Jenna Jameson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jenna Jameson
Data de nacemento:9 de abril de 1974
Lugar de nacemento:Las Vegas, Nevada
EUA
Nome real:Jenna Marie Massoli
Alias:Daisy, Daisy Holliday, Daisy Maze, Jeanna Jameson, Jenna
Número de películas:164 aprox.
Sitio web oficial
Jenna Jameson en IMDb
Jenna Jameson en IAFD
Jenna Jameson en AFDB
Jenna Jameson en Myspace

Jenna Marie Massoli, coñecida como Jenna Jameson, nada nas Vegas (Nevada) o 9 de abril de 1974, é unha actriz porno e empresaria estadounidense, coñecida como A Raíña do Porno.[1] É a fundadora, xunto a Jay Grdina, da produtora especializada en películas porno de alto presuposto Club Jenna.

Protagonizou máis dun centenar de películas.[2] Tamén exerceu como directora nalgunha ocasión, como en Bella Loves Jenna[3] (2003) ou Jenna's Provocateur[4] (2006).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mocidade[editar | editar a fonte]

Jenna nace en Las Vegas. O seu pai é policía e director de programación da KVBC (unha radio afiliada á NBC) mentres que a súa nai fai de showgirl nas Vegas[5]. O 20 de febreiro de 1976 a nai de Jenna falece por mor dun cancro de pel. Ela apenas conta con dous anos. O tratamento médico contra o cancro pon en serios apuros económicos á familia obrigándoos a mudarse con frecuencia e a viviren ata nunha caravana.[6]. Na súa mocidade participa en numerosos concursos de beleza e dá clases de ballet.

En 1990, e segundo conta a actriz na súa autobiografía, é vítima dunha violación, en Montana por catro mozos tras un partido de fútbol americano. Jenna relata tamén unha nova violación pouco despois, acusando nesta ocasión a Preacher, o tío do seu noivo da época. Como consecuencia do ocorrido, a actriz foxe co seu noivo. Este, que exercía como tatuador, realízalle as súas primeiras tatuaxes. Entre elas atópase o característico dobre corazón que loce na nádega dereita. Posteriormente, engadiríase a inscrición Heart Breaker (rompecorazóns) no interior.

Os seus primeiros pasos[editar | editar a fonte]

Jenna Massoli trata de seguir os pasos da súa nai, e para iso decide buscar traballo como showgirl en Las Vegas. Porén, é rexeitada da maioría dos espectáculos por non alcanzar o talle mínimo requirido (175 cm).[7] Finalmente consegue traballo no Vega World casino pero acaba renunciando ao mesmo, dous meses despois, por culpa duns horarios demasiado esixentes e un soldo baixo.[8]

Neste momento, é cando o seu noivo a anima a procurar traballo como stripper[9], pero Jenna, é menor de idade. É por iso que se ve obrigada a falsificar os seus papeis para ser contratada[10]. É despedida do Crazy Horse Too, outro casino de Las Vegas por levar aparato dental, o que a leva a quitalo ela mesma, utilizando unhas pinzas.[5] Sen el, Jenna é readmitida. Seis meses despois, e sen rematar o instituto, xa gaña máis de 2000 dólares por noite.[10]

No seu traballo como stripper, Jenna empeza a utilizar o pseudónimo de Jennasis,[8] que iría transformando co tempo ata converterse en Jennasis Entertainment. Nos seus traballos como modelo, porén, prefire usar o nome co que posteriormente acadaría a fama: Jenna Jameson. O apelido Jameson provén dunha das súas bebidas favoritas: o whisky Jameson.[11]

En 1991 realiza as súas primeiras fotografías totalmente espida. As mesmas son obra de Suze Randall. Jenna recibe 300 dólares polas fotos crendo que serían publicadas na revista Penthouse.[8] Con todo non é así, e acaban sendo vendidas a outras publicacións masculinas, o que leva a moza a sentirse enganada, concluíndo así a súa relación coa afamada fotógrafa.[12]

Durante os seus días de stripper en Las Vegas entra en contacto coas drogas e convértese en consumidora habitual de LSD e máis metanfetamina. O seu estado de saúde sofre unha deterioración progresiva que empeora cando decide deixar de comer. A súa extrema delgadeza, (chega a pesar 35 quilos),[13] impídelle seguir traballando coma modelo e supón o remate da relación co seu mozo. Jenna acaba nunha cadeira de rodas e de regreso co seu pai, que reside en California. Este ingrésaa nun programa de desintoxicación para tratar de superar a súa adicción.

