Ron Jeremy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ron Jeremy en outubro de 2005

Ron Jeremy, nado como Ron Jeremy Hyatt o 12 de marzo de 1953 en Long Island, Nova York, é un famoso actor porno estadounidense. Alcumado "The Hedgehog" (O Porcoespiño ou O Ourizo) polo seu "hirsutismo esférico", foi situado pola revista AVN no nº1 da súa lista das "100 Top Porn Stars of All Time" (Top 100 das Estrelas Pornográficas de tódolos tempos). Jeremy tamén ten feito aparicións en films non pornográficos con estudios como Troma Entertainment.

Gañou certa notoriedade por ser capaz de realizar autofelacións (sendo na película Inside Seka a súa primeira demostración na pantalla), se ben nunha entrevista de 2003 declarou que polo aumento de peso xa só pode bicar a punta do seu pene.

Biografía[editar | editar a fonte]

Jeremy naceu no seo dunha familia xudía de clase media alta. O seu pai Arnold foi un físico, e a súa nai unha redactora de libros, traballando ambos na O.S.S. durante a Segunda Guerra Mundial, ó falar ela alemán e francés.

Jeremy describiu a súa infancia como "o neno de en medio que ansia a aceptación universal e a aprobación".

Asistiu á Cardozo High School en Bayside, Queens. O antigo director da CIA, George Tenet e o actor Reginald VelJohnson foron compañeiros seus de clase. Licenciouse en educación e teatro e conseguíu unha mestría en educación especial no Queens College da Universidade da Cidade de Nova York. Tamén é membro da fraternidade internacional Tau Kappa Epsilon. Impartiu clases de educación especial na área de Nova York e foi profesor substituto para as clases regulares.

Carreira fílmica pornográfica[editar | editar a fonte]

Deixou o ensino (describiuse como un "as no burato") para traballar como actor en Nova York, e di que descubriu o gusto por non facer diñeiro como actor mentres "pasou fame no Off Broadway". Jeremy posou para Playgirl despois de que a súa entón moza presentara a súa foto á revista. A súa primeira aparición nun filme pornográfico foi nunha película de Chuck Vincent chamada Snap (aínda que máis tarde pasou a se titular COD. Comezou a usar o seu primeiro e segundo nome na industria adulta, despois da súa avoa Rose ser molestada por xente que a chamaba pensando que chamaban a Ron.

Bill Margold alcumouno "O Porcoespiño" despois dun accidente no set de Olympic Fever, filmada en 1979. Jeremy chegara en avión desde o estado de Nova York para filmar a película e se vestira con camiseta e pantalóns, esperando o momento ardente. Durante o seu paseo en motocicleta ata o set, localizado nas cercanías do lago Arrowhead nas montañas de California, o tempo empeorara, cunha ventisca que o enfriou ata levalo a unha hipotermia. Para chegar ó set, Jeremy foi levado inmediatamente a una ducha quente. Ó rematar, a súa pel adquirira unha tonalidade rosada polo cambio extremo de temperatura, e os pelos do seu cuerpo estaban ourizados durante o final. Os comentarios de Margold sobre Jeremy despois da ducha foron "É vostede un ourizo, meu amigo. Un paseo, ourizo parlante".

Jeremy aparce no Libro Guinness dos records por "Most Appearances in Adult Films" (Máis Aparicións en películas para adultos). A súa entrada na Internet Adult Film Database (IAFD) enumera máis de 1900 películas nas que actuou e 264 que dirixiu. Como mostra comparativa, John Holmes —a seguinte estrela masculina máis aproximada no AVN Top 50 porn stars,— só ten 384 entradas como actor de películas na IAFD.

Por un tempo, foi desprazado á "lista negra" da industria porno. Unha broma moi famosa dentro da industria naquel tempo foi “os actos kinkier que algunhas actrices non realizarían eran a bestialidade, o sadomasoquismo e o sexo con Jeremy”. Jeremy engordara considerablemente, e como os deportes non eran o seu, conservou un gran abdome, e a diferencia dalgúns dos seus colegas estrelas pornográficas masculinas, estaba totalmente fóra de forma. Porén, desde entón foi recoñecido pola súas contribucións á industria adulta, sendo investido tanto no Corredor da fama de AVN como no da XRCO. Tamén o traballo de Jeremy fíxolle gañar un punto no Adult Star Path of Fame (Sendeiro da Fama das Estrelas para Adultos) situada en Edison, Nova Jersey.

Aparicións non pornográficas[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Fóra da industria das películas para adultos, Jeremy traballou como “consultor especial” para a película de 1986 9½ Weeks. Tamén traballou como consultor na película de 1997, Boogie Nights, que narra a aparición da estrela porno ficticia Dirk Diggler (Mark Wahlberg), e apareceu na película de 1999 The Boondock Saints.

