GLAAD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Gay & Lesbian Alliance Against Defamation (GLAAD) é unha organización benéfica que desenvolve a súa actividade no mundo LGBT e declárase "dedicada a promover e asegurar unha imaxe nos medios xusta, precisa e non-exclusionista de xente e eventos como medio para eliminar a homofobia e a discriminación por identidade de xénero e orientación sexual".

A GLAAD foi fundada en 1985 en Nova York.