Jean Auguste Dominique Ingres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean Auguste Dominique Ingres

Jean Auguste Dominique Ingres, máis coñecido como Dominique Ingres, (Montauban, 29 de agosto de 1780París; 14 de xaneiro de 1867), pintor francés. O seu estilo pitórico chamouse ingrismo.

Biografía[editar | editar a fonte]

Dominique Ingres naceu en Montauban, no departamento de Tarn-et-Garonne. A unha idade temperá, o seu pai escultor, decatouse do talento pitórico que Ingres posuía, favorecendo as súas aspiracións artísticas. Con 11 anos, ingresou na academia de Tolosa (1791), onde se formou con maestros como o pintor Roques e o escultor Vigan. En 1796 mudouse a París para estudar baixo a dirección de Jacques Louis David, porén, o seu frío clasicismo non encaixou co ideal de beleza que Dominique tiña, fundado nas difíciles armonías de liñas e cores.

En 1801, gañou o primeiro Premio de Roma con Aquiles recibindo ós embaixadores de Agamenón. Realizou numerosos debuxos e retratos como A familia Riviére (1805); Granet, A fermosa Celia; Napoleón entronizado (1806).

En 1806, Ingres marchou a Roma, onde permaneceu 18 anos, alí descubriu a Rafael e ao Quattrocento italiano os cales marcarían o seu estilo. A partir desta época levaría a cabo os seus traballos máis fecundos, volutuosos espidos femininos, entre os que destaca A bañista; paisaxes, debuxos, retratos, e composicións históricas e relixiosas tratadas ao xeito das mitoloxías históricas: Xoana de Arco, A virxe da hostia, Xesús entre os seus doctores, Cristo entregando a San Pedro as chaves do reino (1820). A pesares do seu éxito en Italia, os seus cadros non gustan na súa Francia, onde reciben duras críticas, polo que decide quedarse en Roma.

En 1813 casou con Madeleine Chapelle, á que lle adicou a obra: Il fidanzamento di Raffaello, na que o pintor incorpora á amante de Rafael, a famosa Fornarina.

A grande odalisca, Museo do Louvre

Trala caída de Napoleón, as dificultades económicas e familiares constitúen para Ingres un período bastante mísero durante o cal pinta con desgana todo o que se lle encarga. En 1820 instálase en Florencia e, coa presentación en Francia, do seu lienzo O voto de Luis XIII,(1824), realizado para a Catedral de Montauban, acadou un grande éxito nos salóns de París.

Entre 1834 e 1840 foi nomeado director da Academia de Francia en Roma.

En 1841 volveu a París onde obtivo unha forte acollida e se lle encargou a decoración das vidrieiras da Capela da Notre Dame. En 1846 espuxo por primeira vez na Galería de Belas Artes, trala cal, foi nomeado membro da comisión xunto con Delacroix. En 1849 presentou a súa dimisión motivada polo falecemento da súa dona.

Debido a unha enfermidade que lle afectou ós ollos, no seu derradeiro período, Ingres veuse obrigado a valerse dalgúns dos seus colaboradores para rematares as obras pertencentes ao seu período maduro, caracterizado pola busca da perfección das formas.

En 1852, Ingres casou por segunda vez con Delphine Ramel. En 1862 foi nomeado Senador.

A prodixiosa galería de retratos que deixou, constitúe un testemuño moi valioso da sociedade burguesa do seu tempo, do espírito e os costumes dunha determinada clase á que él pertenencía reflectindo as virtudes e os límites.

Ingres estudou música, disciplina na que tamén destacou. Durante unha tempada foi segundo violinista na orquestra do Capitolio de Tolosa; deste pasatempo provén a expresión: violón de Ingres

Ingres finou aos oitenta e sete anos. Na actualidade atópase aterrado na cidade de Montauban, a cal lle adicou un museo instalado no seu taller: o Museo Ingres. Amaury Duval foi o seu primeiro alumno.

Principais traballos[editar | editar a fonte]

Xoana de Arco na coroación de Carlos VII (1854).
A fonte (1856)

A súa obra divídese, esencialmente, en tres xéneros:

  • A pintura histórica, sobre todo a partir da súa estancia en Italia.
  • Os retratos, adína que considerou este xénero como menor durante a súa xuventude.
  • Os espidos femininos, de líñas sinuosas, debuxo exacto e pureza de formas.

Algunhas das súas obras máis importantes son:

  • A gran bañista ( chamada Valpinçon, 1808, Louvre), amosa o torso dun espido feminino cun grande refinamento de contornos e cores, a muller está iluminada polos reflexos da toalla e do turbante que limita con liñas arabescas. Esta bañista é a primeira dunha serie que realizaría ao longo da súa carreira.
  • A grande odalisca (1814, Louvre), foi encargada como un medallón para a dormilona de Nápoles (1808, (perdido). Representa á muller dun harén recostada volutuosamente nun diván, cunha pose que lembra a Madame Récamier, de David, da que Ingres pintou os accesorios.
  • O baño turco (1862, Louvre), representa a un grupo de mulleres espidas nun harén.

Posteridade[editar | editar a fonte]

Ingres ensinou directamente ós alumnos, o máis coñecido foi Théodore Chassériau. A súa influencia deixouse sentir entre os mellores impresionistas, destacando Edgar Degas quen tiña vinte cadros do pintor.

No século XX, Pablo Picasso, tomou, para algúns dos seus cuadros, moitas referencias de Ingres, en especial para A grande odalisca despois de Ingres pintada en 1907. Noutro estilo, Man Ray, retomou o tema dos torsos espidos no seu Violón de Ingres (1920), fotografía dunha modelo espida sobre a cal trazou os oídos do intrumento musical.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dominique Ingres