Brad Pitt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brad Pitt
Brad Pitt 2013.jpg
Pitt en Sydney no 2013, na estrea de World War Z.
Nacemento William Bradley Pitt
18 de decembro de 1963 (51 anos)
Shawnee, Oklahoma, Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actor, produtor
Cónxuxe(s) Jennifer Aniston (2000–2005)
Angelina Jolie (2005–presente)
Fillo(s) 6
Ficha na IMDb

William Bradley "Brad" Pitt, nado en Shawnee (Oklahoma) o 18 de decembro de 1963, é un actor e produtor estadounidense. Pitt recibiu catro nomeamentos ós Premios Oscar e cinco ós Globos de Ouro, e é gañador dun Globo de Ouro. Foi descrito como un dos homes máis atractivos do mundo, un feito polo cal recibiu moita atención por parte dos medios de comunicación.[1]

Pitt gañou recoñecemento por vez primeira interpretando a un cowboy autostopista en Thelma e Louise (1991). Os seus primeiros papeis protagonistas en grandes producións foron A River Runs Through It (1992), Interview with the Vampire (1994) e Legends of the Fall (1994). En 1995, foi aclamado pola crítica pola súa interpretación no filme de suspense Seven e no de ciencia ficción 12 Monkeys, valéndolle este último un Globo de Ouro ó mellor actor de reparto e un nomeamento ós Premios Oscar. Catro anos despois, Pitt protagonizou o filme de culto Fight Club. Posteriormente participaría no éxito internacional Ocean's Eleven (2001) e as súas secuelas, Ocean's Twelve (2004) e Ocean's Thirteen (2007). Os seus maiores éxitos comerciais foron Troia (2004), Mr. & Mrs. Smith (2005) e World War Z (2013). Pitt recibiu o seu segundo e terceiro nomeamento ós Oscar polas súas actuacións en O curioso caso de Benjamin Button (2008) e Moneyball (2011). Pitt ten a súa produtora de cine, Plan B Entertainment, responsable de filme como Infiltrados (2006) e 12 Years a Slave (2013) que gañaron o Oscar ó mellor filme, e Moneyball, e lle valeu un nomeamento nesa mesma categoría.

Após dunha longa relación coa actriz Gwyneth Paltrow, Pitt casou con Jennifer Aniston durante cinco anos. Pitt está coa actriz Angelina Jolie nunha relación que espertou moita expectación e provocou unha grande publicidade.[2] El e Jolie teñen 6 fillos: Maddox, Pax, Zahara, Shiloh, Knox e Vivienne. Dende que comenzou a súa relación con Jolie, Pitt tense involucrado cada vez máis en cuestións sociais, tanto nos Estados Unidos como a nivel internacional.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Actor
Ano Filme Papel Notas
1987 No Way Out Oficial na festa
1987 No Man's Land Camareiro
1987 Less Than Zero Partygoer
1987 Growing Pains Jeff Episodios: "Who's Zoomin' Who?"
"Feet of Clay"
1987 a 1988 Dallas Randy 4 episodios
1988 21 Jump Street Peter Episodio: "Best Years of Your Life"
1987 Happy Together Brian
1987 Cutting Class Dwight Ingalls
1987 Head of the Class Chuck Episodio: "Partners"
1987 Freddy's Nightmares Rick Austin Episodio: "Black Tickets"
1990 The Image O cámara Telefilme
1990 Too Young to Die? Billy Canton Telefilme
1990 Glory Days Walker Lovejoy 6 episodios
1991 Across the Tracks Joe Maloney
1991 Thelma e Louise J.D.
1991 Johnny Suede Johnny Suede
1992 Contact Cox
1992 Cool World Detective Frank Harris
1992 A River Runs Through It Paul Maclean
1993 Kalifornia Early Grayce
1993 True Romance Floyd
1994 The Favor Elliott Fowler
1994 Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles Louis de Pointe du Lac
1994 Legends of the Fall Tristan Ludlow
1995 Seven David Mills
1995 12 Monkeys Jeffrey Goines
1996 Sleepers Michael Sullivan
1997 The Devil's Own Francis "Frankie" Austin McQuire/Rory Devaney
1997 Seven Years in Tibet Heinrich Harrer
1997 The Dark Side of the Sun Rick
1998 Meet Joe Black Joe Black/Home da cafetería
1999 Fight Club Tyler Durden
1999 Being John Malkovich El mesmo Cameo
2000 Snatch, cochos e diamantes Mickey O'Neil
2001 The Mexican Jerry Welbach
2001 Xogo de espías Tom Bishop
2001 Ocean's Eleven Rusty Ryan
2001 Friends Will Colbert Episodio: "The One with the Rumor"
2002 Full Frontal El mesmo
2002 Confessions of a Dangerous Mind Brad, Bachelor No.1
2003 Sinbad: Legend of the Seven Seas Sinbad Voz
2003 Abby Singer El mesmo Cameo
2004 Troia Aquiles
2004 Ocean's Twelve Rusty Ryan
2005 Mr. & Mrs. Smith John Smith
2006 Babel Richard
2007 Ocean's Thirteen Rusty Ryan
2007 O asasinato de Jesse James a mans do covarde Robert Ford Jesse James
2008 Burn After Reading Chad Feldheimer
2008 O curioso caso de Benjamin Button Benjamin Button
2009 Inglourious Basterds Tenente Aldo Raine
2010 Megamind Metro Man Voz
2011 The Tree of Life Mr. O'Brien
2011 Moneyball Billy Beane
2011 Happy Feet Two Will the Krill
2012 Cogan's Trade Jack Cogan
2012 World War Z Gerry Lane
Produtor
Ano Filme Notas
2006 God Grew Tired of Us Produtor executivo
2006 Infiltrados
2006 Running with Scissors
2007 The Tehuacan Project Produtor executivo
2007 Year of the Dog Produtor executivo
2007 A Mighty Heart Co produtor
2007 O asasinato de Jesse James a mans do covarde Robert Ford
2008 Pretty/Handsome Produtor executivo
2009 The Time Traveler's Wife Produtor executivo
2009 The Private Lives of Pippa Lee Produtor executivo
2010 Kick-Ass
2010 Eat Pray Love
2011 The Tree of Life Co-produtor
2012 Cogan's Trade
2012 World War Z

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Oscars[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
1995 Oscar ao mellor actor de reparto 12 Monkeys Candidato

Globos de Ouro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2006 Globo de Ouro ao mellor actor de reparto Babel Candidato
1995 Globo de Ouro ao mellor actor de reparto 12 Monkeys Gañador
1994 Globo de Ouro ao mellor actor - Drama Legends of the Fall Candidato

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jeanna Bryner (23 de agosto de 2007). "Study: Men With 'Cavemen' Faces Most Attractive to Women". http://www.foxnews.com/story/0,2933,294134,00.html. Consultado o 1 de xaneiro de 2008.
  2. "The Brangelina fever". The Age. Reuters (Australia). 6 de febreiro de 2006. http://www.theage.com.au/articles/2006/02/06/1139074140202.html. Consultado o 8 de setembro de 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Brad Pitt