Carreira coma actriz porno[editar | editar a fonte]

Comezos (1993-1994)[editar | editar a fonte]

Jenna Jameson, (2007).

Recuperada dos seus problemas de saúde, Jenna, decide iniciar a súa carreira coma actriz porno co propósito de se vingar do seu ex mozo.[5] Así, en 1993 debuta por primeira vez perante as cámaras nun filme erótico que roda Andrew Blake no que coincide con Nikki Tyler, actriz coa que mantería unha breve relación sentimental.[7] O seu debut, nun filme X, faino da man do director Randy West. Xa en 1994 aparece en Up and Cummers 10 e Up and Cummers 11.

Ese mesmo ano, Jenna pasa varias veces polo quirófano para aumentar o peito e retocar o queixelo. Deste xeito busca lanzar definitivamente a súa carreira.[14]

Cómpre esperar varios filmes máis para que a actriz realice a súa primeira escena heterosexual (até agora só realizara escenas lésbicas) en Cherry Pie (1994). Desde un primeiro momento deixa claro que endexamais practicará o sexo anal ou realizará unha dobre penetración perante as cámaras.[9] Tampouco rodou nunca escenas interraciais con homes.[15]

A finais de 1994 Jenna múdase a Los Angeles para vivir con Nikki Tyler e retoma o seu traballo como modelo.[5]

Wicked Pictures (1995-2000)[editar | editar a fonte]

En 1995 asina un contrato exclusivo coa produtora de filmes pornográficos Wicked Pictures,[5] unha produtora pequeneira que debe gran parte do seu crecemento á atinada fichaxe de Jenna. A multipremiada Blue movie (1995)[16] supón a estrea da actriz coa súa nova produtora. Conquest (1996), Flashpoint (1997), Satyr (1997), ou Dream Quest (2000) son algúns dos títulos máis relevantes rodados pola actriz durante esa etapa. En varias delas é dirixida por Brad Armstrong co que casaría en 1996.

Club Jenna & Vivid (2000-Actualidade)[editar | editar a fonte]

En 2000, Jenna e o seu novo mozo Jay Grdina (máis coñecido coma Justin Sterling na industria do Cinema X) crean: Club Jenna. Desde este momento, a actriz só traballa para a súa produtora e de raro en raro para Vivid que é a encargada de distribuír os filmes da empresa acabada de crear. Jenna loves Brianna (2001) é o seu primeiro traballo e todo un éxito en vendas.[5] Outros títulos destacábeis son : Bella Loves Jenna (2003), New Devil In Miss Jones (2004) ou The Masseuse (2004).

En 2004 Jenna lanza ao mercado a súa autobiografía, titulada How to Make Love Like a Porn Star (Como Facer O Amor Igual Que Unha Estrela Do Porno), en cuxa portada aparece disfrazada de Marilyn Monroe.

En 2005 Club Jenna é adquirida por Playboy. Iso permite á produtora diversificar os produtos e servizos ofrecidos. Un deles é Playboy TV onde a actriz se pon ao mando de Jenna's American Sex Star, un programa onde se procuran novos talentos para a industria.

Retirada do porno[editar | editar a fonte]

Jenna Jameson.

O 1 de agosto de 2007 Jenna sométese a unha operación de redución de peito, pasando de empregar un talle 110 (34DD) que mantivera durante a maior parte da súa carreira, a un talle 95 (34C). Tatúa ambas as dúas omoplatas coa frase non teño medo, nacín para facer isto -Xoana De Arco ("I'm not afraid, I was born to do this -Joan Of Arc") e anuncia a súa retirada do porno, afirmando que endexamais volverá actuar en ningún filme porno.[17]

O 14 de xaneiro de 2008, Jenna confirma as súas palabras na entrega do Jenna Jameson Crossover Star Of The Year (premio do ano á estrela porno que máis se internou nos medios de comunicación convencionais) na gala dos Premios AVN. Durante o seu discurso asevera, "nunca xamais, xamais, xamais volverei abrirme de pernas para esta industria, endexamais", recibindo enormes apupos e rexeitamento por parte do público e dos asistentes á gala.[18]

Malia isto, non se pode considerar por concluída a carreira de Jenna Jameson xa que aínda existen filmes por teren a súa estrea con Jenna coma actriz neles. Mostra disto son recentes estreas coma Jenna Loves Diamonds (rodada en 2002 e estreada en 2008)[19] ou Burn (rodada en 2004[20] e estreada en 2008).

