Tool

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tool
Tool no Roskilde Festival do 2006
OrixeOs Ánxeles (California), Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1990 - presente
Xénero(s)metal progresivo, metal alternativo, rock alternativo, art rock
Selo(s) discográfico(s)Zoo Entertainment, Volcano II
MembrosDanny Carey
Justin Chancellor
Maynard James Keenan
Adam Jones
Antigos membrosPaul D'Amour
Na rede
http://www.toolband.com/
IMDB: nm3075719 Facebook: ToolMusic Twitter: Tool Instagram: toolmusic MySpace: tool Youtube: UC1wUo-29zS7m_Jp-U_xYcFQ Souncloud: officialtool Spotify: 2yEwvVSSSUkcLeSTNyHKh8 iTunes: 140870416 Last fm: Tool Musicbrainz: 66fc5bf8-daa4-4241-b378-9bc9077939d2 Songkick: 521019 Discogs: 87016 Allmusic: mn0000790820 Deezer: 689 Genius: Tool Editar o valor em Wikidata

Tool é unha banda de metal progresivo estadounidense formada en 1990 nos Ánxeles (California). A súa formación actual está composta por Maynard James Keenan (voz), Adam Jones (guitarra), Danny Carey (batería) e Justin Chancellor (baixo). Este último substituíu o baixista orixinal da banda, Paul D'Amour, en 1995. Tool gañou tres premios Grammy, realizou xiras por todo o mundo, e produciu álbums que chegaron ao número 1 das listas de varios países.

Ata a data a banda publicou cinco álbums de estudio, un EP e un box set. Tool comezou facendo un son heavy metal no seu primeiro álbum de estudio, Undertow (1993), e posteriormente converteuse nunha importante banda da escena do metal alternativo coa edición do seu segundo traballo en 1996, Ænima. Os seus esforzos por unir a experimentación musical, as artes visuais e unha mensaxe de evolución persoal continuaron con Lateralus (2001), e 10,000 Days (2006), conseguindo un gran éxito de crítica e público en todo o mundo. O seu quinto álbum, Fear Inoculum, o primeiro en 13 anos, foi editado o 30 de agosto de 2019 con boas críticas. Antes do seu lanzamento a banda levaba vendidos máis de 13 millóns de álbums só nos Estados Unidos.[1]

Debido á incorporación de artes visuais por parte de Tool e ao lanzamento de traballos longos e complexos, a banda é normalmente descrita como un grupo que transcende estilos e é parte do rock progresivo, do rock psicodélico e do art rock. A relación entre a banda e a industria musical actual é ambivalente, ás veces marcada pola censura e a insistencia do grupo na súa privacidade.

Historia[editar | editar a fonte]

Formación da banda[editar | editar a fonte]

Durante os anos 80 cada un dos futuros membros de Tool mudáronse aos Ánxeles. Tanto Paul D'Amour como Adam Jones querían entrar na industria do cine, mentres que Maynard James Keenan atopou traballo decorando tendas de mascotas despois de estudar artes visuais no Kendall College of Art and Design en Míchigan.[2] Danny Carey e Keenan tocaban na banda Green Jellÿ,[2] e Carey tocaba con Carole King e en Pigmy Love Circus.[3]

A historia de Tool comeza en 1989 cando Keenan coñeceu a Jones grazas a un amigo común.[4] Os dous descubriron ter outra cousa en común á parte da fascinación pola arte contemporánea, a música. Despois de que Keenan lle puxese unha cinta a Jones co seu proxecto anterior, Jones quedou tan impresionado que finalmente falou co seu amigo para formar a súa propia banda.[4] Maynard e Adam comezaron a tocar xuntos e comezaron a buscar un baixista e un batería. Danny Carey, veciño de Maynard, foi presentado a Jones por Tom Morello, amigo deste do instituto e co quen tocara nunha banda chamada Electric Sheep.[5] Carey comezou a tocar a batería con Maynard e Adam xa que sentía pena dos dous por non achar a ninguén para tocar porque as persoas que chamaban nunca volvían ou nin sequera aparecían.[6]

Na mesma época, Paul D'Amour mudárase aos Ánxeles para traballar no cine (área na que Adam Jones estaba traballando, realizando efectos especiais para Terminator 2, Jurassic Park e Predator 2). Paul era realmente guitarrista, e xa estaba desistindo de ser músico cando un amigo presentoulle a Adam Jones, que o convidou para tocar.[7] Unha curiosidade é que D'Amour estaba sempre de mal humor, e a sonoridade das cancións encaixou perfectamente coa súa personalidade. Coa banda formada comezaron a ensaiar regularmente na casa de Danny Carey. Despois de case chamarse Toolshed escolleron ser sinxelamente Tool, polo feito de querer que a súa música fose unha "ferramenta" para a comprensión da "lacrimoloxía", a "ciencia do choro" como terapia, que consiste en evolucionar explorando a súa dor física e emocional.[8]

