo posto en Forbes na lista Celebrity 100 baseada en "ingresos e fama".[32] Forbes listou os ingresos da Aniston en 27 millóns de dólares.[33]
Aniston fixo un cameo (ou breve aparición) no terceiro episodio da terceira tempada da serie 30 Rock da NBC interpretando unha antiga compañeira de cuarto de Liz Lemon na universidade que anda a axexar a Jack Donaghy. Aniston apareceu espida en xaneiro do 2009 na revista mensal GQ. Ela di á revista que se sente máis cómoda hoxe ca ós vinte anos ou principios dos trinta. "Estou máis sa. Estou máis en paz na miña mente e co meu corpo", di Aniston.[34]
O 25 de decembro do 2008 saía ó ar en EUA o filme Marley & Me, protagonizado por Aniston e Owen Wilson, o cal fixou o meirande récord de recadación do día de Nadal con 14,75 millóns de dólares na venda de entradas. Obtivo un total de 51,7 millóns ó longo dos catro días do fin de semana e ocupou o primeiro lugar en recadación, posición que se mantivo durante dúas semanas[35]. A partir do 15 de febreiro do 2009, o total en bruto en todo o mundo foi de 161,608,269 dólares.[36]
O seu seguinte filme, He's Just Not That into You, estreuose en febreiro do 2009. A película fixo 27,5 millóns, clasificándose numero #1 en recadación na súa abertura de fin de semana.[37] Namentres o filme recibía comentarios mixtos, Aniston canda Jennifer Connelly e Ben Affleck foron a miúdo gabados pola crítica como o soporte de saída da película[38][39]. A partir do 2009, os filmes de Aniston fixeron 900,618,847 de dólares brutos nos Estados Unidos.[40]
O 16 de xullo do 2009 Jennifer Aniston foi finalista nos Premios Emmy polo seu traballo na serie 30 Rock.
[editar] A súa vida persoal
Noutrora, Aniston estivo a saír co seu compañeiro da serie Ferris Bueller, o actor Charlie Schlatter en 1990.[41] Ela comezou unha relación con Daniel MacDonald no 1991. Remataron no 1994, pouco antes de que saíse ó ar Friends.[41] Aniston estivo un breve tempo a saír co músico Adam Duritz no 1995.[41][4] Dende 1995 até 1998 tivo un romance complicado co actor Tate Donovan,[41] mais a parella informou estar comprometida.[42]
No 1998 empezou a saír co actor Brad Pitt e casaron o 29 de xullo do 2000 nunha luxosa voda en Malibú.[43] Durante anos, o seu matrimonio foi considerado como o raro éxito de Hollywood.[4] Mais, a parella anunciou a súa separación o 6 de xaneiro do 2005.[41] Pitt mantivo unha relación coa actriz Angelina Jolie, aínda que negou ter enganado a súa esposa. Porén, Aniston pediu o divorcio o 25 de marzo do 2005[2], o cal finalizou o 2 de outubro do 2005. [44]
Aniston declarou que o seu divorcio fixo que se achegara á súa nai, Nancy, coa que non tivo relación durante case unha década. Ó primeiro distanciaronse cando Nancy falou da súa filla nun programa de televisión, e logo, en 1999 escribiu un libro titulado, De Nai a Filla a Amigas: Lembranzas.[45] Aniston tamén afirmou que estaba devastada pola morte do seu antigo terapeuta, cuxo traballo a axudou a facer a súa separación con Pitt máis doada. Aniston, da súa relación con Pitt, da que ela non se arrepinte, dixo que "foron sete intensos anos xuntos e que foi unha bonita e complicada relación".[46]
Logo do seu divorcio, Aniston comezou unha relación co actor Vince Vaughn, con quen coprotagonizou o filme The Brak Up[41], mais en decembro de 2006 ano separáronse.[41] Ela estivo uns poucos meses co modelo masculino Paul Sculfor no 2007. [41] En abril do 2008, ela comezou unha relación co cantante John Mayer[41], mais separáronse en marzo do 2009.[41]
[editar] Filantropía
Aniston é partidaria de moitas fundacións de caridade. Ela é partidaria no Friends of El Faro, unha organización sen ánimo de lucro de grassroots que axuda a incrementar cartos para o orfanato Casa Hogar Sion, en Tijuana, México, e apareceu en moitos anuncios de televisión para o hospital St. Jude's Children's Research Hospital na que ela é unha grande contribuínte. Fixo unha aparición como invitada no programa Oprah's Big Give pra apoia-la causa, e doar diñeiro pra axudar. Aniston foi a anfitrioa no programa Stand Up to Cancer en setembro do 2008. Na campaña "It Can't Wait" para liberar Birmania, Aniston dirixiu e protagonizou un vídeo. O 14 de abril de 2007, Aniston recibiu un Vanguard Award da GLAAD polas súas contribucións ó aumento da visibilidade e á comprensión das comunidades de gays e lesbianas, bisexuais e transexuais.
[editar] Filmografía
Velaquí a filmografía completa, tanto do cinema coma da televisión de Aniston. Tamén inclue os seus traballos como produtora e mais como diretora.
