Scarlett Johansson
| Scarlett Johansson | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de novembro de 1984 Nova York, |
Scarlett Johansson, nada en Nova York o 22 de novembro de 1984, é unha actriz americana.
[editar] Traxectoria
O seu pai, Karsten Johansson, é un arquitecto dinamarqués, o seu avó paterno, Ejner Johansson, era guionista e director. A súa nai, Melanie Sloan, provén duna familia xudía Americana do Bronx de orixe polaco-asquenací[1] e coñeceu a Karsten Johansson mentres viaxaba coa súa nai a Dinamarca.[2] Johansson ten unha irmá maior, Vanessa, que tamén é actriz; e un irmán maior, Adrian; tamén ten un irmán xemelgo, Hunter, e un medio irmán, Christian.
Saltou á fama en 1998 co seu papel en The Horse Whisperer ("O home que susurraba ós cabalos") e pouco a pouco foi gañando fama grazas a súa crítica polos seus papeis en Ghost World, Lost in Translation e Girl with a Pearl Earring ("A nena da perla"), o que lle levaron a dúas candidaturas ós Globos de ouro no 2003. Tamén foi nomeada a muller máis sexy e máis fermosa do cine actual por diversas publicacións.
[editar] Notas
- ↑ Neil Young's Film Lounge. Peter Webber on Girl with a Pearl Earring. Consultado o 12 de abril, 2006.
- ↑ The Jewish Forward. The Scarlett Grandma. Consultado o 12 de abril, 2006.