Neno prodixio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mozart quén foi un neno prodixio destacando na música

Un neno prodixio é alguén que a unha idade prematura domina un ou máis campos científicos ou artísticos emprendidos xeralmente por adultos. Por prematura sóese considerar antes dos 10 anos de idade. Algúns dos campos máis comúns dos nenos prodixios son as matemáticas, o xadrez, as artes visuais e a música, aínda que poden desenvolverse tamén en moitas outras áreas.

No alemán e inglés utilízase as veces o término wunderkind (de wunder, «milagre» e kind, «neno») coma sinónimo de neno prodixio, aínda que se desaconsella o seu uso na literatura científica. Wunderkind tamén é usado máis xeralmente en adultos que alcanzan o éxito e a fama ó comezo das súas carreiras profesionais, coma nos casos de Steven Spielberg e Steve Jobs.

En España existe a Asociación Española para Superdotados y con Talento, lugar de concentración de seres con un coeficiente intelectual máis alto do común, onde se realizan unha serie de actividades entre as que está a divulgación da existencia e encontro destas persoas sen igual.