Sherman Oaks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sherman Oaks é un distrito do val de San Fernando, na cidade dos Ánxeles (California). A diferenza da meirande parte do val, a zona está relativamente urbanizada, con rañaceos que se estenden desde a estrada principal, a Ventura Boulevard. Ten unha extensión de 21 km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

O seu territorio está delimitado ó este por Studio City, Van Nuys ó norte, Encino ao oeste e as montañas de Santa Mónica ó sur. Sherman Oaks está situado ó longo do Río Os Ánxeles, Ventura Freeway, San Diego Freeway, Beverly Glen Boulevard e Sepulveda Bulevar.

Cultura[editar | editar a fonte]

Sherman Oaks é unha comunidade rica, con moitas boutiques de moda, incluíndo moitas casas e restaurantes sofisticados. Unha das principais razóns polas que colleu sona é a presenza da Sherman Oaks Galleria, un centro comercial identificado como "o lugar de reunión das Valley Girls" (mozas do Val de San Fernando), que se converteu nun dito moi coñecido nos EUA polo exito do filme de 1983 Valley Girl e unha canción co mesmo nome de Frank Zappa.