[editar] Actriz
| Cinema | ||||
|---|---|---|---|---|
| Ano | Filme | Personaxe | Observacións | Recadación Mundial |
| 1993 | Leprechaun | Tory Reding | Primeira Longametraxe | $8,556,940[47] |
| 1996 | She's the One | Renee Fitzpatrick | - | $14,549,219[48] |
| Dream for an Insomniac | Allison | - | $24,727[49] | |
| 1997 | 'Til There Was You | Debbie | - | $3,525,125[50] |
| Picture Perfect | Kate Mosely | - | $44,332,015[51] | |
| 1998 | The Thin Pink Line | Clove | - | - |
| Waiting for Woody | Jennifer Aniston | Curtametraxe | - | |
| The Object of My Affection | Nina Borowski | - | $46,905,889[52] | |
| 1999 | Office Space | Joanna | - | $10,827,810[53] |
| The Iron Giant | Annie Hughes | Voz | $23,159,305[54] | |
| 2001 | Rock Star | Emily Poule | - | $19,334,145[55] |
| 2002 | A boa rapaza | Justine Last | - | $16,856,124[56] |
| 2003 | Bruce Almighty | Grace Connelly | Nomeada a un MTV Movie Award compartido con Jim Carrey
Nomeada a un Teen Choice Award |
$484,592,874[57] |
| Abby Singer | Herself | Cameo | - | |
| 2004 | Along Came Polly | Polly Prince | Nomeada a un MTV Movie Award compartido con Ben Stiller | $171,963,386[58] |
| 2005 | Derailed | Lucinda Harris | - | $57,479,076[59] |
| Corre o rumor... | Sarah Huttinger | - | $88,933,562[60] | |
| 2006 | Friends with Money | Olivia | - | $18,245,244[61] |
| The Break-Up | Brooke Meyers | Gañou un Teen Choice Award
Nomeada a un Teen Choice Award |
$204,999,686[62] | |
| 2008 | Marley & Me | Jenny Grogan | Récord en recadación no nadal con $14.75 millóns | $242,717,113[63] |
| 2009 | He's Just Not That into You | Beth Murphy | - | $178,846,899[64] |
| Management | Sue Claussen | Tamén produtora | $2,071,049[65] | |
| Love Happens | Eloise Chandler | - | $34,742,432[66] | |
| Journey to Sundance | Ela mesma | Documental | - | |
| 2010 | The Bounty Hunter | Nicole Hurly | - | $131,966,280[67] |
| The Switch | Kassie Larson | - | - | |
| 2011 | Just Go With It | Katherine Palmer | Post-produción | - |
| Horrible Bosses | - | Pre-produción | - | |
| The Goree Girls | Trisha Durrant | Pre-produción | - | |
| 2012 | Wanderlust | - | Pre-produción | - |
| Televisión | ||||
| Ano | Título | Personaxe | Observacións | |
| 1990 | Molloy | Courtney | Serie de televisión (cancelada)[68] | |
| 1990 | Camp Cucamonga | Ava Schector | Telefilme | |
| 1990-1991 | Ferris Bueller' | Jeannie Bueller | Serie de televisión (cancelada) | |
| 1992–1993 | The Edge | personaxes varias | Serie de televisión | |
| 1994 | Muddling Through | Madeline Drego Cooper | Serie de televisión | |
| 1994–2004 | Friends | Rachel Green | Serie de televisión | |
| 2004 | Growing Up Grizzly 2 | Ela mesma | Documental | |
| Como convidada | ||||
| Ano | Serie | Personaxe | Título ep. (tempada x nº cap.) | |
| 1992 | Quantum Leap | Kiki Wilson | "Nowhere to Run" (5x4) | |
| 1992—1993 | Herman's Head | Suzie Brooks |
|
|
| 1994 | Burke's Law | Linda Campbell | "Who Killed the Beauty Queen?" (1x4) | |
| 1995 | The Larry Sanders Show | Ela mesma | "Conflict of Interest" (4x10) | |
| 1998 | Partners | CPA Suzanne | "Follow the Clams?" (1x17) | |
| Ellen | Ela mesma | "Ellen: A Hollywood Tribute: 2ª Parte" (5x20) | ||
| Hércules de Disney | Galatea (Voz) | "Dream Date" (1x27) | ||
| 1999 | South Park | Mrs. Stevens - Mestra do coro (Voz) | "Rainforest Schmainforest" (3x1) | |
| 2003 | Freedom: A History of Us | Jessie Benton | "Wake Up America " (1x4) | |
| King of the Hill | Pepperoni Sue/Stephanie (Voz) | "Queasy Rider" (7x13) | ||
| 2007 | Dirt | Tina Harrod | "Ita Missa Est " (1x13) | |
| 20082008 | 30 Rock[69] | Claire Harper | "The One with the Cast of Night Court" (3x3) | |
| Videoxogos | ||||
| Ano | Xogo | Personaxe | Observaciós | |
| 1996 | Steven Spielberg's Director's Chair | Laura | Voz | |
[editar] Directora
| Ano | Título | Observacións |
|---|---|---|
| 2006 | Room 10 | Curtametraxe |
[editar] Produtora
| Ano | Título | Observacións |
|---|---|---|
| 2008 | Management | Executive producer |
| 2010 | The Switch | Executive producer |
| 2011 | The Goree Girls | Producer |
[editar] Premios
Jennifer Aniston gañou múltiples premios durante a súa carreira, tanto en producións de cinema coma de televisión. Velaquí unha lista completa das categorías onde foi finalista e dos premios conseguidos:
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Jennifer Aniston na IMDb (en inglés)
- Jennifer Aniston en TCM Movie Database (en inglés)
- Jennifer Aniston en Allmovie (en inglés)
- Jennifer Aniston na TV.com (en inglés)
- Entrevista (en castelán)
- JENNIFER ANISTON WEBSITE (en inglés)
- Jennifer Aniston Center (en inglés)
- Aniston Avenue (en inglés)
- Jennifer Aniston na Fametown (en castelán)
- Jennifer Aniston -the unofficial fan page- (en inglés)
- Jen's World Forum (en inglés)