Striptease

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha bailaraina de striptease durante a súa función.

Un striptease, do inglés strip (espir) e tease (enganar), é un baile sensual, é dicir, un espectáculo no que a persoa que baila vai quitando a roupa sensualmente diante dos espectadores. Realizado xeralmente sobre dunha tarima, en cabarés ou clubs nocturnos, o striptease adoita facerse devagar para provocar no público o desexo dunha maior exhibición. Con ese obxectivo, o executante leva un maior número de prendas de roupa por baixo das primeiras pezas que quita, ou ben xoga a manter a roupa que vai quitando, deixando soamente entrever as partes do corpo que vai espindo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]