Felip Pedrell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Felip Pedrell i Sabaté, nado en Tortosa o 19 de febreiro de 1841 e finado en Barcelona o 19 de agosto de 1922, foi un compositor e músico catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Felip Pedrell, Ramon Casas (MNAC).

Tivo os seus primeiros contactos coa música como cantor infantil do coro da catedral de Tortosa. Con 15 anos compuxo un "Stabat Mater" a tres voces. En 1863 Pedrell foi a Barcelona para seguir os seus estudios musicais, pero pronto viaxa a Roma (1876) e París (1877) internado polas Deputacións de Tarragona e Girona para desenvolver os seus coñecementos musicais. Máis tarde, no ano 1894 trasládase a Madrid onde no ano 1915 se lle nomea profesor do Conservatorio.

Grazas ás súas viaxes a Italia e Francia, Pedrell foi o primeiro músico modernista catalán en contactar coa música estranxeira. Este contacto foi esencial para definir as súas futuras tendencias musicais como compositor de música culta e popular. Foi un dos introdutores en Cataluña e en España da música de Wagner.

Como renovador do panorama musical catalán, tivo un enorme prestixio que o levou a ser o mestre de músicos como Enric Granados, Manuel de Falla, Robert Gerhard, Isaac Albéniz, Lluís Millet e outros.

Pedrell tamén foi fundador de escolas de musicoloxía tanto en Cataluña coma no resto de España. Foi un compositor moi activo, desenvolvendo todos os estilos musicais. Así, ademais das súas óperas, compuxo tamén unha gran cantidade de obras líricas, poemas sinfónicos e música relixiosa e de cámara. Foi, ademais, un incualificable precursor do nacionalismo catalán.

Obra[editar | editar a fonte]

Composicións de cámara[editar | editar a fonte]

  • Noches de España
  • Nocturn-trio (1873)
  • Orientales
  • Quartet (Cuarteto, 1879)
  • Gaillard (1879)

Corais[editar | editar a fonte]

  • Super Flumina Babilonis

Líricas[editar | editar a fonte]

  • La guardiola (1873)

Misas / Pezas relixiosas[editar | editar a fonte]

  • Al·leluia (1865)
  • Missa per dues veus i orgue (1857)
  • Tres Misses per tres veus i orgue (1861, 1865 e 1866)

Óperas[editar | editar a fonte]

Poemas sinfónicos[editar | editar a fonte]

  • La veu de les muntanyes (1877)
  • I trionfi (1880)
  • Excelsior (1880)