Despois de case dous anos de ensaios e de realizar concertos pola área dos Ánxeles as compañías discográficas comezaron a interesarse pola banda.[4] e comezaron tamén a abrir concertos para a Rollins Band, Rage Against the Machine e Fishbone. Finalmente o grupo acabou asinando un contrato co selo Zoo Entertainment.[7] Nesa época gravaron demos das cancións "Cold & Ugly", "Hush", "Part Of Me", "Jerk-Off", "Crawl Away" e "Sober". De todas, só as catro primeiras entrarían no EP Opiate, lanzado en marzo de 1992 a través de Zoo Entertainment, xunto cos temas "Sweat" e "Opiate". Os membros de Tool declararon que erraran de certa maneira ao escoller os temas do EP, xustamente porque só puxeran as composicións máis pesadas e curtas, e todos os que o oíron considerábanos unha banda de thrash metal.[9] Porén, a banda conseguiu unhas boas vendas con Opiate debido a este feito. Tool gravou un vídeo musical "Hush" (dirixido por Ken Andrews, de Failure), onde os membros da banda aparecen amordazados e nus, cunha placa escrita: "Parental Advisory: Explicit Parts" cubrindo os seus xenitais e con cinta tapando as súas bocas.[10] Ten sentido, dende que a canción fala sobre a censura. O vídeo non foi lanzado de maneira oficial, polo feito de que a MTV nunca pasaría un clip con este contido na época. Pero iso non impediu que o tema "Sweat" aparecese na banda sonora da película 2013: Rescate en L.A.[11] Tool comezou a abrir concertos para Rollins Band, Rage Against the Machine e Fishbone, White Zombie e Corrosion of Conformity,[12][13][14] conseguindo unha resposta moi positiva.

Undertow[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Undertow.

No ano seguinte, nun momento no que o rock alternativo e o grunge estaban no máis alto, Tool publicou o seu primeiro álbum, Undertow. En abril de o traballo chegou ás tendas, ou polo menos unha versión "domesticada" do primeiro álbum de Tool xa que algunhas cambiaron a portada orixinal (un debuxo dunha escultura de Adam Jones, unha especie de caixa torácica vermella con costelas en forma de tentáculos) por un código de barras xigante. A parte interior e traseira do libreto tiñan fotos como unha muller extremadamente obesa núa e soa, e outra foto da mesma muller cun home nu deitado sobre ela, á parte dunha radiografía cun enorme vibrador dentro dunha cavidade anal. En edicións non censuradas, existen tamén fotos dunha vaca lambendo os seus xenitais e un porco empalado por unha serie de garfos (esta é unha montaxe). [15]

Undertow ten máis diversidade que Opiate ao incluír cancións que a banda decidira non publicar no EP, onde optaron por un son máis pesado.[9] A banda iniciou unha xira que incluíu varios concertos no Lollapalooza, onde pasaron do escenario secundario ao principal grazas ao seu representante e cofundador do festival Ted Gardner.[16] No último concerto do Lollapalooza nos Ánxeles o cómico Bill Hicks presentou á banda. Hicks fixérase amigo dos membros de Tool e era unha influencia para eles, sendo mencionado no libreto de Undertow.[17] A popularidade gañada tras estes concertos impulsou as vendas do álbum que foi certificado ouro pola RIAA en setembro de 1993 e platino en 1995,[18] a pesar da censura das portadas dalgúns ditribuidores como Wal-Mart.[19][20] O sinxelo "Sober" converteuse nun éxito en marzo de 1994 e gañou o premio da Billboard ao "Mellor video dun novo artista" polo vídeo musical en stop motion que o acompañaba.[9]

Co lanzamento do seguinte sinxelo "Prison Sex", a banda volveu a ser foco da censura. As letras e o videoda canción tratan sobre abuso infantil e provocou reaccións controvertidas. O vídeo foi creado principalmente polo guitarrista Adam Jones, que o viu como a súa "interpretación surrealista" do tema.[21] Mentres que algúns xornalistas contemporáneos loubaron o vídeo e describiron a letra como "metafórica",[10][22] a rama estadounidense da canle MuchMusic (que lle pediu a Keenan que representase á banda nunha audiencia) considerou o vídeo musical demasiado gráfico e obsceno,[12] e a MTV deixou de emitilo despois dunhas poucas veces.[22]

Ænima e Salival[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Ænima e Salival.

En setembro de 1995 a banda comezou a compoñer e gravar o seu segundo álbum de estudio. Nesas datas Tool experimentou o seu único cambio na formación ata a data, deixando o baixista D'Amour o grupo de xeito amigable para centrarse noutros proxectos. Segundo Carey, D'Amour marchou porque quería tocar a guitarra en vez do baixo.[15] Justin Chancellor, membro dos seus antigos compañeiros de xira Peach, finalmente substituíu a D'Amour, sendo elixido entre outros baixistas como Frank Cavanagh de Filter, Scott Reeder de Kyuss, Shepherd Stevenson de Pigmy Love Circus, Eric Avery de Jane's Addiction, e Marco Fox de ZAUM.[23]