Tamén apareceu como extra en Ghostbusters (1984), interpretou a un anunciador de club de stripper masculino en Detroit Rock City, tivo un breve cameo en Killing Zoe, e representou a un malo principal en Orgazmo.

Televisión[editar | editar a fonte]

Jeremy apareceu na segunda temporada de A Vida Surrealista, un reality show de VH1, xunto con Vanilla Ice, Tammy Faye ou Erik Estrada entre outros, e na novena temporada de "Surreal Life Fame Games" (As Olimpiadas da Vida Surrealista), onde acabou en segundo lugar, detrás de Traci Bingham. Tamén apareceu nun episodio de Chappelle's Show, de Comedy Central. Tamén apareceu en Bullshit! de Penn and Teller, en episodios nos que falaba da ampliación e circuncisión do pene.

Jeremy tamén está implicado como cómico de repetición ("running gag") en Jim Rome Is Burning de ESPN e The Jim Rome Show de Premiere Radio Networks. Rome, que normalmente desprecia a industria do porno, ten un respecto recén descuberto por Jeremy por gravar a presentación dun programa dicindo "Este é Ron Jeremy, o adestrador dos Miami Heat, e estás vendo a Jim Rome Is Burning". Isto é unha referencia á asombrosa semellanza de Jeremy con Stan Van Gundy, antigo adestrador dos Miami Heat.

Música[editar | editar a fonte]

Jeremy apareceu en 14 videos musicais, máis que calquera outro actor porno. Estivo en videos de Sublime, Mercury Rev, Moby, Kid Rock, Everclear, Sam Kinison, Guns N' Roses, Rottweiler Hundar e A Day To Remember. Ademais, lanzou un sinxelo de rap chamado "Freak Of The Week" que estivo nas listas de Billboard durante 27 semanas.

Video[editar | editar a fonte]

Jeremy comezou recentemente a aparecer nunha serie de videos virais facendo mofa do sitio web de video sharing Heavy.com. Os videos amosados inclúen entre outros a lonelygirl15, Little Superstar.

Anuncio publicitario[editar | editar a fonte]

Como unha remota indicación do seu estado de celebridade polifacética, Jeremy posou para un anuncio de People for the Ethical Treatment of Animals (PETA) para levantar a conciencia da superpoboación de animais domesticados. No cartel Ron aparenta estar parcialmente nu sobre unha cama, cun par de esposas arredor das bonecas. Ríndose da súa prolífica notoriedade, o título do anuncio exclama "Too much sex can be a bad thing. Spay and neuter your cats and dogs" (Demasiado sexo pode ser unha cousa mala. Esteriliza e neutraliza ós teus gatos e cans).

Libros[editar | editar a fonte]

Jeremy escribiu as súas memorias coa axuda dun "negro" (escritor pantasma). O libro, titulado "Ron Jeremy: The Hardest (Working) Man in Showbiz", foi publicado por HarperCollins en febreiro de 2007.

Discurso público[editar | editar a fonte]

En 2005 Jeremy apareceu nos medios cando foi invitado a dirixir a Oxford Union. Segundo o bibliotecario da unión, Vladimir Bermant, "Ron é o máis grande e ó parecer o mellor no seu negocio, entón estou seguro de que terá algunhas historias fascinantes para contar". O seu discurso, defendendo a pornografía, foi ben recibido [1] [2] .

En 2006 comezou unha serie de debates sobre o Pastor Craig Gross, fundador dun sitio web antipornografía [3], visitando varios campus de colexios e universidades como parte do "Porn Debate Tour" [4] .

Filmografía parcial[editar | editar a fonte]

Dirixido por John Frankenheimer

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Banging on at Oxford" (en inglés). World News. The Sydney Morning Herald.. martes 1 de marzo de 2005. http://www.smh.com.au/news/World/Banging-on-at-Oxford/2005/03/01/1109546840571.html. 
  2. Matt Trueman (Jueves 5 de maio de 2005). "At It Like 'The Hedgehog'" (en inglés). The Oxford Student. Oxford Student Services Limited. http://www.oxfordstudent.com/tt2005wk2/Features/at_it_like_'the_hedgehog'. 
  3. "XXX Church.com The #1 Christian Porn Site" (en inglés). http://xxxchurch.com/. 
  4. Jacob Watta (Martes 7 de novembro de 2006). "Jeremy, Gross to grapple with issue of pornography" (en inglés). Accent. The Penn. http://www.thepenn.org/home/index.cfm?event=displayArticle&ustory_id=abb9b48e-1878-4941-a735-8e5eedd30e79. 
  5. Peter Warren (sábado 24 de xuño de 2006). "About the 2006 FAME Awards" (en inglés). AVN. Arquivado do orixinal o 24 de xuño de 2006. http://www.thefameawards.com/2006/press.aspx. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ron Jeremy

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]