Lombok

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Lombok
Vista da illa
Lombok e o Monte Rinjani vistos desde o espazo, Maio de 1992
Datos
Capital Mataram
País Indonesia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas da Sonda
Linguas
Poboación (2005) 2.950.105 hab.
Superficie 4.725 km²
Densidade
Coordenadas 8°33´54′S, 116°21´04′E
Maior Altura 3.726 m. Rinjani
Localización
Localización  da illa
Gunung Rinjani desde Gili Trawangan

A illa de Lombok pertence á provincia indonesia de Nusa Tenggara Barat, situada entre as illas de Bali e Sumbawa. Con 4,725 km² de extensión e unha poboación de 2.536.00 habitantes (2004), nela atópase Mataram, capital e cidade máis grande da provincia.

[editar] Historia

Historicamente, a illa garda relación coas dinastías hindús da veciña Bali. En 1674 comezou a chegada de holandeses á parte oriental da illa; a finais do século XIX, aproveitando unha revolta dos sasaks, os holandeses fanse co control total de Lombok en 1894 e incorpórano ás Indias Orientais Neerlandesas.

[editar] Ecoloxía

Como o resto de illas que forman as Illas da Sonda, Lombok pertence ao área da Liña de Wallace (Wallacea), de gran interese científico pola súa rica biodiversidade, situadas entre o Sueste asiático e Oceanía. De feito, a Liña pasa entre Lombok e a súa veciña Bali.

[editar] Turismo

Illa de turismo non tan masivo como a próxima Bali, en Lombok os visitantes atopan praias case desertas e paisaxes de gran beleza, como o que rodea ao estratovolcán Rinjani (3,726 m), o terceiro en altitude de Indonesia.

Ferramentas persoais