O 17 de seembro de 1996 Tool publicou Ænima ("ON-ima").[6] A banda contou coa axuda do produtor David Bottrill, que producira algúns álbums de King Crimson, mentres que Jones colaborou con Cam de Leon para crear o libreto do disco que estaría nomeado a un Grammy.[6] O álbum foi dedicado ao humorista Bill Hicks, que morrera dous anos e medio antes.[24] A banda pretendía das a coñecer o material e as ideas de Hicks, xa que sentía que Tool e Hicks "resoaban conceptos semellantes".[25] En particular,o tema final de Ænima "Third Eye" está precedido por un anaco de actuacións de Hicks, e a carcasa lenticular do álbum e o estribillo do tema "Ænema" fan referencia a un sketch do álbum de Hicks Arizona Bay, no cal contempla a idea dos Ánxeles caendo ao océano Pacífico.[25][26]

Cando Ænima foi lanzado, Tool sufríu unha represalia: o clip de "Stinkfist" (primeiro sinxelo do disco) foi rexeitado pola MTV, que alegou que o título da música era ofensivo. Despois de represalia por parte dos fans, a emisora pasou a exhibir o vídeo co nome de "Track #1", por ser o primeiro corte de "Ænima".

O fiasco da MTV non fixo baixar as vendas de Ænima, todo o contrario, ata favoreceu. Todos querían saber o que había de tan absurdo nunha canción. Pero de certa forma ata había: en certa parte de "Stinkfist", (2:45, para ser exacto) Maynard murmura, case que subliminalmente: "Chupa minha pica pinto pichu" (en portugués)! En case todas as cancións Maynard está susurrando algo, intelixible ou non.

Adam Jones

Á parte das mensaxes subliminais, Ænima é o disco esencial para quen queira coñecer Tool. O traballo gráfico da portada de Ænima tamén é excepcional, con holografías estrañas e escuras, tanto que o grupo foi nomeado para "Mellor Portada de Álbum" nos Grammy de 1996. No mesmo ano, Tool foi nomeado para mellor videoclip e curtametraxe por "Stinkfist".

É nesta época cando Maynard comeza a aparecer nos concertos totalmente rapado, co corpo pintado ou vestido de muller, engadindo máis estrañeza á "perfomance" de Tool. En medio da inmensa xira, a banda lanza o sinxelo e o clip de Ænema, concorrendo aos premios da MTV, que desta vez non censurou a creatividade do grupo. "Ænema" chega a gañar un Grammy de "Mellor Performance de Metal", en 1997.

Despois da finalización de promoción de Ænima, Tool decide descansar por un tempo. Maynard grava "Know Your Enemy" con Rage Against the Machine e fai un dueto nun show con Tori Amos, cantando "Muhammad My Friend". Tamén forma Shandi's Addiction, con Billy Gould (Faith No More), Tom Morello e Brad Wilk (guitarrista e batería de Rage Against the Machine). para participar do disco tributo a Kiss (Kiss My Ass), gravando a canción "Calling Dr. Love". Á Volcano Entertainment, discográfica de Tool, non lle gustou nada diso, e procesou á banda por ter violado cláusulas do contrato, alegando que o grupo estaría participando de proxectos noutros selos, e así procurando novas propostas de contrato. A banda enfrontouse á discográfica, dicindo que o selo estaría negándolles unha cláusula que constaba no acordo orixinal. Despois dun ano de enfrontamento ambas partes decidiron facer un novo acordo, evitando medidas xudiciais. Tool renovou o seu contrato, incluíndo a gravación de tres álbums máis.

Despois de arranxados estes problemas, os seus integrantes envolvéronse en presentacións/gravacións ocasionais con bandas de amigos: Adam Jones toca nalgúns concertos con The Melvins e monta unha banda experimental con Buzz Osborne, chamada Noiseland Arcade, facendo algúns directos en 1998. Un bo tempo despois, Maynard comeza a ter máis contacto con outros músicos, organizando o proxecto Tapeworm, con Trent Reznor e Danny Lohner, ambos de Nine Inch Nails.

Maynard únese a A Perfect Circle[editar | editar a fonte]

Máis tarde, Maynard restablece o contacto con Billy Howerdel, técnico de son das sesións de "Ænima". Howerdel amósalle as súas composicións e Maynard ofrécese para participar do proxecto que el estaba montando coa baixista Paz Lenchantin. Estase formando A Perfect Circle, a ocupación de Maynard durante certo tempo.

Con Tool paralizado polos problemas contractuais, Maynard pode dedicarse completamente a A Perfect Circle. Formado por Maynard, Billy Howerdel, Troy Van Leeuwen, Paz Lenchantin e Josh Freese, o grupo comeza a tocar en concertos benéficos, e fará de abreconcertos da xira de 2000 de Nine Inch Nails. Tentando enganar aos seus fans, Maynard pasa a usar unha perruca. Pero el é descuberto debido á grande atención que A Perfect Circle acaba espertando co álbum Mer de Noms. Por ter cancións máis melódicas e curtas, A Perfect Circle tórnase máis accesible que Tool, atopando un éxito inmediato e maior que o que a banda principal de Maynard conseguira ata entón.

