1158
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| < Século XI | Século XII | Século XIII > | |||||||
| 01 | 02 | 03 | 04 | 05 | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
| 31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39 | 40 |
| 41 | 42 | 43 | 44 | 45 | 46 | 47 | 48 | 49 | 50 |
| 51 | 52 | 53 | 54 | 55 | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 |
| 61 | 62 | 63 | 64 | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 |
| 71 | 72 | 73 | 74 | 75 | 76 | 77 | 78 | 79 | 80 |
| 81 | 82 | 83 | 84 | 85 | 86 | 87 | 88 | 89 | 90 |
| 91 | 92 | 93 | 94 | 95 | 96 | 97 | 98 | 99 | 00 |
| Calendario gregoriano | 1158 MCLVIII |
| Ab urbe condita | 1911 |
| Calendario armenio | 607 |
| Calendario chinés | 3854 – 3855 |
| Calendario hebreo | 4918 – 4919 |
| Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
1213 – 1214 1080 – 1081 4259 – 4260 |
| Calendario persa | 536 – 537 |
| Calendario musulmán | 553 – 554 |
| Calendario rúnico | 1408 |
Índice |
Acontecementos [editar]
Extremo Oriente [editar]
- Shirakawa II, 77º emperador do Xapón (desde 1155) abdica do seu trono .
Europa [editar]
- 11 de xaneiro - Vladislao II é coroado rei de Bohemia en Ratisbona.
- 22 de maio - Reunidos en Sahagún, Fernando II de León e Sancho III de Castela concordan coordinar os seus esforzos para submeter o rei D. Afonso Henriques de Portugal.
- 30 de agosto - Afonso VIII sucede a Sancho III no trono de Castela.
- Fernando II de León concede a vila de Portomarín, na Galiza, á orde de San Xoán de Xerusalén.
- Fundación de Múnic polo rei Henrique o León.
- Conquista portuguesa de Alcácer do Sal.
- Creación da Orde de Calatrava.
- Fundación de Lübeck por Adolfo II de Holstein, confundadora da Hansa xunto con Hamburgo.
- Henrique o León loita contra os obodritas e organiza as marcas do Leste e a Pomerania.
- Campaña de Frederico Barbarosa en Italia (até 1162. Destrúe Milán o 1 de setembro e vence as vilas lombardas en Roncaglia.
- Establécese unha liña regular de galeras entre Venecia e Alexandría.
- Paz entre os bizantinos e os normandos.
- Loita contra a grande propiedade eclesiástica en Bizancio: Manuel I Commeno prohibe que os mosteiros "aumenten as propiedades que posúen hoxe en día, en terra e en paisanos anexos", baixo pena de confiscación.
- Na Rusia, conflito entre André Bogolioubski e a cadeira metropolitana pola creación dunha metrópole en Vladimir. Bizancio reafirma a unicidade de Kiev como "metrópole de toda a Rusia" e autoriza só a creación dunha sé episcopal en Vladimir.
- Chegada de Manuel I Commeno a Cilicia. Obtén a submisión do príncipe armenio Thoros. En Antioquía, Renaud de Châtillon debe arrepentirse da súa expedición de piratería contra Chipre (1153 e recoñecer a soberanía bizantina. Baduíno III de Xerusalem negocia unha alianza inaugurada un ano antes polo seu casamento coa neta de Manuel, Teodora Commeno. Mais a má vontade dos aliados fai abortar a expedición proxectada contra Alepo.
- Campaña de Baduíno III e do cruzado Thierry de Flandes contra Nur ad-Din. Retoman Harim.
- No Xapón, Goshirakawa retírase, deixando o lugar de emperador baleiro.
Outros [editar]
- A libra esterlina tórnase na moeda de Inglaterra.
Nacementos [editar]
Mortes [editar]
- 30 de agosto - Sancho III de Castela (n. 1134).
- Dimitri I, rei de Xeorxia (n. 1093).