Autobiografía[editar | editar a fonte]

A autobiografía de Jenna Jameson, titulada How to Make Love Like a Porn Star publicouse o 17 de agosto de 2004 nos Estados Unidos. Neil Strauss é coautor da mesma e foi publicada por ReganBooks.[21] Converteuse, case deseguida, nun bestseller.[5]

En canto ao seu contido, o libro non omite ningún detalle da vida da actriz: describe as dúas violacións sufridas, os seus problemas coas drogas, o seu primeiro matrimonio infrutuoso e as súas numerosas relacións sentimentais tanto con homes como con mulleres.[22] A narración realizada en primeira persoa, está salpicada por fotos persoais, extractos de diarios íntimos, entrevistas a familiares, guións de filmes e imaxes de cómic.[23]

En xaneiro de 2007, fai pública a súa vontade de levar ao cinema a súa autobiografía, ela mesma cita a actriz Scarlett Johansson coma unha das persoas que mellor podería interpretar o papel principal do filme.[24]

Relacións persoais[editar | editar a fonte]

Jenna e o seu actual marido Jay Grdina, tamén actor porno máis coñecido na industria como Justin Sterling, no XBIZ Award, en novembro de 2005.

Na súa autobiografía, a actriz menciona que se deitou con máis de cen mulleres e unha trintena de homes fóra do seu traballo.[25] A súa relación coa tamén actriz porno Nikki Tyler é unha delas.[7] Entre as súas parellas heterosexuais, cita no seu libro a Marilyn Manson[26] ou a Tommy Lee.

Jenna Jameson casa por primeira vez o 20 de decembro de 1996 co actor e director porno Brad Armstrong. Aínda que se divorcian en 2001, en realidade, apenas conviven durante unhas dez semanas.[27]

No verán de 1998 coñece a Jay Grdina, antigo propietario dunha produtora de cinema X. Desde ese ano convértese no único actor co que comparte escena. Tras varios anos vivindo xuntos casan, pola Igrexa o 22 de xuño de 2003.[14] A parella fixou a súa residencia en Scottsdale (Arizona) nun pazo de 600 metros cadrados que mercaron por dous millóns de dólares en 2002.[14]

En 2006 confírmase a separación.

Tras unha relación fugaz con Dave Navarro comeza unha máis seria co loitador de MMA Tito Ortiz. A final de agosto de 2008 fai público o seu embarazo.[28]

Carreira empresarial[editar | editar a fonte]

No 2000, Jenna Jameson e o seu mozo (Jay Grdina) crean ClubJenna.com. O portal ofrece inicialmente, fotos e vídeos, consellos para a vida en parella e até a posibilidade de adquirir accións da empresa recentemente creada. Axiña o sitio amplíase con contido que non se refire unicamente á actriz.

En 2001 inicia a produción de filmes porno so o selo ClubJenna.[5] Jameson participa nalgún deses filmes coma actriz ben en escenas lésbicas ben actuando co seu mozo, coñecido na industria X so o pseudónimo de Justin Sterling.[29] Briana Loves Jenna (2001), unha coprodución con Vivid é a primeira producida. É rodada en doce días e ten un custo inicial de 28.000 dólares atinxindo xerar máis dun millón de dólares de beneficio nun ano. É o filme máis alugado do 2001 e levouse dous premios AVN.[5][30] Progresivamente, a actriz foi perdendo protagonismo nos filmes da produtora a prol doutras actrices contratadas en exclusividade pola mesma, coma: Krystal Steal, Jesse Capelli, McKenzie Lee, Ashton Moore ou Sophia Rossi.