Volta á actividade[editar | editar a fonte]

Cando A Perfect Circle lle deu un tempo, Tool volveu á actividade. Para acabar cos rumores que dicían que a banda se separara, lanzaron no ano 2000 Salival, que se trata dun DVD cos cinco clips da banda e un CD con temas en directo e rarezas.[27] Destacan a incrible versión de "No Quarter", de Led Zeppelin, "You Lied" (versión de Peach, de Justin Chancellor), a canción oculta "Maynard's Dick" e "Pushit", nunha versión en directo máis longa que a orixinal onde participa o profesor de percusión de Danny Carey, Aloke Dutta. Aínda que Salival non tivo ningún sinxelo, "Maynard's Dick" (que data da época de Opiate) puido escoitarse brevemente nalgunhas emisoras cando algúns DJs decidiron pinchala co título "Maynard's Dead".[6]

Tool comezou a gravar un novo álbum de estudio e despois de seis anos dende o Ænima, Lateralus é lanzado. O disco supera todas as expectativas encabezado polo videoclip futurista de "Schism". A banda reaparece con novos folgos, con Adam Jones máis refinado, amosando máis técnica nos seus riffs (sen ser virtuoso). A voz de Maynard suavizada por A Perfect Circle amosa a súa beleza en "Reflection" e "The Patient"; pero que ao mesmo tempo rasga en temas como "The Grudge" e "Ticks And Leeches". A banda gaña un Grammy máis, desta vez por "Schism".

Tool lanza os clips de "Parabol e "Parabola" resultando un único vídeo enorme e que dificilmente é transmitido pola MTV. Pero Tool realmente non precisa máis da MTV para conseguir o éxito e chamar a atención de novos fans. Rematada a xira de Lateralus, en 2003 Maynard volta a reunirse con A Perfect Circle e consideran o lanzamento do segundo álbum do grupo. Danny Carey dedicase a estudar percusión co seu professor Aloke Dutta e a gravar con Pygmy Love Circus, mentres Adam segue a súa carreira cos efectos especiais e escribe material novo para Tool con Justin Chancellor.

10,000 Days[editar | editar a fonte]

Despois doutro prolongado descanso, durante o cal Keenan reincorporouse a A Perfect Circle para gravar e facer unha xira, Keenan volveu a unir aos seus compañeiros para traballar nun novo disco. Os rumores sobre o nome do novo traballo (chegouse a rumorear como posible nome o título Teleincision) apareceron, ao igual que algúns detalles do novo material, como a influencia dos seus compañeiros do tour de Lateralus, Fantômas e Meshuggah. Finalmente, no sitio web oficial da banda apareceu o nome do novo álbum: 10,000 Days.

Porén, os rumores sobre o novo disco non desapareceron, ata se chegou a especular que a banda creara un disco "reclamo", un álbum falso que enganaría á audiencia ata o lanzamento. As augas calmáronse cando unha copia do álbum filtrouse ilegalmente nas redes de intercambio de arquivos, anticipando o lanzamento dúas semanas. Finalmente o disco lanzouse segundo o previsto o 2 de maio de 2006 nos Estados Unidos, debutando nos primeiros postos de varias listas mundiais. Malia que estivo dispoñible en Internet semanas antes do lanzamento, 10,000 Days vendeu na súa primeira semana, só nos Estados Unidos, 564.000 copias. Por este feito acadou o primeiro posto da lista Billboard 200, dobrando as vendas do álbum auto-titulado de Pearl Jam, que era o segundo na lista. Porén, 10,000 Days non recibiu tan boas críticas como Lateralus, o seu antecesor.[28][29]

Tras a edición do disco comezaron unha xira sendo os seus abreconcertos as bandas Isis e Mastodon. Durante un breve descanso, despois de tocar en Australia e Nova Zelandia, o batería Danny Carey tivo un desgarro nun bíceps nunha pelexa co can da súa moza. Carey tivo que ser operado e adiáronse varias actuacións da banda. Tool volvería aos escenarios en abril do 2007 e o 15 de xuño foi cabeza de cartel no Bonnaroo Music Festival, tocando con eles Tom Morello no tema "Lateralus".

Fear Inoculum[editar | editar a fonte]

Nunha entrevista concedida no ano 2007, Justin Chancellor afirmaba que a banda probablemente continuaría a súa xira ata o 2008 e despois tomaríase un tempo de descanso.[30] A banda entrou en hiato a principios do ano 2008 e agardaba comezar a compoñer para un novo álbum nalgún momento do ano seguinte. O 24 de marzo do 2009 a páxina web de Tool confirmou unha xira de verán. Esta comezou o 18 de xullo en Commerce City, Colorado, no Mile High Music Festival. As derradeiras datas foron do 7 ao 9 de agosto para o Lollapalooza 2009 e realizaron un concerto de clausura o 22 dese mes no Epicenter Festival en Pomona.

Segundo a súa web, Tool comezou o proceso de composición do seu novo traballo en marzo do ano 2010. En abril e maio a banda saíu de xira polos Estados Unidos, e entre xuño e xullo por Canadá. No mes de xaneiro do 2011 foi cabeza de cartel no Big Day Out Festival en Australia e Nova Zelandia.

