Maynard James Keenan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maynard James Keenan
Maynard ruisrock2006.jpg
Maynard James Keenan nun concerto en Turku, Finlandia, no 2006
Nome completo James Herbert Keenan
Naceu 17 de abril de 1964 (50 anos)
Orixe Ravenna Ohio Flag of the United States.svg
Relacionado con TexA.N.S., Children of the Anachronistic Dynasty, Tool, Green Jellÿ, Tapeworm, A Perfect Circle, Puscifer
Tempo en activo 1984 - actualidade

James Herbert Keenan, coñecido como Maynard James Keenan, nado en Ravenna (Ohio) o 17 de abril de 1964, é un músico, compositor, produtor, actor e vinicultor estadounidense. É o vocalista de Tool dende 1990 e de A Perfect Circle dende 1999. Ademais participa en Puscifer e foi membro do proxecto paralelo de Nine Inch Nails Tapeworm.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e formación[editar | editar a fonte]

Keenan naceu nunha familia baptista. Durante a súa infancia vivíu en Ohio, Michigan, Nova Jersey, Nova York, Oklahoma, Kansas e Texas. En 1982 uníuse ao exército, e estudou na academia de West Point de 1983 a 1984. As referencias ao seu código de honra "non mentirei, enganarei, ou roubarei, ou tolerarei a aqueles que o fagan", incluídas no tema "Intolerance" do álbum Undertow probablemente deriven desta experiencia, ao igual que o nombre da banda, Tool (ferramenta, nome que lle daban na academia aos novos reclutas).

Deixou o exército para estudar arte na escola de arte e deseño Kendall College en Grand Rapids, Michigan, a cal conseguíulle un traballo eventual nos Ánxeles "aplicando conceptos de deseño espacial" en tendas de mascotas. Antes dos seus tempos con Tool, Keenan cantou con Children of the Anachronistic Dynasty, e tocou o baixo para TexAns.

Tool[editar | editar a fonte]

Finalmente mudouse aos Ánxeles, aparentemente para traballar como deseñador de interiores. Alí formou Tool co guitarrista Adam Jones e o baixista Paul D'Amour (posteriormente reemprazado por Justin Chancellor). A formación non estivo completa ata que o veciño de Keenan, o batería Danny Carey, accedeu a unirse á banda.

Eles editaron o EP Opiate en 1992 e estiveron de xira coas bandas amigas Fishbone e Rage Against the Machine. Pouco despois chegou o álbum de debut da banda, Undertow, editado en 1993, o cal lanzou á banda ao éxito. As letras e voces de Keenan soaban melódicas, severas e cheas de angustia. Coa evolución da música de Tool, obsérvase nas súas letras unha incrementada introspección, e estas amósanse coma espirituais pezas de arte que non só se centran na carraxe e a ira, senón que ademais o fan nos aspectos positivos e beneficiadores que xorden ao transcender delo.

A Perfect Circle[editar | editar a fonte]

Despois da edición de Ænima a banda víuse envolta nunha longa batalla legal con Volcano Records (anteriormente Zoo Records). Despois desa batalla, que rematou cun contrato por tres discos máis, os compoñentes de Tool decidiron tomarse un tempo de descanso. Durante este tempo, Keenan fundou, xunto con Billy Howerdel, a banda A Perfect Circle. Este novo proxecto comezou as súas actuacións en 1999 e editou o seu primeiro traballo, Mer de Noms, no ano 2000. O segundo traballo de A Perfect Circle, Thirteenth Step saíu en 2003, e, un anos despois, editaron un disco de versións titulado eMOTIVe.

Outras colaboracións[editar | editar a fonte]

En 1997 fixo un concerto para a asociación RAINN (asociación anti-abusos sexuais) de Tori Amos. En febreiro de 2005, Keenan apareceu por sopresa para cantar nun concerto en Seattle en prol das vítimas do tsunami ocorrido no sudeste asiático semanas antes. Interpretou, coa retornada Alice in Chains, en substitución do seu falecido vocalista Layne Staley, as cancións "Them Bones" e "Man in the Box."

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Keenan está solteiro e ten un fillo chamado Devo (nacido o 5 de agosto de 1995). Estivo prometido con Jennifer Ferguson, pero romperon a relación pouco antes de casar.

O novo proxecto de Keenan é a produción de viño. El posúe os viñedos Merkin e as bodegas Caduceus, con base na area de Page Springs/Cornville, en Arizona. No mes de marzo do ano 2010 estreouse Blood Into Wine, un documental que fala sobre a industria do viño en Arizona e que se centra en Keenan e Eric Glomski e na súa marca Caduceus.