Jacques-Louis David
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa arte que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Jacques-Louis David (30 de agosto de 1748 - 29 de decembro de 1825) foi un pintor francés de bastante influencia no estilo neoclásico. Buscou a inspiración nos modelos escultóricos e mitolóxicos gregos, baseándose na austeridade e severidade, algo que cadraba co clima moral dos últimos anos do antigo réxime.
Máis adiante David chegou a ser un activo participante na Revolución Francesa así coma amigo de Maximilien de Robespierre; en realidade foi o líder das artes baixo a República Francesa. Pechado no cárcere trala caída do poder de Robespierre, máis tarde aliñouse co advenimento doutro réxime político, o de Napoleón Bonaparte. Foi nesta época cando desenvolveu o seu Estilo Imperio, notable polo uso de cores cálidas ó estilo Veneciano. Entre os seus numerosos alumnos cabe destacar a Antoine-Jean Gros, Anne-Louis Girodet de Roucy-Triosson e o máis coñecido de todos: Jean Auguste Dominique Ingres. Isto fíxolle ser o pintor máis influente do arte Francés doséculo XIX, especialmente nas pinturas académicas.