O 26 de xaneiro do 2011 o Twitter oficial da banda bromeaba co atraso que estaba collendo o agardado novo álbum e posteaba: "Hot off the presses. New TOOL Album to be released on April 1st, 2009. Pre-order yours NOW! Title: "Chinese Democracy Deux" Bon Appetit'!" (que podería traducirse como: "Acabado de saír das prensas. O novo álbum de TOOL será editado o 1 de abril do 2009. Encargue o seu AGORA! Título: "Chinese Democracy Deux" Bon Appetit'!"). Fai unha clara referencia ao álbum de Guns N' Roses Chinese Democracy que tardou 15 anos en ser editado dende que se gravou o seu primeiro material. Durante este tempo os seus membros participaron activamente nos seus proxectos paralelos. Especialmente Keenan, que estivo de xira con Puscifer.

No mes de febreiro do 2013 a banda anunciou o lanzamento dunha edición limitada do seu EP de estrea, Opiate, para o 26 de marzo dese ano, conmemorando así o 21 aniversario da edición orixinal. Publicaranse só 5.000 exemplares en 5 series de 1.000 unidades cada unha, con variacións nas imaxes exteriores e incluirán unha nova imaxe estereoscópica para ver cos lentes da embalaxe do álbum 10,000 Days. A dirección artística da edición corre por conta do guitarrista Adam Jones, e contará con ilustracións do artista Adi Granov[31].

O 15 de xullo de 2014 Carey e Jones informaron á revista Rolling Stone que compromisos familiares e unha demanda en curso eran as principais razóns para o atraso do quinto álbum. Carey dixo á revista que unha canción sen título "está case feita".[32]

En marzo de 2015 Jones revelou que a demanda resolveuse a favor da banda e Tool centrouse na gravación do álbum.[33] Tamén dixo que agardaba que o disco estivese rematado antes do final de ano, pero enfatizou que o grupo non se daría présa para cumprir cunha data límite arbitraria.[33]

No mes de xaneiro de 2016 Tool realizou unha xira de 18 datas polos Estados Unidos, a meirande parte deles con Primus como abreconcertos.[34][35]

Aínda que se informou en febreiro de 2017 que Keenan entrara no estudio para traballar nas voces do quinto álbum de Tool,[36] posteriormente díxose que non estaba planeado editar o traballo ese ano.[37][38] Aínda así, a banda anunciou unha xira por Norteamérica que comezaría no mes de maio.[39] Un mes despois Chancellor revelou que o novo álbum de Tool estaba listo nun 90%,[40] mentres que Carey afirmou noutra entrevista que sería lanzado "definitivamente" en 2018.[41][42] En febreiro de 2018 Jones revelou que Keenan estivera traballando nas letras das cancións, e que a banda comezaría a gravar en marzo.[43] No mes de xuño, durante o seu discurso de aceptación do Icon Award nos premios Metal Hammer Golden Gods Awards, Keenan dixo "vou a gravar agora dicindo que veredes algunha música nova o próximo ano".[44]

O 11 de setembro de 2018 Keenan anunciou a través de Twitter que a produción do disco estaba progresando e que as voces xa foran compostas, antes de suxerir unha edición para 2019.[45] En xaneiro de 2019 Keenan dixo que xa rematara de gravar as súas voces para o álbum "meses atrás".[46] Se ben Carey mencionou que tiñan como obxectivo publicar o traballo cara mediados de abril, Keenan posteriormente explicou que entre maio e xuño era un prazo máis realista para rematar e publicar o álbum.[47] O día 5 de maio a banda estreou dúas cancións ao vivo no Welcome to Rockville Festival en Jacksonville, Florida, chamadas "Descending" e "Invincible".[48] Tres días despois confirmouse que o disco sería lanzado o 30 de agosto dese ano.[49][50] O 29 de xullo Keenan confirmou que o álbum se titularía Fear Inoculum.[51] A canción título do disco foi editada como sinxelo o 7 de agosto, sendo o primeiro lanzamento da banda en 13 anos.[52]

O 2 de agosto toda a discografía de Tool, coa excepción de Salival, fíxose dispoñible en plataformas dixitais de streaming.[53] Tool foi unha das últimas grandes bandas en publicar a súa música dixitalmente,[54] xa que o seu contrato discográfico fora asinado antes da popolaridade do streaming e non foi revisado ata xusto antes do lanzamento de Fear Inoculum.[55] A edición da discografía en liña fixo que cada lanzamento volvese a aparecer en varias listas internacionais e a banda batese varios récords nas listas da Billboard.[56] Fear Inoculum foi publicado oficialmente o 30 de agosto[57] e converteuse no terceiro número 1 da banda nos Estados Unidos.[58]

Estilo musical e influencias[editar | editar a fonte]

Patrick Donovan do xornal The Age describiu a Tool como "a banda de metal da persoa pensante. Cerebral e visceral, suave e pesada, melódica e abrasiva, tenra e brutal, familiar e estraña, occidental e oriental, fermosa e fea, tensos pero extensos e épicos, son unha maraña de contradicións".[59] Tool recibiu eloxios de C.B. Liddell, do xornal International Herald Tribune, polo seu son complexo e en constante evolución.[60] Ao describir o seu son xeral, AllMusic refírese a eles como "heavy metal post-Jane's Addiction",[27] e The New York Times atopa semellanzas cos "riffs de guitarra e modos de Oriente Medio de Led Zeppelin".[61] Allmusic comparou o seu traballo de 2001 Lateralus co Meddle (1971) de Pink Floyd, aínda que trinta anos despois e alterado polo "impulso de Tool de encher cada polgada de infinito con con carne de guitarra dura e temor absoluto".[62] Tool foi etiquetado como post-metal en 1993[63] e 1996, así como en 2006,[64] despois de que o termo se fixese popular.

