Enemy at the Gates

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enemy at the Gates
Título orixinal Enemy at the Gates
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Jean-Jacques Annaud
Produtor Jean-Jacques Annaud
John D. Schofield
Guión Jean-Jacques Annaud
Alain Godard
Baseado en Enemy at the Gates: The Battle for Stalingrad de William Craig
Intérpretes Jude Law
Ed Harris
Rachel Weisz
Joseph Fiennes
Bob Hoskins
Gabriel Thompson
Música James Horner
Fotografía Robert Fraisse
Montaxe Noëlle Boisson
Humphrey Dixon
Estudio Mandalay Pictures
Distribuidor Paramount Pictures (EUA)
Pathé (RU, Francia)
Ano 2001
Duración 131 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Flag of France.svg Francia
Alemaña Alemaña
Reino Unido Reino Unido
Irlanda Irlanda
Xénero Bélica
Orzamento $68.000.000[1]
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

Enemy at the Gates (en galego Inimigo ás Portas ) é unha película bélica, dirixida por Jean-Jacques Annaud, que relata a historia de dous francotiradores opostos, na Segunda Guerra Mundial; Vasily Zaitsev polo lado soviético, e König polo lado alemán durante a Batalla de Stalingrado en 1942.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Modesto e reservado, Vasili Zaitsev é un home corrente, o típico campesiño ruso que simplemente cumpre co seu deber coa Nai Patria e está ademais dotado cunha habelencia extraordinaria no tiro co rifle. Ao chegar a Stalingrado, vive en persoa o concepto de "carne de canón".

Non obstante, Danilov, un oficial encargado da propaganda soviética, dáse conta do enorme valor deste modesto pastor e converte o sinxelo soldado dos Urais nun heroe nacional tras salvarlle a vida na praza vermella de Stalingrado.

Tras unha vaga de derrotas a mans dos alemáns, a Unión Soviética está a piques do colapso e a perda de Stalingrado podería asegurar aos alemáns a vitoria final no Cáucaso. O mesmo Iósif Stalin envía a Nikita Jrushchov para supervisar a defensa da cidade. O valente exemplo de Vasili, convenientemente realzado por Danilov, anima as tropas a seguila loita contra dunhas forzas moi superiores e a resistilas a costa dunha enorme perda de soldados. Porén, Danilov mostrará axiña os seus celos do home que creou cando, no medio da guerra, ambos os dous se namoran de Tanya, unha das moitas intrépidas mulleres soldado que loitan ao lado dos homes. Tanya é unha fermosa intérprete rusa do idioma alemán que, perante os dous pretendentes, escolle a Zaitzev como o seu home. Tanya sen querer, desata unha guerra persoal entre Danilov e Zaitsev polo seu amor.

Os detalles da trama e/ou do argumento rematan aquí.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Enemy at the Gates". Box Office Mojo. Arquivado do orixinal o 12 de abril de 2010. http://www.webcitation.org/5bB1UIUVV.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]