Sardana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Sardana, de Josep Cañas, Montjuïc, Barcelona.
Sardanas nun concurso.
Sardana diante do Palacio da Generalitat.

A sardana é unha danza bailada en grupo e en círculo, coñecida por ser o xénero de danza nacional catalán.

Características[editar | editar a fonte]

Os participantes cóllense das mans por parellas, entendendo como parella un home que colle coa man dereita a unha muller, que resulta por tanto nun patrón alterno de home-muller-home-muller. Polo que se refire á lonxitude dunha sardana, hai sardanas de 7 e de 10 "tirades", que teñen unhas estruturas definidas de pasos "curts" (curtos) e "llargs" (longos).

Unha variedade menos usual é a sardana revessa, unha sardana onde é moi difícil atopar a tiraxe (número de compases que ten a música) polo que un membro do grupo se encarga de calculalo a partir de distintos motivos musicais e as súas diferenzas. Parte do éxito da sardana como danza social radica no seu carácter de danza aberta que admite un número altamente variábel de parellas e que, polo menos a nivel público, non require especiais condicións físicas para a súa práctica, aínda que non é así cando se trata do "Bàsic d'Honra", a competición de sardanas nacional de Cataluña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]