En 2005, a actriz produce e dirixe o seu primeiro filme "The Provocateur" que tivo a súa estrea so o nome Jenna's Provocateur setembro de 2006.[31] Ese mesmo ano, estímase que o capital da empresa acada os 30 millóns de dólares e que os seus beneficios están próximos aos 15 millóns de dólares.[5] A empresa posúe un panel publicitario de máis de 15 metros de alto sito en Times Square no que se anuncian todas as novidades da produtora.[14]

ClubJenna ofrece tamén, unha liña de xoguetes sexuais e videoxogos onde a actriz é a protagonista e cuxo obxectivo é que unha Jenna en 3D chegue ao orgasmo. Alén disto, administra máis de 150 páxinas oficiais de estrelas do porno.[32]

Outra área de negocio é a representada por Club Thrust, un sitio web interactivo destinado aos fans gai da actriz.[33]

En agosto de 2006 adquiriu Babes Cabaret, un local de striptease de Scottsdale (Arizona).[34] Porén, pouco despois da adquisición as autoridades locais se plantean prohibir o espido nos locais para adultos e prohibiren ás bailarinas achegárense a menos de 120 cm dos espectadores. Esta medida faría imposíbel o lap dance, principal fonte de ingresos das bailarinas.[35] Jenna combateu con forza a medida. O 12 de setembro de 2006 un referendo favorábel á postura defendida pola actriz rematou co debate.[36] Nesa mesma liña creouse o Vivid Club Jenna Super Bowl Party onde varias actrices so contrato con ClubJenna e con Vivid realizaban desfiles de lenzaría no "Zoo Club" un local de Detroit.

O 22 de xuño de 2006, Playboy Enterprises Inc. anuncia a compra de Club Jenna Inc. [37]

Intervencións fóra do porno[editar | editar a fonte]

Jenna Jameson desfilando para Heatherette durante Los Angeles Fashion Week nos "Smashbox Studios" en Culver City nos EUA o 15 de outubro de 2007.

Alén de ser moi coñecida dentro da industria do cinema X, a actriz ten tido unha forte presenza fóra dese medio atinxindo deste maneira achegar a pornografía ao gran público.[38]

En 1995, Jenna Jameson logra converterse nunha convidada habitual do programa de radio de Howard Stern.[5]

Uns anos despois intervén no seu primeiro filme convencional: 'Private Parts' (1997), facendo o papel de Mandy. Esta actuación sería a primeira dunha serie de participacións en filmes sen contido sexual. Ese mesmo ano aparece en Hardcore Heaven 97, un programa en pago por visión de l'Extreme Championship Wrestling. Xa en 1998 intervén en l'ECW Living Dangerously. A fins dos anos 90 presenta varias entregas do programa sobre viaxes Voyage Wild On! emitido por E!.

Así mesmo en 2001 a actriz intérnase no mundo da dobraxe ao emprestar a súa voz a un dos personaxes da serie Family Guy nun capítulo titulado "Brian Does Hollywood". En 2002, e xunto a Ron Jeremy protagonizan Porn 'n chicken,[39] un filme para a televisión onde se interpretan a eles mesmos. Tamén en 2002 Jenna aparece en dous videoxogos. Así empresta a súa voz a Candy Suxxx en Grand Theft Auto: Vice City. O outro videoxogo é Tony Hawk's Pro Skater 4. En 2003, aparece en dous episodios de Mister Sterling emitida pola NBC en "prime time" e na que era a noiva dun político.[7]

Decontino, é o éxito da súa autobiografia (2004) a que lle permite ter unha forte presenza nos medios grazas ás entrevistas que dará en canles coma a NBC, CNBC, Fox News e CNN.

En 2005 ten a súa estrea Evil Breed: The Legend of Samhainse, un filme de terror rodado 3 anos antes e no que tamén aparecen outras actrices porno coma Ginger Lynn. A esta sucederíana outras dúas cintas verbo do mesmo xénero : Sin-Jin Smyth (2006)[40] e Zombie Strippers (2008).

En xullo de 2006 convértese na primeira actriz porno en ter unha réplica de cera no prestixioso Museo Madame Tussauds.[41]

Premios[editar | editar a fonte]

Premios AVN.

  • 1996: Mellor actriz nova.
  • 1996: Mellor actriz (vídeo) - polo filme Wicked One.
  • 1996: Mellor escena de sexo en parella - polo filme Blue Movie con TT Boy.
  • 1997: Mellor escena de sexo en parella - polo filme Jenna Loves Rocco con Rocco Siffredi.
  • 1997: Mellor escena de sexo en parella (vídeo) - polo filme Conquest con Vince Vouyer.
  • 1998: Mellor escena lésbica - polo filme Satyr con Missy.
  • 2003: Mellor escena lésbica (vídeo) - polo filme I Dream Of Jenna con Autumn e Nikita Denise.
  • 2005: Mellor actriz - polo filme The Masseuse.
  • 2005: Mellor escena de sexo en parella - polo filme The Maseusse con Justin Sterling.
  • 2005: Mellor escena lésbica - polo filme The Maseusse con Savanna Samson.
  • 2006: Pantéon AVN (AVN Hall of Fame).
  • 2006: Mellor actriz secundaria - polo filme The New Devil In Miss Jones.
  • 2006: Mellor escena lésbica - polo filme The New Devil In Miss Jones con Savanna Samson.
  • 2006: Premio AVN por ser a personalidade do porno máis coñecida e involucrada fóra da industria X, nos medios e na cultura pop - (Crossover Star Of The Year).