Debido ao achegamento experimental de Tool á música, é discutible o seu lugar nos xéneros tradicionais de música. Tool é, sen dúbidas, parte do xénero do rock, pero a que subxénero deste pertencen e canta influencia tiveron en Tool grupos anteriores, é obxecto de debate entre fans e críticos.

En moitos casos, Tool é catalogado como metal alternativo, un xénero moi amplo para catalogar a bandas (como Jane's Addiction, Rage Against the Machine e Faith No More, entre outras) que abarcan a estética e aos fans do metal e o rock alternativo.

No mesmo sentido, Tool é catalogada como unha banda de rock progresivo. Aqueles que senten que Tool é unha banda progresiva citan a definición clásica de "progresivo": é un xénero de música rock que busca alonxarse da música "mainstream" ou popular, "empurrando" os límites do rock, creando novos sons e estilos, que acotío posúen un alto grao de complexidade e de capas de son, elementos que poden atoparse doadamente na música de Tool: sexan os complexos ritmos utilizados en cancións como "Schism" (de 5/8 a 7/8) ou en "Lateralus", que móvese de 9/8 a 8/8 a 7/8 ou a incorporación de sons infrecuentes producidos pola experimentación con instrumentos (como en "Jambi"). Combinando o aspecto progresivo de Tool, co seu son do metal, poderíase aproximar a un xénero como "metal progresivo".

Nunha entrevista a un diario, Keenan dixo, medio en broma, que o género de Tool é un "stew of progressive rock, Bulgarian folk metal, rock ’n’ roll, ’80s disco and Christian rap that we like to call Munge" ("guiso de rock progresivo, folk metal bulgaro, rock & roll, música disco dos 80 e rap cristiano ao que nos gusta chamar ‘Munge’”).

Talvez, a influencia máis mencionada de Tool é King Crimson, admitida polos mesmos Tool como unha das súas bandas favoritas. Cando Tool non é chamado progresivo, acostuma ser catalogado dentro dalgún xénero do metal. Ás veces son catalogados como un xénero estendido do metal, como "math-metal psicodélico" ("psychedelic math-metal"), a diferenza doutras bandas que caen en subxéneros máis comúns. Tamén foron postos ocasionalmente en xéneros dos cales a xente normalmente non os considera parte, como jazz rock (unha clasificación relacionada co seu aspecto progresivo), e ata trip-hop, aínda que isto débese principalmente a un único set en vivo xunto a Tricky.

Artes visuais[editar | editar a fonte]

Parte do traballo de Tool como banda é o de incorporar influencias doutros tipos de arte nos seus videoclips, concertos e empaquetado dos discos. Particularmete, Adam Jones actua tamén como o director artístico do grupo e como director dos seus videos musicais.[65] Este feito tamén pode verse na propia páxina oficial de Tool.

Videos musicais[editar | editar a fonte]

A banda lanzou oito videoclips, pero só aparecen persoalmente nos dous primeiros, para evitar que a xente se "enganchase ás personalidades involucradas en vez de escoitar a música".[10] Coa excepción de "Hush" e "Vicarious", todos os videos de Tool contan en certa medida con animacións realizadas coa técnica do stop motion. Os videos son creados principalmente por Adam Jones, acotío en colaboración con outros artistas como Chet Zar, Alex Grey[66] e Osseus Labyrint.[67]

O videoclip de "Sober" conseguiu particularmente moita atención. Jones explicou que non contén ningunha historia, pero que a súa intención era provocar emocións persoais coas súas imaxes. Billboard elixiuno como o "Mellor video dun artista novo".

O vídeo de "Vicarious" foi lanzado en DVD o 16 de decembro do 2007 e destaca por ser o primeio da banda en ser realizado enteiramente con imaxes xeradas por ordenador.

Portadas e libretos[editar | editar a fonte]

Adam Jones tamén é responsable da meirande parte do concepto artístico dos seus libretos. O seu primeiro álbum, Undertow, contaba coa escultura dunha caixa torácica de Jones na súa capa, e con fotos realizadas polos membros do grupo.[68] Posteriores traballos incluían tamén deseños de artistas colaboradores: Ænima[69] e Salival tiñan traballos de Cam de Leon; e Lateralus[70] e 10,000 Days[65] contaban coa axuda de Alex Grey. As edicións destes discos tiveron moi boas críticas pola súa innovación na presentación dos discos.[65]

Tanto Ænima como 10,000 Days foron nomeados ao Grammy á mellor presentación e, mentres o primeiro non se levou o premio en 1997, o segundo si gañou no ano 2007. Como director artístico, Adam Jones creou unha presentación para 10,000 Days que conta cuns lestes estereoscópicos para ver as imaxes e as fotos en 3D do libreto.

Membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Opiate 1992 Zoo Entertainment
Undertow 1993 Zoo Entertainment
Ænima 1996 Zoo Entertainment
Lateralus 2001 Volcano Entertainment
10,000 Days 2006 Tool Dissectional, Volcano
Fear Inoculum 2019 Tool Dissectional, Volcano, RCA

EPs[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
72826 1991 Toolshed Music
Opiate 1992 Zoo Entertainment

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Salival 2000 Volcano Entertainment

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tool by the Numbers: 10 Things to Know About the Band's Chart History". Billboard. Consultado o 2019-11-05. 
  2. 2,0 2,1 "Angry Jung Men!". The Tool Page. Consultado o 2019-11-03. 
  3. Tepedelen, Adem; Tepedelen, Adem (2004-04-30). "Tool Drummer Goes to Circus". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-11-03. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Kitts & Tolinski 2002, pp. 1965-1969
  5. Newquist & Maloof 2004, pp. 11-15
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "The Tool FAQ". toolshed.down.net. Consultado o 2019-11-03. 
  7. 7,0 7,1 "A Sober Look At Tool". The Tool Page. Consultado o 2019-11-03. 
  8. "Tool Rules". The Tool Page. Consultado o 2019-11-03. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "Tool Guitarist Adam Jones is a Master of Many Trades". The Tool Page. Consultado o 2019-11-03. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "Tool Muchmusic spotlight". The Tool Page. Consultado o 2019-11-03. 
  11. "Escape from L.A.: Music from and Ispired By - Original Soundtrack | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-03. 
  12. 12,0 12,1 "Tool - Stepping Out From the Shadows • Timeline • exclaim.ca". web.archive.org. 2012-06-06. Archived from the original on 06 de xuño de 2012. Consultado o 2019-11-03. 
  13. "White Zombie Tour Dates". metallipromo.com. Consultado o 2019-11-03. 
  14. "Corrosion of Conformity Tour Dates". metallipromo.com. Consultado o 2019-11-03. 
  15. 15,0 15,1 Epstein, Dan; Epstein, Dan (2018-04-06). "Tool's 'Undertow': 10 Things You Didn't Know". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-11-03. 
  16. "Nobody's Tool". Alternative Press. Consultado o 2019-11-03. 
  17. "Hard rockers hail comic genius Bill Hicks". The Tool Page. Consultado o 2019-11-03. 
  18. "Tool fact kit". The Tool Page. Consultado o 2019-11-03. 
  19. "Tool on Videos, Censorship, Art, And Why You Should Never Let A Guy Named Maynard Put You In A Cage". The Tool Page. Consultado o 2019-11-03. 
  20. Sherry & Aldis 2006, p. 176
  21. "Tool". The Tool Page. Consultado o 2019-11-03. 
  22. 22,0 22,1 "A Tool for the Truly Cool". San Francisco Chronicle. Consultado o 2019-11-03. 
  23. "A Conversation With Tool's Justin Chancellor". Gavin Magazine. Consultado o 2019-11-03. 
  24. "Tool - Stepping Out From the Shadows • Timeline • exclaim.ca". web.archive.org. 2012-06-06. Archived from the original on 06 de xuño de 2012. Consultado o 2023-04-23. 
  25. 25,0 25,1 "The Tool Page: Articles". toolshed.down.net. Consultado o 2023-04-24. 
  26. "UCD Advocate". web.archive.org. 2007-10-07. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2007. Consultado o 2023-04-24. 
  27. 27,0 27,1 "Tool | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-03. 
  28. "10,000 Days by Tool" (en inglés). Consultado o 2019-11-03. 
  29. "Lateralus by Tool" (en inglés). Consultado o 2019-11-03. 
  30. "Tool returns to Bossier on Thursday". nwlanews.com. 2007-09-27. Archived from the original on 27 de setembro de 2007. Consultado o 2019-11-03. 
  31. Anuncio do lanzamento no Facebook da banda(en inglés)
  32. Grow, Kory; Grow, Kory (2014-07-15). "Why Tool Haven't Put Out a New LP". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-11-03. 
  33. 33,0 33,1 "Exclusive: With Legal Obstacles Out of the Way Tool Are Again Hard at Work". www.yahoo.com (en inglés). Consultado o 2019-11-04. 
  34. "Tool announce 2016 tour, and the first show is only two months away". Consequence of Sound (en inglés). 2015-11-13. Consultado o 2019-11-04. 
  35. "Update: Tool confirm dates for 2016 US tour, enlist Primus as opening act". Consequence of Sound (en inglés). 2015-11-17. Consultado o 2019-11-04. 
  36. Hartmann, Graham. "Maynard James Keenan Begins Vocal Work on New Tool Album". Loudwire (en inglés). Consultado o 2019-11-04. 
  37. "Tool and A Perfect Circle Won’t Release Albums in 2017". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-11-04. 
