Bullet with Butterfly Wings
| "Bullet with Butterfly Wings" | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Sinxelo de The Smashing Pumpkins | |||||
| do álbum 'Mellon Collie and the Infinite Sadness' | |||||
| Lanzamento | outubro de 1995 | ||||
| Formato | {{{formato}}} | ||||
| Gravada | 1995 | ||||
| Xénero musical | rock alternativo | ||||
| Duración | 4:16 | ||||
| Discográfica | Virgin Records | ||||
| Produtor(es) | Flood, Alan Moulder e Billy Corgan | ||||
| Escritor(es) | Billy Corgan | ||||
| Cronoloxía | |||||
|
|||||
| Miscelanea | {{{miscelanea}}} | ||||
"Bullet with Butterfly Wings" é unha canción de The Smashing Pumpkins. Apareceu orixinalmente no seu álbum de 1995 Mellon Collie and the Infinite Sadness, do cal foi o seu principal sinxelo. Este sinxelo formou parte posteriormente do box set The Aeroplane Flies High, e o tema aparece tamén no álbum de grandes éxitos Rotten Apples. A canción gañou en 1997 o Grammy á mellor actuación de Hard Rock. "Bullet with Butterfly Wings" foi o primeiro hit da banda en entrar no Top 40 estadounidense, chegando ao número 22 na Billboard Hot 100.
Índice |
Video [editar]
O video musical da canción, dirixido por Samuel Bayer, ten fortes elementos conceptuais. A parte visual do video está inspirada en documentais sobre minas de diamantes, mentras que, en contraste, a banda usa o video para estrear o seu novo aspecto glam rock, destacando Billy Corgan coa súa camisela negra coa palabra "Zero" en prata, e os seus pantalóns prateados. O video tamén é o último antes de que Corgan decidise raparse a cabeza.
Listaxe de cancións [editar]
Listado do sinxelo [editar]
Os seguintes temas aparecen no sinxelo orixinal:
- "Bullet with Butterfly Wings" (Billy Corgan) - 4:16
- "...Said Sadly" (James Iha) - 3:09
Listado do The Aeroplane Flies High [editar]
- "Bullet with Butterfly Wings" (Corgan) - 4:16
- "...Said Sadly" (Iha) - 3:09
- "You're All I've Got Tonight" (Ric Ocasek) - 3:10
- "Clones (We're All)" (David Carron) - 2:43
- "A Night Like This" (Robert Smith) - 3:36
- "Destination Unknown" (Dale Bozzio/Terry Bozzio/Warren Cuccurullo) - 4:14
- "Dreaming" (Debbie Harry/Chris Stein) - 5:11
Aparición noutros medios [editar]
A canción foi usada lixeiramente modificada como cabeceira do programa de televisión Animal Planet na súa serie Whale Wars, o cal seguía á tripulación do barco da Sea Shepherd Conservation Society Steve Irwin na súa persecución ao cazadores de baleas xaponeses. O tema tamén se inclue no capítulo de South Park Whale Whores que parodia a Whale Wars'.
"Weird Al" Yankovic parodiou a canción en "The Alternative Polka" do se álbum Bad Hair Day.
|
|||||||||||||||||||||||||||||