Lisa Kudrow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lisa Kudrow
Lisa Kudrow 2.jpg
Nacemento Lisa Marie Diane Kudrow
30 de xullo de 1963 (50 anos)
Encino, California, EUA
Cónxuxe(s) Michel Stern (1995-presente)
Ficha na IMDb

Lisa Marie Diane Kudrow, nada o 30 de xullo de 1963, é unha actriz estadounidense gañadora dun premio Emmy, e coñecida principalmente por interpretar a Phoebe na comedia de situación "Friends".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Kudrow naceu en Encino, California. É a filla menor dun matrimonio xudeu formado por Lee (médico) e Nedra Kudrow (axente de viaxes), e ten unha irmá (Helena Sherman) e dous irmáns (David e Derrick). Asistiu á secundaria Portola en Tarzana, California e graduouse no Vassar College na especialidade de Bioloxía. Fala fluidamente o idioma francés.

Carreira[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira como comediante sendo membro de The Groundlings. Presentouse á audición para o programa Saturday Night Live en 1990, pero o programa elixiu a Julia Sweney. Foi contratada para o papel de Roz na serie de televisión Frasier, pero foi despedida durante a filmación do episodio piloto. O seu primeiro papel importante na televisión foi o de Ursula Buffay, a excéntrica camareira da serie Mad About Your. Esta interpretación levouna ao seu papel protagonista en Friends, como a irmá xemelga de Ursula, Phoebe Buffay, un papel polo que gañou un Premio Emmy en 1998 na categoría de Mellor Actriz de Reparto nunha Serie de Comedia. Do elenco da serie, ela foi a protagonista que máis candidaturas conseguiu nestes premios (6). Ela e Jennifer Aniston foron as únicas que gañaron este premio.

Participou en filmes como: Romy and Michele's Higs School Reunion, The Opposite of Sex, Hanging Up, Marci X, Analyze This e a súa secuela Analyze That. Tamén protagonizou o filme biográfico Wonderland, película que relata a vida da estrela porno John Holmes.

Kudrow personificou a Valerie Cherish, a personaxe principal na serie orixinal da HBO, The Comeback. A serie estreouse na HBO o 5 de xuño de 2005. Ademais foi co-creadora, escritora e produtora executiva da serie. O show non foi renovado para outra tempada.

No ano 2007 co-protagonizou o filme P.S., I Love You, xunto con Hilary Swank e Gina Gershon. Ese mesmo ano protagonizou a comedia ácida, Kabluey dirixida por Scott Prendergast, unha película independente, que recibiu moi boas críticas, sobre todo para Kudrow. Varios críticos coincidiron que con esta película, demostra unha vez máis que é a mellor intérprete dos ex Friends. En 2008 participou na película Hotel for Dogs.

En 2010 rodou unha serie de quince episodios que para a Internet, chamada Web Therapy, onde interpreta a Fiona, unha psicóloga que pasa consulta a través da Internet. Ademais da protagonista, é tamén produtora e guionista da serie.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Dende 1995, Kudrow está casada co publicista francés Michel Stern, a quen coñeceu cando este visitaba a rodaxe de Friends. Teñen un fillo, Julian Murray, nado o 7 de maio de 1998.

Premios e candidaturas[editar | editar a fonte]

Globos de Ouro

  • 1996 - Mellor Actriz de Reparto nunha Serie, Miniserie ou Telefilme, Friends - Candidata

Premios Emmy

  • 1995 - Mellor Actriz de Reparto nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
  • 1997 - Mellor Actriz de Reparto nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
  • 1998 - Mellor Actriz de Reparto nunha Serie de Comedia, Friends - Gañadora.
  • 1999 - Mellor Actriz de Reparto nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
  • 2000 - Mellor Actriz de Reparto nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
  • 2001 - Mellor Actriz de Reparto nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
  • 2006 - Mellor Actriz Principal nunha Serie de Comedia, The Comeback - Candidata.

Screen Actors Guild Award

  • 1996 - Mellor Interpretación dunha Actriz nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
  • 1999 - Mellor Interpretación dunha Actriz nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
  • 1999 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
  • 2000 - Mellor Interpretación dunha Actriz nunha Serie de Comedia, Friends - Gañadora.
  • 2000 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
  • 2001 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
  • 2002 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
  • 2003 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
  • 2004 - Mellor Interpretación dunha Actriz nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
  • 2004 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.

American Comedy Awards

  • 1996 - Actriz de Reparto máis divertida nunha Serie de Televisión, Friends - Candidata.
  • 1999 - Actriz de Reparto máis divertida nunha Serie de Televisión, Friends - Candidata.
  • 1999 - Actriz invitada máis divertida nunha Serie de Televisión, Mad About You - Candidata.
  • 1999 - Actriz de Reparto máis divertida nunha Película, The Opposite of Sex - Candidata.
  • 2000 - Actriz de Reparto máis divertida nunha Serie de Televisión, Friends - Gañadora.
  • 2000 - Actriz máis divertida en un Especial de Televisión (Principal o de Reparto), "1999 MTV Movie Awards" - Candidata.
  • 2000 - Actriz de Reparto máis divertida nunha Película Analyze This - Candidata.
  • 2001 - Actriz de Reparto máis divertida nunha Serie de Televisión, Friends - Candidata.

Premios Blockbuster Entertainment

  • 2000 - Actriz Favorita de Reparto, Comedia. Analyze This - Gañadora.

Premios da Asociación de Críticos de Cine de Chicago

Chlotrudis Awards

Premios Gracie Allen

  • 2006 - Mellor Protagonista Feminino nunha Serie de Comedia, The Comeback - Gañadora.

Independent Spirit Awards

Kid's Choice Awards

MTV Movie Awards

Premios del Círculo de Críticos de Cine de Nueva York.

Premios da Sociedade de Críticos de Cine Online.

Satellite Awards

  • 1998 - Mellor Interpretación Feminina nunha Película, Comedia o Musical Romy and Michele’s High School Reunion - Candidata.
  • 2001 - Mellor Interpretación Feminina nunha Serie de Comedia Friends - Gañadora.
  • 2002 - Mellor Interpretación Feminina nunha Serie de Comedia Friends - Candidata.
  • 2006 - Mellor Actriz nunha Serie de Comedia The Comeback - Candidata.
  • 2008 - Mellor Actriz - Comedia Musical Kabluey - Candidata.

Premios TV Guide'

Premios Teen Choice

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]