Rachel Green

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rachel Karen Green»)
Jennifer Aniston, actriz que interpreta a Rachel Green.

Rachel Karen Green é unha personaxe de fición da popular serie televisiva dos Estados Unidos Friends (1994-2004), dándolle vida a actriz Jennifer Aniston, quen recibiu premios Emmy e un Globo de Ouro pola súa interpretación.

Biografía[editar | editar a fonte]

Rachel apareceu no episodio piloto correndo ata Central Perk cun vestido de noiva empapado pola chuvia procurando a súa mellor amiga do instituto Monica Geller, con quen perdera o contacto. Rachel, a diferenza de Monica, foi popular durante o instituto. Antes da serie, Rachel fuxiu da súa voda con Barry Farber (ou Barry Finkle, como foi coñecido inicialmente) ó descubrir que unha salseira que lle deran de agasallo para a voda excitáballe máis ca el.