Lisa Harriton
| Lisa Harriton | |
|---|---|
| Nome completo | Lisa Rae Harriton |
| Alias | |
| Naceu | 18 de novembro de 1980 (32 anos) |
| Orixe | Londres, Inglaterra |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | músico |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | piano, voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | The Smashing Pumpkins, Adam Lambert, Kesha |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Lisa Rae Harriton (18 de novembro de 1980, Londres) é unha música inglesa, que toca os teclados e faille os coros á banda de rock alternativo The Smashing Pumpkins dende o 2007. Harriton tamén é vocalista e compositora facendo unha mestura entre soul e pop influenciado polo jazz e a world music. Harriton comezou a súa carreira como vocalista de estudio con 8 anos de idade, facendo traballos para Disney, Integrity Media e Word Records.
Índice |
Traxectoria [editar]
Harriton asistiu e completou estudios de piano clásico na Royal Schools of Music de Londres, e completou ademais estudios de piano de jazz na University of Southern California en maio do 2004.
Actuou en clubes de jazz en China, Xapón, Perú e os Estados Unidos e traballou con músicos como Ingrid Jensen e Ernie Watts.
A súa nai, Terry Harriton, é unha vocalista de estudio en Los Angeles, o seu pai, Michael Harriton, é compositor e músico, e o seu irmán maior Steven tamén é músico.
Recentemente apareceu nos American Music Awards do 2009 con Adam Lambert yocando os teclados, e tamén apareceu con Adam nos programas CBS Early Show, Late Night with David Letterman e The View.
The Smashing Pumpkins [editar]
O 22 de maio do 2007, no clube Le Grand Rex de París, deuse a coñecer como teclista e corista de xira da reformada The Smashing Pumpkins. Harriton aparece nos videos de "Tarantula" e "That's the Way (My Love Is)". O 9 de marzo do 2010 Billy Corgan, líder da banda, comezou a realizar audicións para un teclista con vistas ao seguinte traballo do grupo, Teargarden by Kaleidyscope.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||||