Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Judith" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo A Perfect Circle. Foi editada como sinxelo dun só tema en Norteamérica, e de 4 temas en Australia. A canción foi usada para promocionar o álbum de estrea do grupo, Mer de Noms e publicouse o día 8 de agosto do 2000.
Maynard James Keenan explica no DVD aMOTION que a canción fala sobre a súa nai, Judith Marie Keenan, a cal sofreu un ictus cerebral e quedou nunha cadeira de rodas o resto da súa vida.
O seu video musical foi realizado polo cineasta David Fincher, director de películas como Fight Club, Se7en e The Social Network. É un dos tres únicos videoclips que rodou Fincher nos últimos 15 anos, xunto con "Only" de Nine Inch Nails e o recente "Suit & Tie" de Justin Timberlake e Jay-Z[1].
Lista de cancións [editar]
- "Judith" - 4:03
- "Magdalena" (Live) - 4:15
- "Breña" (Live) - 4:04
- "Orestes" (Demo) - 3:24
|
|
|
|
|
|
| Álbums de estudio |
|
|
| EPs |
|
|
| Box sets |
|
|
| Sinxelos |
|
|
| Artigos relacionados |
|
|