Gran Premio de Francia de 1951
| Detalles da carreira | ||
|---|---|---|
| Carreira 4 de 8 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951. | ||
Trazado do circuíto de Reims-Gueux. |
||
| Data | 1 de xullo de 1951 | |
| Nome oficial | XXXVIII Grand Prix de l'ACF | |
| Localización | Reims-Gueux, Reims, Francia | |
| Percorrido | Circuíto de estrada pechada 7´816 km |
|
| Distancia | 77 voltas, 601´832 km | |
| Clima | Asollado, quente e seco | |
| Pole position | ||
| Piloto | SA Alfa Romeo | |
| Tempo | 2:25.7 | |
| Volta rápida | ||
| Piloto | SA Alfa Romeo | |
| Tempo | 2:27.8 na volta 32 | |
| Podio | ||
| Primeiro | Juan Manuel Fangio |
SA Alfa Romeo |
| Segundo | Alberto Ascari |
SA Alfa Romeo |
| Terceiro | Ferrari | |
O Gran Premio de Francia de 1951 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada en Reims-Gueux o 1 de xullo de 1951. Foi a cuarta carreira da tempada de Fórmula Un de 1950 e foi gañadoa por Juan Manuel Fangio e Luigi Fagioli pilotando un Alfa Romeo. Foi a primeira das tres ocasións nas que dous pilotos lograran unha vitoria de Gran Premio logo de compartir un coche. A carreira, que tamén levaba o título honorífico de Gran Premio de Europa, viu o debut no Campionato do Mundo de Aldo Gordini, André Simon e Onofre Marimón. Foi a primeira vitoria de Fagioli nunha carreira do Campionato do Mundo, e converteuno no piloto de maior idade en gañar un Gran Premio do Campionato Mundial, un record que aínda mantén.
Índice |
Informe [editar]
As 10 voltas de carreira, o motor do coche de Fangio comezou a fallar, polo que se detivo nos boxes para que cambiar a magneto, pero só completou unha volta máis antes de deterse outra vez. Cando Fagioli chegou ao seu tope de combustible, o equipo ordenou aos pilotos cambiar os coches. As paradas para repostar combustible e os problemas dos Ferrari permitiron a Fangio manter o liderado e gañar a carreira. Fagioli, no coche orixinal de Fangio, terminou 11º, 22 voltas por detrás.[1]
Clasificación [editar]
Cualificación [editar]
Carreira [editar]
Notas [editar]
- Unidades compartidas:
- Coche 8: Fagioli (primeiras 20 voltas) logo Fangio (57 voltas). Compartiron os puntos da vitoria (Fangio acadou un punto extra ao lograr a volta rápida).
- Coche 14: Gonzalez (primeiras 35 voltas) logo Ascari (42 voltas). Compartiron os puntos da 2ª posición.
- Coche 24: Fangio (primeiras 15 voltas) logo Fagioli (40 voltas). Cando Fagioli reincorporouse á carreira no coche de Fangio estaba 20 voltas por detras.
- Último Gran Premio para: Luigi Fagioli
- Con 601´832 km, a carreira ten a marca de ser a carreira máis longa do Campionato Mundial de Fórmula 1 de todos os tempos (excepto cando Indianapolis 500 formaba parte do campionato entre 1950 e 1960)[2].
Posicións logo da carreira [editar]
| Pos | Piloto | Puntos | |
|---|---|---|---|
| 1 | 15 | ||
| 2 | 14 | ||
| 3 | 9 | ||
| 4 | 9 | ||
| 5 | 8 |
- Nota: Só están incluidos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os catro mellores resultados contan para o campionato.
Notas [editar]
- ↑ Lang, Mike (1981). Grand Prix! Vol 1. Haynes Publishing Group. pp. p31. ISBN 0-85429-276-4.
- ↑ "What was the longest Grand Prix of them all?". Ask Steven – ESPNF1.com. http://en.espnf1.com/f1/motorsport/story/73021.html. Consultado o 23 June 2012.
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". http://www.formula1.com/results/season/1951/575/. Consultado o 2007-06-05.
Ligazóns externas [editar]
| Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1951 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1951 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1951 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1950 |
Gran Premio de Francia | Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1952 |
