Historia da arquitectura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Historia da Arquitectura")

A Historia da Arquitectura estuda a evolución e hisoria da Arquitectura no mundo considerando varias influencias, a artística, sociocultural, política, económica e tecnolóxica. En xeral, a cuestión é como relacionar o significado (funcións intanxibles, propostas, símbolos) co medio construído (táboas, xanelas, teitos, camiños) a través das necesidades da vida (comida, traballo, comunidade, etc.) no contexto histórico. A Historia da Arquitectura, como calquera outra forma de coñecemento, é moi subxectiva sobre as limitacións e potenciais da historia divisada como unha disciplina. Polo tanto, houbo moitas perspectivas no estudo da Arquitectura, a maioría delas occidentais.

No século XIX, a arquitectura do pasado foi entendida como unha persectiva formal, facendo énfase nas características morfolóxicas da forma, técnica e materiais. Neste período tamén foi vista a emerxencia individualista do arquitecto, a amálgama de cuxas intencións converteríanse no suxeito dos movementos artísticos. Sobre isto, a historia da arquitectura é unha subcategoría da historia da arte, a cal céntrase na evolución dos principios e estilos no deseño dos edificios e das cidades.

Baixo as presións do pluralismo postmoderno, teorías recentes intentaron abrir a arquitectura a unha nova variedade de interpretacións. Novas teorías lingüísticas foron populares na metade dos noventa e intentaron "ler" os elementos arquitectónicos como unha linguaxe autónoma, contribuíndo ó curso do proxecto da Teoría Crítica. O traballo de Hermeneutics constitúe outra perspectiva da historia da arquitectura e céntraa sobre a sutiación natural entendida fenomenoloxicamente. Aínda que ambos identifiquen a arquitectura como unha especie de linguaxe, eles difiren nas referencias; a Teoría Crítica é amplamente autoreferenciada, mentres que Hermeneutics é contextual.

O clima de oportunismo pode ser visto como unha reacción ós aspectos metafísicos das teorías anteriores, así como unha vantaxe no manifesto supermoderno na Globalización, logo no Capitalismo e nas democracias neo-liberais. Un incremento da conciencia na influencia colonialista tamén animara a unha reexaminación da arquitectura nos países colonizados recentemente e procura liberar a súa historia e práctica dalgunhas inapropiadas doutrinas occidentais.

O feito de considerar á historia da arquitectura coma unha disciplina no mundo occidental reflíctese na claridade do desenvolvemento da arquitectura de occidente, mentres que no mundo non occidental ao estudar o desenvolvemento da arquitectura non nos decatamos dunha variación do seu contexto histórico. Isto é moito máis complexo nas actuacións do colonialismo occidental. Algúns historiadores postmodernos tentaron dirixir estes temas, pero a complexidade da materia non fixo posible un acordo sobre o asunto. Mais, en xeral, pode dicirse que a historia da arquitectura reflicte o desenvolvemento histórico do seu tempo.

Arquitectura Prehistórica[editar | editar a fonte]

Arquitectura Neolítica[editar | editar a fonte]

Stonehenge, o monumento prehistórico máis coñecido

A arquitectura neolítica é a arquitectura da Idade de Pedra e está clasificada baixo a categoría da arquitectura Prehistórica.

Arquitectura Antiga[editar | editar a fonte]

Pirámides exipcias

No principio, a humanidade estivo confrontada cun mundo onde se vivía con certa normalidade entre deuses, demos e espíritos, un mundo que non coñecía nada sobre o obxectivismo científico. Os camiños polos que a xente tomaba contacto co seu ambiente eran debidos na súa maior parte á omnipotencia dos deuses. Moitos aspectos da vida diaria foron levados con respecto á idea do divino e do supernatural, e estes camiños foron manifestados polos ciclos mortais da xeracións, anos, tempadas, días e noites. As colleitas, por exemplo, eran vistas como a benevolencia da fertilidade. Tamén, as fundacións e os ordenamentos da cidade e os seus máis importantes edificios, o palacio ou o templo, eran executados ás veces por sacerdotes, ou incluso a construción era acompañada por rituais para tentar introducir a actividade humana na continuidade do divino. A arquitectura antiga carácterízase por esta tensión entre o diviño e o mundo mortal. As cidades contiñan espazos sagrados para protexerse da salvaxe natureza do exterior, e os palacios e os templos actuaban coma fogares dos Deuses. O arquitecto, o monarca ou o sacerdote, non só era unha figura importante, senón que era parte da continuidade da tradición.

Arquitectura Occidental, do Clasicismo ao Eclecticismo[editar | editar a fonte]

Arquitectura Clásica[editar | editar a fonte]

A arquitectura e o urbanismo dos Gregos e dos Romanos fixéronse moi distintas das exipcias e persas a medida que a vida cívica ía gañando importancia. Durante o período antigo, a relixión era a único que rexía a orde construtivo, mais no tempo dos Gregos, o misterio relixioso sobrepasara os límites das composicións templo-pazo e foi o suxeito das persoas e das polis..