Jimmy Chamberlin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jimmy Chamberlin
Jimmy Chamberlin Copyright Matthew Drewicz 2005-2007.JPG
Nome completo James Joseph Chamberlin
Naceu 10 de xuño de 1964 (50 anos)
Orixe Joliet, Illinois Flag of the United States.svg
Instrumento(s) batería
Relacionado con The Smashing Pumpkins, The Jimmy Chamberlin Complex, Zwan, The Last Hard Men

James Joseph "Jimmy" Chamberlin, nado o 10 de xuño de 1964 en Joliet, Illinois, é un batería, compositor e produtor estadounidense. É sobre todo coñecido por ter sido o batería da banda de rock alternativo The Smashing Pumpkins. Formou parte de Zwan, despois da separación da primeira no ano 2000. No ano 2005 editou o seu primeiro disco en solitario titulado Life Begins Again co seu proxecto The Jimmy Chamberlin Complex. En 2009 abandonou The Smashing Pumpkins e na actualidade toca no grupo Skysaw.

Chamberlin, que orixinalmente formouse como un batería de jazz, cita ao músicos de jazz Benny Goodman, Duke Ellington, Gene Krupa e Buddy Rich, así como aos baterías de rock Keith Moon, Ian Paice e John Bonham como as súas principais influencias.

Biografía[editar | editar a fonte]

Chamberlin formouse como batería de jazz e tocou en numerosos conxuntos locais antes de unirse a The Smashing Pumpkins pouco despois da súa formación en 1988.

Chamberlin tivo problemas coas drogas o que fixo que fose expulsado da banda en 1996. Durante a xira do Mellon Collie and the Infinite Sadness, antes duns concertos no Madison Square Garden, en Nova York, Jimmy e Jonathan Melvoin, teclista da banda durante a xira, consumiron heroina no hotel, e este último morreu de sobredose. Este feito propiciou a súa saída da banda. Durante o resto da xira foi substituído por baterías de estudio.

A finais dese mesmo ano, mentres estaba en proceso de rehabilitación, uníuse á banda The Last Hard Men do ex-cantante de Skid Row Sebastian Bach. O grupo editou un único álbum co mesmo nome que a banda.

Tres anos máis tarde, en 1999, Chamberlain volveu a The Smashing Pumpkins. Sen embargo, un ano despois, en decembro do 2000, a banda separouse. El tocou nos dous últimos álbums da banda, Machina e Machina II.

En 2001 uníuse á nova banda do seu amigo e compañeiro en The Smashing Pumpkins Billy Corgan, Zwan. O conxunto separaríase en 2003, despois de editar o seu único disco, Mary Star of the Sea.

Durante a existencia de Zwan, en 2002 Chamberlin casou coa súa moza Lori. O matrimonio tivo unha filla, Audrey, en decembro dese mesmo ano.

Posteriormente Chamberlin formou The Jimmy Chamberlin Complex, coa cal gravou o seu álbum de estrea en 2004. A banda incluía a Chamberlin (batería e voz), Billy Mohler (baixo; tamén en The Calling), Sean Woolstenhulme (guitarra; tamén en Lifehouse), e Rob Dickinson (voz; membro de Catherine Wheel). The Jimmy Chamberlin Complex editou Life Begins Again o 25 de febreiro de 2005. Chamberlin tivo tamén un proxecto paralelo co cantante de Dead Kennedys, Jello Biafra.

Recentemente The Smashing Pumpkins volveu a reunirse contando unicamente con Chamberlin e Billy Corgan da súa antiga formación. A finais do ano 2006 comezaron a gravación do seu novo disco, Zeitgeist, que será editado o 10 de xullo do 2007. A banda realizou o seu primeiro concerto dende decembro do 2000 o día 22 de maio do 2007 en París. A nova formación conta co guitarrista Jeff Schroeder e a baixista Ginger Reyes.

En marzo do ano 2009 Chamberlin abandonou The Smashing Pumpkins afirmando que a banda xa non cumplía as súas expectativas musicais. A finais dese ano anunciou o seu novo proxecto, unha banda chamada This, xunto co multi-instrumentista Mike Reina e o guitarrista Anthony Pirog.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]