James Iha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Iha
James Iha.jpg
Nome completo James Yoshinobu Iha
Naceu 26 de marzo de 1968 (46 anos)
Orixe Chicago, Illinois. Estados Unidos Flag of the United States.svg
Ocupación (s) músico
Xénero rock alternativo
Instrumento(s) guitarra, voz
Relacionado con The Smashing Pumpkins, A Perfect Circle, Starchildren, Vanessa and the O's, Tinted Windows

James Yoshinobu Iha naceu o 26 de marzo de 1968 en Chicago, Illinois. Actualmente é un dos guitarristas da banda de rock A Perfect Circle. Tamén tocou en The Smashing Pumpkins, da que foi fundador xunto con Billy Corgan, ata o ano 2000 e sacou un disco en solitario en 1998, titulado Let It Come Down. No ano 2009 fundou o supergrupo Tinted Windows ao lado de membros de Cheap Trick, Fountains of Wayne e Hanson.

Biografía[editar | editar a fonte]

Iha asistíu ao instituto de Elk Grove High School en Elk Grove Village, Illinois, o mesmo pobo no cal nacera o guitarrista e cantante de The Smashing Pumpkins Billy Corgan. Ao igual que Billy, el tamén tiña un irmán cunha deficiencia mental. Actualmente vive en Manhattan e posúe, xunto coa súa ex-moza e antiga baixista de The Smashing Pumpkins D'Arcy Wretzky e Adam Schlesinger de Fountains of Wayne, o selo independente Scratchie Records. Entre as bandas contratadas polo selo están Fountains of Wayne, The Frogs e Fulflej.

The Smashing Pumpkins[editar | editar a fonte]

Na banda de Chicago Iha escribiu ou co-escribiu parte dos temas do grupo, entre eles, "Blew Away" no Pisces Iscariot, "Bugg Superstar" no Vieuphoria, "Take Me Down" no Mellon Collie and the Infinite Sadness, "...Said Sadly", "Believe", "The Boy", e "The Bells" en The Aeroplane Flies High, "Summer" no sinxelo de "Perfect" e "Go" para o MACHINA II/Friends and Enemies of Modern Music. Co-escribiu con Billy Corgan "I Am One" do Gish, "Soma" e "Mayonaise" no Siamese Dream, "Plume" no Pisces Iscariot e "Farewell and Goodnight" do Mellon Collie and the Infinite Sadness. Tamén canta en "Take Me Down", así como na versións de The Cure "A Night Like This" e de Syd Barrett "Terrapin".

Despois dos Pumpkins[editar | editar a fonte]

Dende a separación de The Smashing Pumpkins no ano 2000 Iha participou en moitos proxectos. Continuou contribuíndo en gravacións doutros artistas, como en "Don't Be Sad" do álbum Pneumonia da banda Whiskeytown, editado no 2001; e fixo algunhas actuacións con Ivy.

En xullo do 2003 uníuse a A Perfect Circle, durante a xira do álbum Thirteenth Step. Dende entón apareceu no álbum do 2004 eMOTIVe e contribuiu nas remesturas de "Blue" e "The Outsider". En 2003 xuntouse tamén á banda Vanessa and the O's, que editou o EP Plus Rien en Suecia ese ano.

Iha tamén colaborou e produciu dous temas co músico xaponés Chara, no seu álbum do 2001 MADRIGAL. As cancións son "Boku ni Utsushite" e "Skirt".

Recentemente Iha colaborou en proxectos en Xapón, tanto musicais como de deseño. Coa axuda do amigo e manager Isao Izutsu, Iha creou a marca de roupa Vapor no 2001. Iha tamén fixo a música para a película xaponesa Linda, Linda, Linda, que saiu a finais do verán do 2005.

O 17 de febreiro do 2009 anunciouse que James Iha, xunto co vocalista Taylor Hanson, o baixista de Fountains Of Wayne Adam Schlesinger, e o batería de Cheap Trick Bun E. Carlos, formara unha nova banda chamada Tinted Windows.

Discografía en solitario[editar | editar a fonte]

  • Let It Come Down (álbum) (1998)
  • "Be Strong Now" (sinxelo) (1998)
  • "Jealousy" (sinxelo de promoción só editado no Reino Unido) (1998)