Tapeworm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tapeworm
Orixe Estados Unidos, Flag of the United States.svg
Período 1995 – 2004


Tapeworm foi un proxecto paralelo de Nine Inch Nails que existiu con varias formas entre 1995 e 2004. Tapeworm nunca editou ningún material, pero fíxose referencia á banda en varias entrevistas. O grupo iniciouse como un proxecto paralelo entre o líder de Nine Inch Nails Trent Reznor e os membros da banda ao vivo Danny Lohner e Charlie Clouser. Ao longo dos anos fóronselle unindo distintos artistas como Maynard James Keenan, Atticus Ross e Alan Moulder, transformando o proxecto nun supergrupo. Despois de moitos anos de rumores e de agardar algúnha edición da banda, Reznor anunciou o fin do proxecto no ano 2004.