Período Kamakura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia do Xapón

Paleolítico
Jomon
Yayoi
Período Yamato
---Período Kofun
---Período Asuka
Período Nara
Período Heian
Período Kamakura
Período Muromachi
Período Azuchi-Momoyama
---Período Nanban
Período Edo
Período Meiji
Período Taisho
Período Showa
---Expansionismo xaponés
---Ocupación xaponesa
---Post-ocupación xaponesa
Heisei

書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

O período Kamakura (鎌倉時代, かまくらじだい, Kamakura jidai) iniciase trala derrota do clan Taira (平) polos Minamoto (源) na guerra de Gen-Pei (源平), o período coñecido como "Kamakura", o primeiro dos tres grandes períodos do xogunato xaponés (将軍, xogún = xeneral). Este xogunato Kamakura durou de 1185 ata 1333. O emperador asume función decorativa (en Quioto), cabendo ao xogún toda a administración do país, baseado nun sistema feudal, coa capital na cidade de Kamakura. En 1192, o xogún Minamoto no Yoritomo é nomeado polo emperador "seii-taixogún" (征夷大将軍, xeneralísimo combatente dos bárbaros) e os seus descendentes serían alzados ao posto de xogún, nun réxime coñecido como bakufu (幕府, goberno da tenda). A partir dese período, todos os xogún son considerados descendentes dos príncipes do clan Minamoto, fillos do emperador Seiwa, sendo título hereditario.

A Era Kamakura, liderada por samurais, caracterizouse polo xurdimento de novas tendencias relixiosas e polas intensa busca de apoio espiritual, levando o budismo ao pobo. Ata a Era Heian (794~1192), esa forma de relixión era practicada case que exclusivamente polos nobres. Coa popularización da crenza budista xurdiron varias seitas denominadas "Novo Budismo de Kamakura".

A aparición de novas seitas foi impulsado pola idea de fín do mundo (末法思想, mappō shisō) que se espallou a fins da Era Heian, provocada pola inestabilidade social – consecuencia da guerra entre os clans Taira e Minamoto –, a miseria e as calamidades.

Os monxes Eisai (1141~1215) e Dōgen (1200~1253) estudaron na China (Dinastía Sung) a seita Zen, que prega a meditación para acadar o nirvana e, cando volveron ao Xapón, fundaron respectivamente as seitas Rinzai-shū e Sōtō-shū.

Shinran (1173~1262), discípulo do monxe Hōnen (1133~1212), fundou a seita Jōdo-shin-shū e, na época do ataque dos mongois, o monxe Nichiren (1222~1282) fundou a seita Nichiren-shū, que pregaba pola salvación da alma e do país.

Todas esas novas seitas teñen en común a simplicidade e a ausencia de práctica ascética rigorosa, facendo posible para calquera persoa o seu exercicio.

Goberno do shogunato de Kamakura[editar | editar a fonte]

Shogun[editar | editar a fonte]