Premios XRCO.

  • 1996: Mellor actriz do ano.
  • 2004: Mellor escena lésbica - polo filme My Plaything 2 con Carmen Luvana.
  • 2005: Panteón XRCO (XRCO Hall of Fame).

Premios F.A.M.E..

  • 2006: Actriz porno favorita dos fans.
  • 2006: Actriz porno co mellor corpo.
  • 2007: Actriz porno favorita da historia (nesta categoría competía tanto actrices como actores porno de todo o mundo e de todos os tempos polo premio).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jameson, a raíña do porno USA e empresaria online"". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2008. Consultado o 13 de novembro de 2008. 
  2. "Jenna Jameson as Perfomer"
  3. " Bella loves Jenna"
  4. "Jenna Provocateur"
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 ""The (Porn) Player"". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2008. 
  6. "The porn broker"
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 "Jenna Jameson:Born for Porn"
  8. 8,0 8,1 8,2 ""Jennasis"". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2007. Consultado o 13 de novembro de 2008. 
  9. 9,0 9,1 ""Jenna Jameson's Forbidden Desires"". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2006. Consultado o 13 de novembro de 2008. 
  10. 10,0 10,1 "How a Young Adult Star Turned Porn into Profit and Prominence"
  11. "Jenna explica a orixe do seu nome". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2014. Consultado o 13 de novembro de 2008. 
  12. "Jenna Jameson True Hollywood Story"
  13. Geller, J. (2006-05-01). "[Reseña do seu libro Women's Search for Love Through Sex] I'm No Saint: A Nasty Little Memoir of Love and Leaving * The Surrender: An Erotic Memoir * Confessions of a Video Vixen * How to Make Love Like a Porn Star: A Cautionary Tale". Psychiatric Services (en inglés) 57 (5): 729–730. ISSN 1075-2730. doi:10.1176/appi.ps.57.5.729. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 "At home with Jenna Jameson"
  15. ""Jenna Does Jenna"". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2006. Consultado o 22 de maio de 2006. 
  16. "Blue movie awards"
  17. Jenna Jameson retírase da industria de vídeos para adultos Arquivado 20 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. El Hispano News, 23 de agosto de 2007.
  18. Védeo de Jenna anunciando a súa retirada nos AVN 2008. 14 de xaneiro de 2008, YouTube
  19. Jenna Loves Diamonds Reviews
  20. Burn
  21. ""Manual de bos costumes (sexuais)"". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2008. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  22. ""How to Make Love Like a Porn Star" by Jenna Jameson". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2004. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  23. ""Jenna Jameson,best-selling author?"". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2005. Consultado o 09 de setembro de 2005. 
  24. ""Jenna Jammeson quere a Scarlett Johansson para…"". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2008. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  25. "Jenna Jameson: 'I chose the right profession'
  26. ""Understimulated"". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2007. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  27. ""How a Young Adult Star Turned Porn into Profit and Prominence"". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2005. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  28. ""Aos 33 anos, Jenna Jameson espera xemelgos"". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2008. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  29. "Justin Sterling"
  30. "Just Jenna Jameson"
  31. ""Jenna's Provocateur"". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2008. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  32. "Club Jenna, company overview"
  33. ""Club Jenna, NakedSword.com Unveil Jenna-Branded Gay Site – Club Thrust"". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2008. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  34. "Babes Cabaret adquired"
  35. " Nudity under threat"
  36. ""Scottsdale Bans Nudity in Clubs"". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2014. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  37. "Playboy/Club Jenna Deal May Signal Similar Acquisitions"
  38. "Jenna Jameson is askmen"
  39. ""Comedy Central"". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  40. ""Movie Review: Sneak Peek at Sin-Jin Smyth"". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2007. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  41. "Jenna Jameson make wax history"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]