  38. "Apparently neither Tool nor A Perfect Circle will be releasing albums in 2017". Consequence of Sound (en inglés). 2017-05-08. Consultado o 2019-11-04. 
  39. "Tool Announces 2017 North American Shows to Go Alongside Summer Fest Gigs". Billboard. Consultado o 2019-11-04. 
  40. Hartmann, Graham. "Tool's Justin Chancellor: New Album is 'About 90-Percent There'". Loudwire (en inglés). Consultado o 2019-11-04. 
  41. DiVita, Joe. "Danny Carey: New Tool Album Will 'Definitely' Be Out in 2018". Loudwire (en inglés). Consultado o 2019-11-04. 
  42. "Danny Carey Gives Official Timetable For New TOOL Album Release". Metal Injection. 2017-12-08. Consultado o 2019-11-04. 
  43. Childers, Chad. "Tool's Adam Jones Reveals March Recording Start for New Album". Loudwire (en inglés). Consultado o 2019-11-04. 
  44. "Maynard James Keenan promises Tool will release "new music next year"". Consequence of Sound (en inglés). 2018-06-13. Consultado o 2019-11-04. 
  45. Daly, Rhian (2018-09-11). "Here's a promising update on that new Tool album". NME (en inglés). Consultado o 2019-11-04. 
  46. "Maynard James Keenan Says Vocals for Tool's Next Album Are Done". Spin. 2019-01-04. Consultado o 2019-11-04. 
  47. "Maynard James Keenan: New Tool album to arrive between May and July". Consequence of Sound (en inglés). 2019-02-08. Consultado o 2019-11-04. 
  48. "Catch a glimpse of two new Tool songs recorded live at Welcome to Rockville". Wall Of Sound (en inglés). 2019-05-06. Consultado o 2019-11-04. 
  49. Blistein, Jon; Blistein, Jon (2019-05-08). "Tool Set Summer Release Date for New Album". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-11-04. 
  50. "Maynard James Keenan Confirms New Tool Album Release Date, Shares Thor Meme". Revolver (en inglés). 2019-05-10. Consultado o 2019-11-04. 
  51. Hartmann, Graham. "Tool Officially Announce New Album 'Fear Inoculum'". Loudwire (en inglés). Consultado o 2019-11-04. 
  52. DiVita, Joe. "Tool Release First New Song in 13 Years 'Fear Inoculum'". Loudwire (en inglés). Consultado o 2019-11-04. 
  53. "Tool's entire discography is now available to stream online". Consequence of Sound (en inglés). 2019-08-02. Consultado o 2019-11-04. 
  54. "Why Legacy Acts Are Finally Joining the Streaming Game". Billboard. Consultado o 2019-11-04. 
  55. "Danny Carey Explains What Bothers Him About Streaming Platforms, Talks How Long Next Tool Album Might Take". www.ultimate-guitar.com (en inglés). Consultado o 2019-11-04. 
  56. "Tool Has a Record-Shattering Week on Rock Charts Thanks to Streaming & Digital Debut". Billboard. Consultado o 2019-11-04. 
  57. "Here's Everything We Know About Tool's 'Fear Inoculum'". Spin. 2019-08-29. Consultado o 2019-11-04. 
  58. "Tool's 'Fear Inoculum' Debuts at No. 1 on Billboard 200 Chart With Biggest Week For a Rock Album in Over 1 Year". Billboard. Consultado o 2019-11-04. 
  59. "Is anyone listening?". The Age (en inglés). 2006-05-05. Consultado o 2019-11-04. 
  60. "asahi.com:In Sight/Music & Arts Tool frontman: 'I haven't smashed up 1 hotel room' - ENGLISH". web.archive.org. 2007-01-17. Archived from the original on 17 de xaneiro de 2007. Consultado o 2019-11-04. 
  61. Pareles, Jon (1997-07-14). "Lollapalooza's Recycled Hormones: Rebellion by the Numbers". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-11-05. 
  62. "Lateralus - Tool | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-05. 
  63. "At the main stage...". Star Telegram. Consultado o 2019-11-05. 
  64. "Reverb, 9/01". The Denver Post (en inglés). 2006-09-06. Consultado o 2019-11-05. 
  65. 65,0 65,1 65,2 "Name the band Tool's fave artist". Associated Press. 2007-09-29. Archived from the original on 29 de setembro de 2007. Consultado o 2019-11-05. 
  66. "Tool- Adam Jones-10,000 Days | Concerts content from Live Design Magazine". web.archive.org. 2013-06-14. Archived from the original on 14 de xuño de 2013. Consultado o 2019-11-05. 
  67. "Osseus Labyrint: a laboratory of random mutuations". Toolband.com. 2002-08-06. Archived from the original on 06 de agosto de 2002. Consultado o 2019-11-05. 
  68. "Tool". HYPNO. Consultado o 2019-11-05. 
  69. Akhtar 2001, G4
  70. "PopMatters | Columns | Michael Stephens | BodyMatters | High Art: Alex Grey and the Chapel of Sacred Mirrors". web.archive.org. 2002-06-01. Archived from the original on 01 de xuño de 2002. Consultado o 2019-11-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]